xoves

ROSALIANDO

 Ademais das actividades anteriores tamén traballamos nas aulas a figura de Rosalía.

Entre outras cousas utilizamos o kamishibai que elaboramos hai uns anos a partir dun libriño que temos na biblioteca no que se ralaciona a biografía da escritora cos seus poemas, acompañados dunhas marabillosas ilustracións.


 Ilustración de Ánxeles Ferrer para o libro "Rosalía" de Helena Villar Janeiro

Tal que así foi (só temos fotos dalgúns cursos):

Kamishibai en 3º





Kamishibai en 4º



 Kamishibai en 1º e 2º

Tamén pasamos vídeos de cursos anteriores onde recitamos poesías en O Seixo nos lugares onde Rosalía estivo e cantamos cancións cos seus poemas no escenario do Casino de O Seixo.
Foi moi emocionante revivir eses momentos, recordar os poemas e as cancións que tanto traballamos, recoñecerse nos vídeos e ver cómo medramos tod@s.

E por suposto, non podía faltar cantar "Rosalía pequeniña"  de Uxía Senlle co seu vídeo con ilustracións de Marina Seoane..



ROSALÍA DE CASTRO NUNCA NOS PODE FALTAR!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario