venres

DÍA DE ROSALÍA. VÍDEOS PROPOSTOS POLA AELG


A AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) vén de presentar unhas propostas para traballar coa figura de Rosalía de Castro nos centros de ensino Galegos.


A proposta realízase en base a un escenario de actuación cos centros de ensino bastante pouco habitual debido á problemática da COVID-19.

A proposta trata de unir a idea da música na literatura, a música en Rosalía e a reinvención da nosa tradición lírica-poética-musical en torno á figura senlleira da poeta. A música serve para curar, salva distancias, comunica, únenos e hai poucas cousas que sexan tan universais como a necesidade de cantar, para expresar dor ou ledicia. Tamén en Rosalía. Neste ano no que as visitas aos coles están medidas, no que precisamos unha nova canción para anovar o mundo, como as baleas cando nacen, sementemos música e retrousos que nos fagan confraternizar e recoñecernos malia levar a cara tapada.

 

Na escola xa tedes vistos, oídos e bailados estes vídeos e volos deixamos por aquí para que poidades practicar na casa e mandarnos as vosas coreografías se queredes.
Animádevos!!



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario