venres

CIENCIA E ARTE EN 1º E 2º

 Mirade que actividade tan marabillosa se levou a cabo en 1º e 2º.


ECOXOGOS

 Ao longo deste curso en 3º e 4º de Primaria traballaron contidos referidos á reciclaxe, ao coidado do medio ambiente e a ecoloxía. 

Como un dos productos de aprendizaxe elaborados  fixeron uns xogos para seguir a  aprender e divertirse ao mesmo tempo. En grupos acordaron as regras do xogo e o deseño. Elaboraron os taboleiros de xogo e escribiron no ordenador as normas. 

E non só fixeron iso, senon que a maiores, con todo o que argallaran, crearon un xogo en Genially, para que tod@s poidades xogar.

Se clicades na imaxe poderedes xogar! Animádevos!



Mirade como foi o proceso e o resultado en papel!





















luns

AS LETRAS GALEGAS . MÁIS ACTIVIDADES!

 O 18 de maio, en conmemoración do Día das letras Galegas, as nenas e nenos  de 5º e 6º , e a través da plataforma Google Meets, conectáronse co alumnado de 6º do CEIP. Unión Mugardesa para participar de xeito conxunto nun Kahoot sobre Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado neste ano 2023.

O noso alumnado de 6º e o da Unión Mugardesa serán compañeiros o curso que vén no IES de Mugardos, así que (aínda que algúns e algunhas xa se coñecen) pareceunos unha idea estupenda de ir coñecéndose, e nada mellor que a través do xogo.

Previamente traballaran na aula sobre a figura homenaxeada este ano 2023 a través do material proporcionado polo Seminario Galán, tanto coa información escrita coma nos xogos on-line  propostos.











Se queredes ver as preguntas do Kahoot clicade na foto!


Nos outros cursos de primaria traballaron asimesmo co material do Seminario Galán e en E. Infantil elaboraron estes chulísimos maraáxinas.



domingo

COLOCANDO TRAMPAS DE VELUTINAS

 A nosa conserxe, Nathany, traballou moito para elaborar trampas para as vespas velutinas con materiais que o alumnado e profesorado aportou ao centro. Converteuse nunha verdadeira experta no tema!!!

E é que a Policía Municipal, dentro da campaña municipal "Stop Velutinas", acompañaranos para colocar as trampas elaboradas no cole polos arredores do mesmo, para así contribuír a sensibilizar á poboación da necesidade de actuar contra esta plaga.

Aquí vos deixo un vídeo da actividade.



Ademais repartíronse trampas entre o alumnado que dispoñía de lugares axeitados para a súa colocación con instruccións para a elaboración do líquido axeitado que poñerlle.
En 15 días sairemos a revisar as que colocamos no cole e repoñerlles o líquido se fose preciso.

sábado

VELUTINAS. AÍNDA MÁIS

 Un día no cole apareceu este cartel.


E é que traballaron con pesentacións interactivas na plataforma Genially.

Organizáronse por equipos e cada un deles creou un Genially destinado a unha sección da comunidade educativa.

Xoana, Bruno, Nadya e Florinda encargáronse dun destinado ao profesorado e familias.

Iria, Teo e Yeray para E. Infantil.

Irene, Melissa e Óscar para 1º e 2º de Primaria.

Diego, Alejandro, Eneko e Diego sorprendéronos cun "scape room" terrorífico para 3º e 4º .

Chegado o día en que todos os traballos estaban rematados repartíronse polas aulas para poñelos a proba diante do público ao que ía destinado.

Aquí vos deixamos un enlace ao xogo (para ver se sodes quen de facelo con éxito) así como ás fotos da presentación nas aulas.

Para profes e familias.Clicade na foto para xogar


 







Para E. Infantil. Clicade na foto para xogar


 







Para 1º e 2º. Clicade na foto para xogar


 





Para 3º e 4º. Clicade na imaxe para xogar.



