Colocamos os carteis enviados pola Consellería
nos corredores do Centro, e visitámolos por curso. A actividade consistiu na lectura dos carteis e charla coloquio sobre o tema durante a visita a cargo das titorías.
Tamén e a proposta do EDL e repartindo o traballo entre
os “antiguos Ciclos”, seguimos a completar o Libro de Biografías de Homenaxead@s
polas Letras, así como unha manifestación plástica de
cada un dos escollidos. Este ano, ademáis de Mª Victoria Moreno, homenaxeada no
2018, os autores cos que traballamos foron Xosé Mª Álvarez Blázquez e Eduardo
Pondal.
LETRAS GALEGAS 2018 by Slidely Slideshow
Ademais proxectamos na "Hora do conto" o vídeo que fixeron os nenos e nenas de 2º de E. Primaria sobre o conto "As ás de Xenoveva", lectura que realizaran na clase durante este trimestre.
Eles mesmos fixeron os decorados, os personaxes aos que lles deron vida cos seus movementos e a súa voz.
FENOMENAL TRABALLO, CHIC@S!!!!!!
Aquí tedes unha foto do momento da presentación do seu traballo:
Ademais, en 3º, están preparando un vídeo sobre "A festa no faiado", conto escrito por Mª Victoria Moreno. Para iso traballaron co material ofrecido polo Seminario Galén, que tiñan pasado a teatro este conto tan doce de Mª Victoria.
Está a piques de rematar. Tan pronto saia do forno volo poñeremos no blog.
Ningún comentario:
Publicar un comentario