venres

Spor Todas.

 A ASCM  e o Concello de Mugardos coa colaboración de AMMI (Asociación de Amigas/os das minusválidas/os de Mugardos) puxeron en marcha, con motivo do Día da Muller o proxecto "Spor Todas".

(Se clicades na imaxe teredes máis información)

Aínda que a idea inicial do proxecto tratábase dunha andaina tinguida de malva por medio de pós holi (ecolóxicos, biodegradables e inocuos para o pelo e a pel entre outras características que resaltan na súa web) no cole, por mor da pandemia, decidimos adaptar a iniciativa á nosa maneira.

Foi así que tinguimos de morado a nosa pista, pero, como veredes dun xeito moi artístico.

Separados no espazo en grupos burbulla cada aula debuxou e encheu de cor un "logo" escollido anteriormente. Cando estiveron todos rematados fixemos fotografías que compartimos con vós aquí e que compartimos cos organizadores xa que habería premio ás mellores fotos.

Para esta actividade recibimos todo o material necesario, así como guías didácticas, folletos , pequenas bolsas de pós holi e mochilas para o alumnado.


Clica na imaxe para ver a noticia na Voz de Galicia

Así foi na escola:


Ademáis aparecimos en medios de comunicación e en redes sociais:


Se clicades na foto accederedes á noticia en "Ferrol 360"


Esta é unha captura de pantalla 

Por certo!! Dúas das nosas fotos resultaron gañadoras .



Chulas, non?
As placas que nos deron por premio están nas aulas correspondentes.




Ningún comentario:

Publicar un comentario