venres
OBRADOIRO DE MÚSICA NA BIBLIOTECA
Quixemos que a biblioteca se convertise nun espazo que acollese tamén un obradoiro de música.
En lugar de contratar a alguén alleo ao centro foi a profe de música quen deseñou e impartiu o obradoiro para todo o alumnado de primaria.
Traballouse con diferentes xogos musicais facendo fincapé no ritmo, na percusión e no movemento,
As actividades que se recollen foron realizadas por todo o alumnado de primaria.
Para o seu desenvolvemento utilizamos os recursos da biblioteca (non só o espazo) como pantalla, ordenador e reproductor de son.
Tamén aprendimos, da man de Florinda, que a canción Waka-Waka é orixinaria de Camerún e que Shakira a tomou prestada para a súa versión.
No noso xogo utilizamos, por suposto, a versión camerunesa.
Foi todo unha novidade para o alumnado o a valoración da actividade resultou moi positiva.
martes
EN PÉ DE GUERRA CONTRA O ACOSO ESCOLAR
CONFERENCIA "Historia de vida. Historia de superación"
Iñaki Zubizarreta, deportista profesional (ex-jugador de la ACB) y campeón de la Copa del Rey 1998 con el Pamesa Valencia, nos narrará lo que ha tenido que luchar dentro pero, sobre todo, fuera de la cancha. Y de cómo para llegar hasta ahí, en su adolescencia, debió encarar al monstruo del Bullying que a punto estuvo de arrebatarle la ilusión, la esperanza y la vida...
Esta es la Historia de su vida, esta es una Historia de superación porque, pase lo que pase, siempre hay una salida. SIEMPRE.
(Texto extraído da páxina de A Fundación onde se anuncia a actividade)
O pasado 11 de marzo as nenas e nenos de 5º e 6º asistiron a una charla on-line na que este exbaloncestista contou a ´sua experiencia como víctima de acoso escolar que serviu para realizar unha reflexión profunda sobre o problema. A historia que contou nos impresionou a todos, sobre todo contada por un home tan grande (en todos os aspectos) e de éxito. Pero ese mensaxe tamén é esperanzador. Sempre hai unha saída.
Unha semana maís tarde manterían un encontro virtual onde Zubizarreta contestaría ás preguntas seleccionadas dunha lista creada por todas as enviadas dende os centros educativos.
O texto que o noso alumnado enviou foi o seguinte:
"Iñaqui, queremos darte las gracias por compartir tu historia con nosatros/as. La charla ha sido muy interesante. Creemos que es importante hablar del acoso escolar a nuestra edad.
¿En algún momento de tu vida mostraste esa "rabia mala" en la cancha?"
venres
ELAS SON ESPECIAIS
Non queriamos deixar pasar est data sen facer mención especial ás mulleres que para cada unha/un de nós son especiais nas nosas vidas.
Así que preparamos unhas plantillas diferenciadas por cursos e niveis onde o alumnado deixase testemuña desa muller especial da súa vida.
Con todas elas editaremos un libro que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.
De momento témolas expostas nos taboleiros do centro.
Tan pronto teñamos o libro rematado volo ensinaremos!
Spor Todas.
A ASCM e o Concello de Mugardos coa colaboración de AMMI (Asociación de Amigas/os das minusválidas/os de Mugardos) puxeron en marcha, con motivo do Día da Muller o proxecto "Spor Todas".
(Se clicades na imaxe teredes máis información)
Aínda que a idea inicial do proxecto tratábase dunha andaina tinguida de malva por medio de pós holi (ecolóxicos, biodegradables e inocuos para o pelo e a pel entre outras características que resaltan na súa web) no cole, por mor da pandemia, decidimos adaptar a iniciativa á nosa maneira.
Foi así que tinguimos de morado a nosa pista, pero, como veredes dun xeito moi artístico.
Separados no espazo en grupos burbulla cada aula debuxou e encheu de cor un "logo" escollido anteriormente. Cando estiveron todos rematados fixemos fotografías que compartimos con vós aquí e que compartimos cos organizadores xa que habería premio ás mellores fotos.
Para esta actividade recibimos todo o material necesario, así como guías didácticas, folletos , pequenas bolsas de pós holi e mochilas para o alumnado.
Clica na imaxe para ver a noticia na Voz de Galicia
Así foi na escola:
mércores
PIONEIRAS
En 5º , ademais das actividades xa indicadas traballaron específicamente coa información destes libros da biblioteca escolar. (se clicades nas imaxes accederedes á ficha doe cda libro na editorial Xerais)
Froito deste traballo é este vídeo que recolle imaxes e os audios da exposición do alumnaod sobre as mulleres por el@s escollidas.
luns
MULLER GALEGA TIÑA QUE SER
domingo
EXPOSICIÓN DE FONDOS DA BIBLIOTECA POLO 8 DE MARZO
Nesta data todos estes fondos merecían un posto especial e ben a vista para poder ser utilizados nas aulas ou consultados por quen quxese.
mércores
CONTACONTOS POLO 8 DE MARZO
Como non nos podemos xuntar na biblio para escoitar un conto, o conto viaxou ás aulas.
Esta vez escollimos un conto que xa coñecíamos tod@s pero que nunca nolo contaran así. Ademais sempre nos gusta moito escoitalo.
Trátase de "Rosa Caramelo", de Nelia Bosnia e Adela Turín, pero que Carmen Domech, de Títeres Cachirulo inclúe nos seus "Contacontos Novos Clásicos", unha marabillosa serie de vídeos nos que utiliza diferentes técnicas para contar maxistralmente contos imprescindibles.
Aquí vos deixo o vídeo co que disfrutamos nas nosas aulas.
PROGRAMANDO O UNIVERSO E A ARTE DAS EMOCIÓNS
Por fin disfrutamos do segundo obradoiro da Aula itinerante STEAM de A Fundación (Abanca).
Nesta ocasión aprendimos sobre o Universo, iniciámonos na programación con Scratch, coñecimos e programamos o "Microbit" e traballamos circuitos con plastilina condutora.
E tamén, en 5º e 6º aprenderon sobre a arte e as emocións.
Simplemente xenial!!
xoves
ROSALIANDO
Ademais das actividades anteriores tamén traballamos nas aulas a figura de Rosalía.
Entre outras cousas utilizamos o kamishibai que elaboramos hai uns anos a partir dun libriño que temos na biblioteca no que se ralaciona a biografía da escritora cos seus poemas, acompañados dunhas marabillosas ilustracións.
Tal que así foi (só temos fotos dalgúns cursos):
Kamishibai en 3º
martes
ESTA CLASE É UN GALIÑEIRO
A AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega), como cada ano, fixo unha proposta de actividades para os centros de ensino coas que celebrar o Día de Rosalía de Castro 2021.
Nós sumámonos gustosamente á actividade proposta para E. Infantil e Primaria e a verdade é que foi todo un éxito entre o alumnado.
Convertimos as aulas en marabillosos galiñeiros disfrutando moitísimo do baile, da canción e do poema que deu orixe a toda esta creatividade.
venres
DÍA DE ROSALÍA. VÍDEOS PROPOSTOS POLA AELG
mércores
A BIBLIOTECA EDITA XOGOS MATEMÁTICOS
Buceando pola rede atopamos xogos matemáticos que son de interese para os diferentes cursos de Primaria.
A biblioteca seleccionou aqueles que resultaron máis interesante, os imprimiu, plastificou e organizou nunha carpeta. Ademais preparou unha caixa que contén os materiais necesarios para os xogos e os puxo ao servizo da comunidade educativa.
LIORTAS NO TABOLEIRO DA ENTRADA
Os diferentes traballos que se fixeron sobre a resolución de conflictos "Resolvendo Li-ortas na Horta" foron impresos en papel e expostos no taboleiro da entrada, xunto a Balbina e Mafaldiña para que calquera os poida disfrutar.




























