luns

LECTURA PARA O 25 N

 O venres 24 reunímonos tod@s na biblioteca para unha lectura compartida do libro "Artur e Clementina", da Amelia Turín e Nella Bosnia da editorila Kalandraka,

Da sonada colección "A favor de las niñas", unha historia fabulada que reivindica o rol feminino na sociedade, combate os estereotipos sexistas e denuncia a discriminación. Porque aínda se necesitan obras sobre coeducación e igualdade.

Neste conto dáse unha das formas de violencia máis dañina entre as parellas…aquela que a través da descalificación e da falta de valoración do outro vai diminuíndo e  liquidando a autoestima. Aprender a detectala e saber evitala é fundamental para as nosas nenas e nenos.

Agardamos ter contribuído a que así sexa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario