O 16 de marzo recibimos aos GES de Mugardos que viñeron a dar unha charla sobre as Vespas Velutinas e un obradoiro de construcción de trampas.
Así o recollen eles mesmos no seu Faceboock:
E así o recollemos nós:
sábado
xoves
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Polo Día da
muller traballadora o alumnado de 5º e 6º, traballando en grupos mixtos
recabaron información sobre 8 mulleres salientables da cultura. As mulleres
escollidas foron: Rosalía de Castro, Mª Victoria Moreno, Frida Kahlo, Helen
Keller, Coco Chanel, Marie Curie, Malala e Ana Frank.
Coa
información recolleitada e debidamente tratada,
fixeron uns vídeos nos que presentaron a información de maneira ben
inxeniosa. Ademais elaboraron uns carteis coa foto de cada muller, o seu nome e
un código QR que ao escanealo dirixe directamente ao vídeo correspondente.
Foi un amplo
traballo no que mixturaron a búsqueda e tratamento da información coa
utilización
das TICs,
cun resultado verdadeiramente maravilloso.
Aquí vos deixamos os códigos QR de cada unha das mulleres. A que esperades para velos?
Frida Kahlo
Anna Frank
Helen Keller
Malala
Mª Victoria Moreno
Marie Curie
Rosalía de Castro
Coco Chanel
Vale!!! Se non tes lector de QR deixo aquí os vídeos!!
E así foi como traballaron para conseguir facer este traballo tan, tan chulo!!
TRABALLANDO SOBRE A MULLER TRABALLADORA by Slidely Slideshow
domingo
CONSTRUÍNDO OS NOSOS PROPIOS PANEIS PARA OS ESCORNABOTS
Como actividade polo Día da Muller Traballadora en 5º emprenderon o desafío de elaborar un panel para os escornabots con esta temática.
Escolleron tres escritoras galegas que foron homenaxeadas polo Día das Letras Galegas, títulos das súas obras e ano no que foron homenaxeadas e construíron este panel que logo propuxeron a outros alumnos e alumnas.
Tanto o alumnado que elaborou o panel como o que o resolveu tivo que buscar a información precisa para ser quen de realizar axeitadamente a súa tarefa.
Foi unha actividade divertida e moi motivadora.

mércores
ROBÓTICA NO COLE. ESCORNABOTS.
Todo o profesorado do Centro participan este curso nun PFPP (Plan formativo proposto polo propio centro). Aprendemos a traballar co método ABN (metodoloxía destinada ao cálculo Aberto Basado en Números que é unha alternativa ao ensino tradicional das matemáticas) e iniciámosos tamén coa robótica.
Mercáronse 6 escornabots, 2 dos cales pasarán a formar parte do recanto de trebellos da biblioteca escolar (os outros 4 gardaranse aparte para garantir que sempre temos algún operativo).
Escornabot é proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas.
O Escornabot básico pode programarse cos botóns para executar secuencias de movementos. A partir de aquí, a imaxinación é o único límite nas posibilidades que nos pode ofertar.
Unha vez que aprendimos os profes, mostrámosllos aos nenos e neas que disfrutaron moito da novidade!!!
Cando o alumnado xa aprendeu a “xogar” cos escornabots plantexáronselles paneis que para a súa resolución tiñan que realizar unha búsqueda de información. E outra actividade na que eles mesmos elaboraron paneis.
Porque a robótica ten un lugar especial na biblioteca escolar. E o curso que vén contará cun espazo nun recanto especial de trebellos varios. Seguro que haberá cola para usalo.
Mercáronse 6 escornabots, 2 dos cales pasarán a formar parte do recanto de trebellos da biblioteca escolar (os outros 4 gardaranse aparte para garantir que sempre temos algún operativo).
Escornabot é proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo acercar a robótica e a programación aos nenos e nenas.
O Escornabot básico pode programarse cos botóns para executar secuencias de movementos. A partir de aquí, a imaxinación é o único límite nas posibilidades que nos pode ofertar.
Unha vez que aprendimos os profes, mostrámosllos aos nenos e neas que disfrutaron moito da novidade!!!
Porque a robótica ten un lugar especial na biblioteca escolar. E o curso que vén contará cun espazo nun recanto especial de trebellos varios. Seguro que haberá cola para usalo.
martes
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2018
Este ano para conmemorar esta data tan importante para nós aceptamos a proposta da Asociación Cultural Apelón, asociación do noso Concello que está a realizar unha grande labor promovendo a nosa lingua, cultura e patrimonio.
A proposta consistiu en traballar nos diferentes cursos unha unidade didáctica sobre Rosalía na que traballaba o léxico referido a lugares e edificios típicos da nosa terra e presentes en calquera ladea de Galicia.
Invitaba tamén á realización dun roteiro visitando eses lugares que aparecían na unidade didáctica (fonte, igrexa, lavadoiro....) e recitando os da unidade didáctica nos que aparecen eses mesmos lugares na poesía de Rosalía.
A idea pareceunos marabillosa e puxémonos mans á obra.
Ata buscamos información en internet para atopar a localización exacta deses lugares e dibuxar axeitadamente o reoteiro que fariamos despois.
aquí tedes as fotos de como o fixemos acompañadas da canción "Adiós ríos, adiós fontes" interpretada polo alumnado do Centro hai xa 5 anos.
Día de Rosalía de Castro by Slidely Slideshow

luns
PORTAS NOVAS!
Estamos moi, pero que moi contentas. E Pulpi tamén. Porque grazas a un Obradoiro de Carpinteiría do Concello a nosa bilioteca ten unha falmantes portas novas de corredeira.
Quedaron presiosas, tanto que agora xa non poñemos as cortiñas que "tapaban" as portas vellas. Esas de atrás que daban ao antiguo laboratorio.
Mirade, mirade que chulas!!

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL DE FERROL E ÁS MENINAS DE CANIDO
1º, 2º e 3º
de E. Primaria o 21 de febreiro e 4º,5º e 6º o 22, visitaron o Museo de Historia Natural de Ferrol. A exposición, que conta con seccións únicas,
como a de mamíferos mariños e a de pezas de restos óseos, é unha das coleccións
máis importantes da Península Ibérica. A Sociedade Galega de Historia Natural
(SGHN) mantén unhas normas éticas que non permiten que forme parte da mostra nada
procedente de animais capturados ilegalmente, feridos ou sacrificados. A súa
colección de cetáceos fósiles do Atlántico norte é a máis completa de Europa y
unha das máis importantes do mundo.
Aproveitaron
a saída a Ferrol, e ao barrio para visitar "As Meninas de Canido". Unha
mostra de como a arte pode cambiar a morfoloxía dunha área urbán esquecida. Con
esta intervención á que acuden pintores de moitos rincóns do mundo e na que se
implican vecinos e outros artistas de diversas disciplinas artísticas, o barrio
convertiuse nun referente internacional do arte urbán
Dende o comenzo
da acción de As Meninas de Canido no ano 2008, uns mil douscentos artistas pasaron
por el barrio para deixar o seu legado. @s pintores encheron de cor aqueles
muros abandoados e grises. E teñen un espazo reservado para Bansky.
MUSEO DE HISTORIA NATURAL FERROL by Slidely Slideshow
VISITA ÁS MENINAS DE CANIDO by Slidely Slideshow
xoves
DISFRACES ENTROIDO
Este ano o tema escollido para os disfraces de Entroido foi o do fútbol, para pracer de moitos dos nosos alumnos que disfrutan deste deporte.
Cada clase escolleu un país diferente e disfrazáronse dos colores da súa selección.
Así de guap@s luciron.

RECEITAS E POSTRES DE ENTROIDO 2018
Un ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega puxo en marcha esta actividade que xa ten uns anos de "solera" no noso Centro.
Aqueles que queiran participar na actividade levan para casa unhas planillas onde poder redactar (en galego por suposto) unha receita dun postre que ademáis comprométense a traer elaborado nas datas do Entroido.
A tod@s @s participantes entrégaselles un agasallo serigrafiado con un Pulpi cociñeiro deseñado para a ocasión co lema "Hoxe cociño eu".
As receitas pasan a formar parte dun libro que incrementa os fondos da Biblioteca escolar.

Aquí tedes o resultado:
POSTRES E RECEITAS DE ENTROIDO by Slidely Slideshow
sábado
OS PELIQUEIROS DE LAZA
A estes personaxes do Entroido Galego adicamos este ano os traballos de investigación por aulas, repartindo os diferentes aspectos do Entroido desta localidade, e xuntando os diferentes traballos nun único mural colectivo.
Esta é unha actividade proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega na que a biblioteca colabora aportando os fondos precisos e facilitando a búsqueda de información.
Este foi o resultado!!!

OS PELIQUEIROS DE LAZA by Slidely Slideshow
martes
CARREIRA SOLIDARIA. DÍA DA PAZ
Esta ano tampouco podiamos faltar á cita de Save The Children e organizamos de novo a Carreira Solidaria.
Cada nena e cada neno participante ten unha tarxeta de patrocinadores que se comprometen a "pagar á corredora ou corredor"" a cantidade que queira por cada Kilómetro que @ participante percorra. No noso cole os kilómetros son reemplazados por voltas enteiras á pista do cole.
A ONG manda os materiais de necesarios para o desenvolvemento da actividade, incluíndo unha unidade didáctica para traballar nas aulas e coñecer máis sobre a desnutrición infantil debida á pobreza.
O día da carreira vaise facendo por cursos e o profesorado vai anotando as voltas de cada corredor/a.
Apúntanselle na tarxeta e aportan os cartos recadados ao cole. Todo o recadado ingrésase na conta desta ONG.
Esta é o vídeo promocional da actividade:
E as nosas corredoras e corredores de 5º e 6º antes e durante a carreira:

Se clicas na imaxe saberás máis da actividade.
Esta é o vídeo promocional da actividade:
E as nosas corredoras e corredores de 5º e 6º antes e durante a carreira:
MENSAXES DE PAZ
Dende o Equipo de Normalización Lingüística e coa colaboración da Biblioteca cada neno e nena preparou a súa mensaxe de Paz nunha planilla proporcionada de antemán co obxecto de formar un mural colectivo.
Tamén se decoraron portas das aulas con mensaxes diversos.
Mirade que bonito quedou todo e que mensaxes enviaron as nenas e nenos do cole.
MENSAXES DE PAZ by Slidely Slideshow

POEMA PARA A PAZ
E antes da lectura de "Yo soy Adila" puidemos disfrutar deste poema que prepararon os nenos e nenas de 1º e 2º coas súas profes.
Moitas grazas a tod@s!!!
Moitas grazas a tod@s!!!
YO SOY ADILA. LECTURA POLO DÍA DA PAZ 2018
"Yo soy Adila" é a historia ilustrada da Premio Nobel da Paz 2014, Malala Yousafzai.
Fulvia Degl’Innocenti, escritora italiana e Anna Forlati, marabillosa ilustradora, elaboraron un conto ilustrado baseado na vida de Malala Yousafzai, activista pakistaní quen no ano 2014 recibiu o Premio Nobel da Paz pola súa defensa da educación infantil, os dereitos das mulleres e a dignidade das persoas.

Clica na foto para saber máis deste libro e porqué hai que lelo.
A profe Iria preparou unha presentación do libro en Power Point para que tod@s puidesen disfrutar das ilustracións e o alumnado de 4º fixo a lectura do conto.
Por cada exemplar vendido deste título Amnistía Internacional recibe 50 céntimos para seguir a traballar pola Paz.
Clica no texto para acceder a máis información sobre este libro.
E aquí tedes un anaquiño do momento da lectura:
Etiquetas:
Contos,
Democracia,
Dereitos dos nenos e das nenas,
Dereitos Humanos,
Día da Paz,
Hora do conto,
Igualdade,
Ilustradores,
Literatura Infantil e Xuvenil,
Muller,
Vídeos,
Xustiza social
venres
PROGRAMA AFECTIVO-SEXUAL EN 6º DE PRIMARIA
A proposta do Concello o alumnado de 6º participou neste obradoiro impartido por Atalaia social.
Os grupos estiveron guiados por unha profesional da Intervención Social, con coñecementos de educación para a saúde e xénero e experiencia en programas de educación afectivo-sexual, así como na dinamización de grupos adolescentes.
Os talleres leváronse a cabo en tres sesións de 2 horas cada unha de duración, dentro do horario lectivo os días 15, 22 e 29 de xaneiro.
Ao longo dos obradoiros reflexionouse cos nenos e nenas sobre as súas actitudes e coñecementos acerca da sexualidade e tamén traballouse a través de diferentes dinámicas e actividades a parte máis emocional e afectiva, tendo en conta tamén os coñecementos teóricos e prácticos que xa posuían.
Centrámonos nos aspectos afectivos e de relación dende unha perspectiva de xénero e tamén repasamos os fisiolóxicos, aclarando as dúbidas e curiosidades que mostraron durante as sesións.
Tódolos contidos foron tratados dende unha perspectiva de xénero e tendo en conta a diversidade persoal, familiar e sexual.
A metodoloxía utilizada nas sesións foi participativa e activa, baseándose na “aprendizaxe significativa”, é dicir, partindo dos seus coñecementos previos, favorecendo a súa reflexión e posibilitando a transformación dos mesmos.
(Texto extraído da memoria presentada pola propia asociación)

GRAZAS AO CONCELLO E A ATALAIASOCIAL POR ESTA FORMACIÓN TAN NECESARIA PARA AS NOSAS NENAS E OS NOSOS NENOS!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)