venres

PROXECTO PILOTO E-LBE.2


Este curso o noso Centro foi  seleccionado como  participante deste Proxecto Piloto que tenta  fomentar a lectura dixital na comunidade educativa. A Consellería de Educación, Cultura e Formación Universitaria seleccionou un total de 50 Centros de toda Galicia, aos que dotou cunha partida económica para a adquisición de dispositivos de lectura dixital para a Biblioteca Escolar.
Esta iniciativa está enmarcada no Plan LIA 2016/2020, a folla de ruta que se marcou a Consellería para continuar co seu traballo a prol das Bibliotecas escolares e o fomento da lectura nese 4 anos.
O Proxecto E-LBE.2 pon a nosa disposición un novo recurso que amplía os fondos da biblioteca cunha selección de recursos en formato dixital a través dunha plataforma de empréstito gratuíto de fondos dixitais (ODILO) para @s participantes no Proxecto.




Podes acceder a esta plataforma clicando na imaxe que colocamos na marxe dereita do blog e podes consultar os fondos dos que dispoñemos.


Se eres usuario da plataforma (alumnado, profesorado e familiares que así o solicitaron) poderás descargar en ordenadores, tablets, móbiles e e-readers ("libros electrónicos") o empréstito seleccionado e disfrutar da súa lectura (ou audición, xa que tamén conta con audiolibros).
Atoparás fondos en Galego, castelán e inglés.

Para facilitar aos usuarios unha correcta descarga e un uso axeitado da plataforma editamos un folleto explicativo que tamén podedes ver na columna da dereita do blog.

No Centro, coa achega económica recibida mercamos 8 tablets cunhas fundas personalizadas cun logo deseñado para a ocasión. Optamos pola compra destes dispositivos porque ademais da lectura destes fondos dixitais, nos permitirán utilizar outros recursos na nosa tarefa educativa (apps educativas, educar nas Tics ao alumnado...). 





A que é chulo?
Xa vos iremos contando como marcha este proxecto e que facemos coas tablets.

Ningún comentario:

Publicar un comentario