O pasado 15 de xuño disfrutamos da presencia de Xosé Tomás (ilustrador galego) na nosa biblioteca.
En primeiro lugar recibiu aos alumnos de 1º e 2º de Primaria. Explicoulles en que consiste o seu traballo e debuxaron as "historias imposibles" que fabricaban extraendo papeliños de tres caixas diferentes.
Na primeira caixa QUEN, na segunda QUE FAI e na terceira ONDE.
Despois recibiu ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º . A sesión foi similar á anterior, pero os debuxos do ilustrador eran significativamente diferentes de acordo á idade dos alumnos. Tamén aprendemos a importancia que teñen as liñas básicas na creación de personaxes, comprobando a diferencia que se produce nun rostro con tan só variar a situación destas liñas.
Por último tivo a xenerosidade de atender as peticións do alumnado na creación dun personaxe especial para nós.
Ademáis firmou pacientemente autógrafos a quen llo pediu, pero como pensa que un autógrafo "non vale nada" todos e cada un dos autógrafos foron acompañados dun fermoso debuxo.
Foi todo un pracer recibilo e contar coa súa presencia entre nós porque puidemos apreciar non só a súa indiscutible e recoñecida arte senon tamén a súa enorme calidade humana.
Vaia dende aquí, unha vez máis, o noso agradecemento.
martes
TÍTERES NA BILIOTECA
O 2 de xuño e grazas a colaboración da ANPA do centro disfrutamos na biblioteca dunha representación de teatro de títeres a cargo da compañía "Titereficciós".
Nesta presentación podedes ver o cartel anunciador da actividade, así como algúns escollidos momentos da representación.
Nesta presentación podedes ver o cartel anunciador da actividade, así como algúns escollidos momentos da representación.
LETRAS GALEGAS 2011
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas , Miguel, alumno de 5º, e Olalla, alumna de 6º, interpretaron na biblioteca a obra de teatro "Na oficina de obxectos perdidos" de Sechu Sende, do seu libro "Made in Galiza".
luns
COUSAS QUE PODEMOS FACER POLO NOSO PLANETA
Non queríamos deixar pasar o Día do Medio Ambiente sen publicar nada no blog.
Esperamos que estes vídeos vos gusten tanto como a nós e sobre todo que aprendamos pequenas cousas que podemos facer para colaborar na conservación do noso planeta.
Esperamos que estes vídeos vos gusten tanto como a nós e sobre todo que aprendamos pequenas cousas que podemos facer para colaborar na conservación do noso planeta.
mércores
A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS
Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.
sábado
INVENTO REVOLUCIONARIO
Atención a este "superinvento". As súas características fanno único e inmellorable.
Todos deberíamos conseguir un cada certo tempo.
Unha vez usado non poderedes prescindir del.
Avisade a todos os voso coñecidos.
Todos deberíamos conseguir un cada certo tempo.
Unha vez usado non poderedes prescindir del.
Avisade a todos os voso coñecidos.
ONDE PODES CONSEGUIR ESTE INVENTO
Este revolucionario invento que acabades de descubrir pódedelo conseguir nun montón de sitios.
Nalgúns sítios préstanvolo, noutros podedes entrar a velos e se queredes, mercar algún.
Se ides a Oporto, cidade de Portugal, non deixedes de entrar neste marabilloso lugar, onde o espazo onde os gardan é tan fermoso como os tesouros que contén.

xoves
EN ABRIL... CONTOS MIL
Durante o mes de abril, mes dos libros, tivemos a sorte de contar cuns contacontos escepcionais, os mellores contacontos do "mundo mundial". Moitas horas de experiencia, e moita paixón polo seu traballo fan das nais e dos pais uns relatores do máis alto nivel.
Dámoslles grazas, unha vez máis, pola súa colaboración e por compartir o seu tempo e o seu arte con todos.
Dámoslles grazas, unha vez máis, pola súa colaboración e por compartir o seu tempo e o seu arte con todos.
martes
luns
NOVO MEDICAMENTO MOI RECOMENDABLE
MANTÉÑASE PRETO DOS NENOS E NENAS.