 








O GALEGO DÁ MOITO XOGO

Polo Día das Letras Galegas o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria participou nunha actividade no IES de Mugardos,  acompañad@s do alumnado de 6º do CEIP. Unión Mugardesa, xunto co alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Mugardos. 

@s participantes, dividid@s en grupos que procuraron mixturar a todo o alumnado, comezaron coa Carreira da Lingua na que obtiñan pistas para elaborar un cadro sobre Francisco Fernández del Riego. Logo os equipos participaron en distintos xogos.

Colaborou na organización o servizo municipal de deportes e o SNL da mancomunidade.

O pasado venres 19 de maio celebramos O galego dá moito xogo en Mugardos, cos primeiros cursos do IES e últimos cursos dos coles.

Pasámolo ben e gañamos moitas estrelas azuis por usarmos a lingua galega. Algún grupo cun mural moi creativo tamén gañou algúns exemplares de banda deseñada. E todas as persoas participantes unha bolsa co lema O galego dá moito xogo!

Extraído do blog do SNL da comunidade

Aquí vos deixamos un vídeo que fixeron 




E aquí tedes unha presentación das fotos que da xornada fixemos no cole.





domingo

AFIANZAMOS O APRENDIDO SOBRE A HORTA

 Para afianzar os contidos aprendidos coa actividade do Horto Escolar, en 1º e 2º de Primaria xogaron un Kahoot que preparou a súa profe Marina.

Así dá gusto aprender!








FESTA DOS MAIOS

 Como cada ano a AsociaciónCultural Apelón, en colaboración co Concello, facilitounos a Festa dos Maios.



Eles trouxeron 2 maios, un máis pequeno que o outro, o grupo de gaitas "Trouleada" así como froita e auga para o alumnado.



Nós puxemos as flores, coas que adornamos ámbolos dous maios, a copla do maio (que cantamos entre tod@s) e a danza (usando paus, arcos e cintas). 

O alumnado de 5º e 6º montou unha tendiña dos maios.

Para iso elaboraron unhas macetas con material de refugallo e plantaron esquexes para vender a plantiña completa. Tamén trouxeron doces elaborados nas súas casas e bocadillos que prepararon no cole con axuda das profes.

Nesta primeira presentación fotográfica tedes a parte de adornar os maios.

Diseño de biblioteca franza 

 Aquí vos deixamos a parte da tenda e a merenda:
Diseño de biblioteca franza

E aquí  a danza.


sábado

SEMENTAMOS!!!

 Chegou a hora de sementar.

Coa información adquirida, coas sementes preparadas e plantones nacidos nos semilleiros, só faltaba poñerse a traballar.

E así o fixemos!


domingo

SEGUIMOS COAS VELUTINAS

 En 6º, despois de traballar coa exposición das vespas velutinas, aínda quedaban preguntas sen resolver.

Así, que cada un/unha , de xeito individual, escolleron a que pregunta querían dar resposta e elaboraron un Power Point sobre cada un dos aspectos sobre os que querían coñecer máis.

Par que os poidades ver sen problemas xuntámolos todos nun só documento que teredes a continuación.

Neste traballo, ademais de traballar axeitadamente coa información utilizamos unha nova ferramenta que aínda non utilizaran para a exposición de traballos.

Tamén se encuadra na asignatura de Lingua Galega, xa que foi na nosa lingua na que lles pedimos a información.

Un traballo completo e satisfactorio.

 

RECOMENDAMOS LECTURAS

 O pasado 27 de abril o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e o alumnado de 5º de Primaria do CEIP. Unión Mugardesa intercambiaron recomendacións literarias con motivo do mes dos libros por medio de videoconferencias coa plataforma Google Meets..

En pequenos grupos presentábanse e facían unha recomendación sobre un libro que previamente escolleran dos fondos da biblioteca e traballaran no seu do grupo para redactar unha axeitada exposición dos motivos polo que o recomendaban.

Foi unha experiencia moi agradable e satisfactoria para tod@s e prometen repetila!