luns

MULLER GALEGA TIÑA QUE SER

Con motivo do Día Internacional da Muller no cole traballamos sobre mulleres galegas salientables.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou unha exposición nas escaleiras e no corredor do primeiro piso e actividades diferntes para levar a cabo co alumnado dos diferentes grupos.
Así que a primeira tarefa foi identificar a cada muller coa súa "lenda" (descrición breve dos motivos polos que se considera salientable) pescudando na rede.
Os cursos máis baixos visitaron a exposicion e seleccionaban as que máis curiosidade espertaba nel@s para despois na aula buscar máis información sobre ela.
Decidimos que esta exposición debería quedar gardada e "archivada" na biblioteca do Centro pero dun xeito organizado. Así que decidimos "clasificalas" por "saberes" numerados.
O seguinte traballo foi o de etiquetar a cada muller da exposición no "saber" ou nos "saberes" nos que destacaron.
"SABERES QUE FAN HISTORIA" foi unha actividade interesante e divertida na que descubrimos a moitas mulleres que permaneceron "ocultas" durante moitos anos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario