Un ano máis participamos nas actividades que dende a Fanpa Ferrolterra (Federación de Anpas) propoñen aos centros educativos da zona.
Son as Vº Xornadas Escolares de Ferrolterra pola Eliminación da Violencia de Xénero. Nesta ocasión tratábase de dar a coñecer a todo o alumnado a mensaxe de "Sos silencioso" e ademais encher unha "mans" de cartolina coas nosas mensaxes co noso rexeitamento desta violencia sobre as mulleres que parece que nunca acaba.
As mans de cartolina serán recollidas para ser expostas nos comercios de Ferrol.
Aquí vos deixamos uns vídeos da Federación que explican a actividade e unhas fotos da nosa participación.
Así o celebramos nós.
E así luce a nosa entrada ao cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario