Este ano ocurriúsenos facer unha canción que recollese como é o noso cole.
Queriamos reflectir o esencial da nosa/vosa escola para mostrala ao mundo e abrir as portas a quen quixese vir aquí con nós.
Así que puxémonos mans a obra.
A primeira versión xa estaba rematada no mes de febreiro e xa a cantabamos xuntos antes de entrar na escola. Durante o entroido tamén a cantamos polas rúas da contorna.
E con isto chegou a pandemia e o aillamento.
As cancións que non se cantan corren o risco de morrer.
Sentiamos pena por non poder seguir a traballar na escola, en grupo, en familia. Traballar dende casa é lonxano e difícil para tod@s, alumn@s e profes.
Así que decidimos facer un vídeo con ela para agasallar á nosa comunidade educativa.
Decidimos variar un pouquiño a letra do retrouso e que cada profe enviase un vídeo cantándoo.
E despois de aprender a utilizar un pouquiño un novo programa de edición de vídeo (grazas a Manu Ramil) o resultado que conseguimos foi o que aquí deixo.
Estamos moi orgullosas(as profes) do resultado e emociónanos moito velo unha e outra vez.
Ao alumnado tamén lle gustou moito (iso dixeron).
Poñereino tamén no lateral do blog, para que non haxa que buscalo no medio das entradas.
Disfrutádeo!! E grazas a tod@s por facer desta escola un lugar tan especial!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario