Un ano máis animámonos a participar no "Certame de Poesía e Imaxe" organizado polo Concello de Ferrol en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrol.
Como cada ano propoñen unha seleción de poemas que servirán como inspiración para creacións plásticas.
As bases do concurso podedes velas clicando na imaxe:
Por causa da pandemia o Certame quedou suspendido, xa que implica unha exposición pública dos traballos presentados e un acto de entrega de premios.
Agardabamos estes acontecementos para escribir esta entrada, pero decidimos que como non hai data aínda pois que podiamos ir disfrutando da arte destas nenas e nenos.
Estes son algúns exemplos das diferentes creacións plásticas do noso alumnado de 6º.
Documento que recolle as difierentes actividades e xogos coa lingua que se propuxeron dende os diferentes cursos.
Actividade divertida, colectiva, que tende pontes e derruba muros.
ESCOLA
Poñédeo en tamaño grande!!!
Marcos Escudero Escultorsorpréndenos neste #DíadasLetrasGalegas contándonos cos seus espectaculares
debuxos de area 'As pitas baixo a chuvia', un conto de Ricardo Carvalho Calero.
Unha historia narrada de xeito máxico e enfeitizante!
Clicade na imaxe para escoitar o conto e ver como Marcos Escudero vai debuxándoo con area na mesa de luz.
Simplemente maxistral!!
Practicade vós con area en papeis que no cole temos unha mesa de luz. Para o curso que vén a ver se hai algún/algunha artista!
Este é Marcos Escudero. No enlace de arriba accededes ao seu Faceboock e clicando na súa imaxe accederedes ao seu blog e podedes contemplar moitas das súas marabillosas obras.
Aquí tedes uns xogos moi divertidos que fixo Alba Carril do CPI de Vedra.
Seguro que agora que xa escoitaches a biografía de Carvalho Calero saberás xogar con éxito.
Necesitas un lápiz e un papel para ir anotando a clave que permitirá rematar o xogo.
Tipo de xogo: Escapa do cuarto (en inglés Scape room)
Hai dúas categorías.
Aquí deixamos a máis sinxela (E. Infantil, 1º e 2º):
Esta xa é nivel experto:
Agradecer o traballo a Alba Carril e a súa xenerosidade en compartir.
Pasádeo ben.
Este ano, como sabedes, adícanse as Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero. Noutras entradas do blog vos contamos cousas sobre él.
Pero hoxe queremos deixarvos a narración do seu conto"As pitas baixo a choiva". Quen o le é a profe Carmen, que cun pequeno "truco" ten voz de home.
Esta historia conta unha anécdota vivida polo propio Carvalho Calero cando era pequeno, así que podedes imaxinar que vola está contando él mesmo.
Tedes este libro de Edicións Embora na nosa biblioteca.
O Seminario Galán sempre edita moi bos materiais con motivo das Letras Galegas e moitas veces aproveitamos a súa presentación para lela en kamishibai na biblio.
Este ano, como así non pode ser, e para facilitar que a información que ofrecen chegue a tod@s vós, fixemos este vídeo coas imaxes e o texto da exposición.
Agardamos que vos guste e aprendades moito sobre Carvalho Calero, escritor da nosa zona.
Pensade que dende a Cabana e San Antón (onde ía no verán) e dende o porto de Ferrol (onde naceu) víase Mugardos.
Hoxe en día en Ferrol a súa casa natal está en ruínas, e lévase anos que se pide a súa restauración.
E na cidade hai un instituto que leva o seu nome, situado en Caranza, e un Centro Cultural na Praza do Inferniño. Este centro parece ser que vai ser modernizado.
Aquí vos deixo fotos .
Este ano ocurriúsenos facer unha canción que recollese como é o noso cole.
Queriamos reflectir o esencial da nosa/vosa escola para mostrala ao mundo e abrir as portas a quen quixese vir aquí con nós.
Así que puxémonos mans a obra.
A primeira versión xa estaba rematada no mes de febreiro e xa a cantabamos xuntos antes de entrar na escola. Durante o entroido tamén a cantamos polas rúas da contorna.
E con isto chegou a pandemia e o aillamento.
As cancións que non se cantan corren o risco de morrer.
Sentiamos pena por non poder seguir a traballar na escola, en grupo, en familia. Traballar dende casa é lonxano e difícil para tod@s, alumn@s e profes.
Así que decidimos facer un vídeo con ela para agasallar á nosa comunidade educativa.
Decidimos variar un pouquiño a letra do retrouso e que cada profe enviase un vídeo cantándoo.
E despois de aprender a utilizar un pouquiño un novo programa de edición de vídeo (grazas a Manu Ramil) o resultado que conseguimos foi o que aquí deixo.
Estamos moi orgullosas(as profes) do resultado e emociónanos moito velo unha e outra vez.
Ao alumnado tamén lle gustou moito (iso dixeron).
Poñereino tamén no lateral do blog, para que non haxa que buscalo no medio das entradas.
Disfrutádeo!! E grazas a tod@s por facer desta escola un lugar tan especial!!
A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove este vídeoclip animado por Luz Beloso en que 8 voces femininas da música galega (as de Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrán, Carmen Rey, Mari Faltrí, Paula Romero e María Costa) e os músicos Cristian Leggiero, José Churruca e Hansel Luís se unen para interpretar unha nova peza composta por Magín Blanco co obxectivo de animar a xente miúda da casa nestes días de confinamento. Porque #aculturasegue e a lingua galega non para.
Atopámolo na páxina doe "O Portal da Lingua Galega", onde podes atopar moitos recursos interesabtes sobre a nosa lingua.
E como nos gustou moito, moito, queremos compartila con vós. Seguro que vos identificades coa protagonista da historia.
Con motivo deste Día do Libro, e en confinamento sin poder disfrutalo xunt@s na escola, pedimos ao alumnado que enviase unha foto co seu libro favorito.
Con todas as fotos recibidas creamos este vídeo que compartimos con ilusión pois é unha forma de vernos. Estades tod@s guapísim@s e moi grandes||
Grazas a tod@s!
Pablo Díaz, autor da canción "Un libro" do seu libro-disco Tic-Tac, que acompaña estas imaxes deu o seu permiso para utilizar a súa canción.
Agradecemos a súa xenerosidade.
Onte compartimos con vós un coronaconto en papiroflexia pero hoxe, despois de atopar esto nas redes, pensamos que é outra versión que merece estar neste blog e que a disfrutedes.
Non estaremos xunt@s na biblioteca, non faremos actividades colectivas no cole, pero, aínda que sexa a distancia, non queremos deixar de recordar e celebrar con vós este día tan especial na vida do noso colexio.
Para iso empezamos cun fermoso texto sobre a lectura escrito por Manuel Gago para a Asesoría de Biblitotecas Escolares
Clicando na primeira foto accederedes ao blog das Biblioteca Escolares de Galicia onde tedes o manifesto e podedes saber máis do paxaro da foto, incluso poderedes oílo cantar.
Tamén vos deixamos o cartel que o IBBY (International Board on Books for Young people) así como o seu manifesto deste ano, do Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebrou o 2 de abril.
Clicando na imaxe poderás acceder ao blog de Gálix de onde están extraídos o cartel e o texto.
Tamén á convocatoria dun concurso de recitado de poemas a través de arquivos sonoros.
FAME DE PALABRAS
A finais do mes de abril, ou a comezos de maio, no meu país
reverdecen os arbustos. Ao pouco tempo, as crisálidas das
bolboretas prenden neles. Locen coma boliñas de algodón, mais as
eirugas devoran folla tras folla ata que os arbustos perden o seu
verde por completo. Cando as bolboretas saen das súas crisálidas
botan a voar; pero malia todo, os arbustos non quedan arruinados:
dentro dun ano volverán agromar, e así unha e outra vez.
Esta é a imaxe dunha escritora, a imaxe dun poeta: os contos e
os poemas aliméntanse deles, ríllanos, esgótanos... E cando xa
están escritos, saen voando para acabaren nos libros, para
aterraren nos oídos daqueles que os escoitan. E isto non deixa de
repetirse nunca...
E que ocorre cos poemas e cos contos?
Coñezo un rapaz ao que operaron dos ollos. Logo da
intervención tivo que estar dúas semanas deitado sobre o seu
costado dereito; e despois, durante un mes máis, non puido ler.
Non puido ler nada. Cando, tras un mes e medio de repouso,
volveu coller un libro, tivo a sensación de estar arramplando coas
palabras a eito dunha tarteira. Como se as comese, como se as
comese de verdade.
E coñezo unha rapaza que agora é mestra, e que dixo: “Pobres
daqueles nenos aos que os seus pais non lles lían libros!”
As palabras, nos poemas e nos contos, son alimento. Non son
alimento para o corpo, porque ninguén podería encher o estómago
con elas. Son alimento para o espírito e para a alma.
Cando alguén ten fame e sede, o seu estómago encóllese e
sécaselle a boca. Busca encontrar cando menos un codeliño de
pan, unha cunca de arroz, un peixe ou unha froita. Canta máis
fame, tanto máis se lle estreita a mirada, ata que xa non ve máis
ca un bocado ou un grolo que o deixarían farto.
Pero a fame de palabras non se presenta deste xeito, senón que
toma forma de abatemento, de apatía, de arrogancia. A xente
que sofre deste tipo de fame non é consciente de que na súa alma
reina o frío, non se decata de que está a pasar a carón de si
mesma e non se ve. Unha parte do mundo váiselle das mans sen
sequera notalo.
Esta fame unicamente poden saciala os poemas e os contos.
Se nunca o fixemos, existe a esperanza de que poidamos acalmar
este tipo de fame?
Si. Aquel mozo le, raro é o día en que non o fai. E a moza que é
mestra le contos para o seu alumnado. Cada venres. Cada semana.
E se algunha vez lle esquece, son as nenas e os nenos quen llo
lembran.
E a escritora? E o poeta? Ao ano seguinte, reverdecerán. E
volverán roelos os contos e os poemas que logo, transformados en
bolboretas, botarán a voar. Unha e outra vez.
Escrito por Peter Svetina
Ilustrado por Damijan Stepancic
Traducido por Héctor Cajaraville
E como non pode pasar este día sen contos propoñémosvos aquí DOUS!
Un vídeo do álbum ilustrado "Flotante" de David Wiesner, editado por Océano Travesía, que temos na biblio: unha historia dentro dunha historia, un mundo sorprendente dentro doutro mundo...
E un conto do máis actual narrado a través da papiroflexia. Extraído do canal de You Tube do salón do Libro de Pontevedra.
E AGORA VAI A NOSA PROPOSTA!!!
O MEU LIBRO FAVORITO
Propoñémosvos que busquedes o libro que máis vos guste dos que tedes na casa e vos saquedes unha foto con el para compartilo con tod@s nós.
Enviade a foto ao correo da biblioteca bibliofranza@gmail.com para facer unha montaxe con todas xuntas.
Todas as mañás, antes de entrar ao cole, escoitamos unha canción e o alumnado, e por turnos, le para o resto algunha lectura sobre un tema sinalado.
Este ano todo versou sobre as plants, a horta e os seu froitos.
Neste vídeo tedes algunha das fotos do curso.
A Asesoría de Bibliotecas Escolares quixo recoller unha selección de libros que tiveron unha grande presenza nas bibliotecas escolares dende hai 15 anos (os que o PLAMBE leva en marcha) e solicitou a colaboración dos centros para facer unha selección de 15 títulos.
Reducilo a 15 non lles foi doado e decidiron recoller a información dun xeito máis amplo.
Como resultado editaron:
Unha guía que poderás ler e/ou descargar premendo na imaxe
Un díptico formado por estas seccións:
E un mapa interactivo onde podedes ver todos os centros participantes así como as súas aportacións a esta recolleita de datos.
Clicade na imaxe para acceder ao mapa interactivo. Buscade o puntiño que corresponde ao noso cole. Se clicades sobre el saberedes que libros suxerimos dende a biblio como máis salientables na nosa biblio e na nosa práctica docente.
O curso pasado fomos seleccionados para participar no programa de innovación educativa “Introdución á robótica educativa en primaria” para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e este ano continuamos no mesmo.
Por outra banda, a biblioteca tamén foi seleccionada para formar parte do programa BIBLIOTECAS CREATIVAS, co que se pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos que matriculan alumnado de infantil e primaria e que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
En base a estas convocatorias e achegas económicas recibidas xa imos xuntando uns cantos robots diferentes para ir traballando con eles nas aulas e na biblioteca.
Para poder ensinar axeitadamente ao alumnado o profesorado do centro solicitou un PFPP (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado) no que entre outras cousas recibimos formación específica sobre este tema e ralacionados.
Queriamos acondicionar unha aula STEAM, para centralizar os recursos, sen perxuicio dos recursos propios da biblioteca escolar, e favorecer o intercambio e a utilización nesta ou noutras aulas.
A Consellería concedeunos unha dotación económica para sufragar o custo dun novo xchan e o concello facilitounos a man de obra.
Asimesmo co peche da EEI de O Seixo recibimos tamén novo mobiliario que axudou a configurar este novo espazo.
A profe Ana, responsable desta área no cole traballou moito para obter un resultado xenial.
Aquí tedes un vídeo con fotos dos diferentes pasos que fomos dando. (Non hai fotos de todo, sentímolo, pero vos podedes facer unha idea.