Quixemos que a biblioteca se convertise nun espazo que acollese tamén un obradoiro de música.
En lugar de contratar a alguén alleo ao centro foi a profe de música quen deseñou e impartiu o obradoiro para todo o alumnado de primaria.
Traballouse con diferentes xogos musicais facendo fincapé no ritmo, na percusión e no movemento,
As actividades que se recollen foron realizadas por todo o alumnado de primaria.
Para o seu desenvolvemento utilizamos os recursos da biblioteca (non só o espazo) como pantalla, ordenador e reproductor de son.
Tamén aprendimos, da man de Florinda, que a canción Waka-Waka é orixinaria de Camerún e que Shakira a tomou prestada para a súa versión.
No noso xogo utilizamos, por suposto, a versión camerunesa.
Foi todo unha novidade para o alumnado o a valoración da actividade resultou moi positiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario