mércores

BENXAMÍN, O CACHALOTE QUE QUERÍA SER GOLFIÑO

 Na illa de Ons vive Benxamín, un pequeno cachalote que devece por saltar, cantar e recitar poesía. Benxamín quere ser coma os golfiños que son os únicos que o fan. Pero, por máis que Benxamín o intenta só a sua amiga, a tartaruga Minerva, que ainda que lle chaman boba é moi lista, o escoita e lle sorrí.

Un día, Benxamín enferma de tristura e todos os animais que viven nas Illas Ons, intentan argallar un plan para que volte a sorrir e non desapareza a sua espécie.

Diso vai o libro de contos preferido por Alejandro. 

Publicado por Trinqueta Verde Editora, escrito por Paula Carballeira (actriz e escritora de Fene, veciña nosa!) e ilustrado por Blanca Millán (ilustradora tamén galega). A historia transcurre na Illa de Ons, na provincia de Pontevedra, así que podemos dicir que é un libro galego por excelencia.




Ningún comentario:

Publicar un comentario