TAMÉN DISPOÑIBLE LECTURIL FORTE EN CÁPSULAS POR CAPÍTULOS
Fonte: bibliorios.blogspot
MÚSICA, PINTURA E MEDIOAMBIENTE
Ao principio todo era Natureza.
Máis tarde algo sucedeu...
...e fíxose máis grande...
...e máis aínda...
Intentaron convivir...
...pero non era tan doado.
Deixar o teu coche...
plantar unha árbore.
PAREMOS O QUENTAMENTO GLOBAL.
¡DISFRUTA DA NATUREZA!
Fuente: dalealplay.com
martes
mércores
ENCONTROS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Os días 7 e 8 de abril celebráronse en Santiago os Encontros das Bibliotecas Escolares 2010-2011.
Estes encontros están organizados pola Asesoría de bibliotecas escolares e están pensados para adquirir formación específica na xestón e dinamización das bibliotecas escolares, así como para intercambiar ideas e experiencias con outros centros educativos.
Na sesión de mañá do día 8 Mónica Baró e Teresa Mañá falaron da importancia de avaliar a nosa biblioteca para poder avanzar máis e mellor e aportaron ideas sobre cómo, cando e qué se debería avaliar.
Seguidamente, e despois dunha pequena pausa e dun café, os asistentes repartímonos en diferentes aulas onde se expoñían traballos de centros escolares galegos que teñen traballado co cine (entre eles o Fernando Esquío de Neda, veciños nosos) ou coa banda deseñada nas súas actividades de creación literaria. Asimesmo Kiko Da Silva, ilustrador galego, impartiu un obradoiro sobre "A banda deseñada na colección da biblioteca escolar.
Xa pola tarde reuníronse os representantes das bibliotecas por zonas (nós coa zona de Ferrolterra) para intercambiar experiencias dos nosos centros, aportar novas ideas e/ou suxerir traballos colaborativos.
E como guinda do pastel, e para pechar estes encontros contamos coa marabillosa visita de Xosé Neira Vilas, autor do primeiro best seller da literatura galega polo número de edicións e traduccións coas que conta "Memorias dun neno labrego".
Falounos da súa infancia, dos oito quilómetros que tiña que camiñar para ir á escola despois de traballar na casa, dos libros que mercaba por correspondencia e agochaba baixo unhas tellas do teito, de que quería ser periodista e que ao fina o foi, da emigración a Arxentina e logo a Cuba, da súa muller Anisia Miranda, coa que traballou na revista infantil "Zun zun" en Cuba, do seu amor polos libros, dos libros que regalaba cando non lle cabían no cuarto onde vivía, da biblioteca que actualmente funciona na que fora a casa da súa infancia...
Estes encontros están organizados pola Asesoría de bibliotecas escolares e están pensados para adquirir formación específica na xestón e dinamización das bibliotecas escolares, así como para intercambiar ideas e experiencias con outros centros educativos.
Na sesión de mañá do día 8 Mónica Baró e Teresa Mañá falaron da importancia de avaliar a nosa biblioteca para poder avanzar máis e mellor e aportaron ideas sobre cómo, cando e qué se debería avaliar.
Seguidamente, e despois dunha pequena pausa e dun café, os asistentes repartímonos en diferentes aulas onde se expoñían traballos de centros escolares galegos que teñen traballado co cine (entre eles o Fernando Esquío de Neda, veciños nosos) ou coa banda deseñada nas súas actividades de creación literaria. Asimesmo Kiko Da Silva, ilustrador galego, impartiu un obradoiro sobre "A banda deseñada na colección da biblioteca escolar.
Xa pola tarde reuníronse os representantes das bibliotecas por zonas (nós coa zona de Ferrolterra) para intercambiar experiencias dos nosos centros, aportar novas ideas e/ou suxerir traballos colaborativos.
E como guinda do pastel, e para pechar estes encontros contamos coa marabillosa visita de Xosé Neira Vilas, autor do primeiro best seller da literatura galega polo número de edicións e traduccións coas que conta "Memorias dun neno labrego".
Falounos da súa infancia, dos oito quilómetros que tiña que camiñar para ir á escola despois de traballar na casa, dos libros que mercaba por correspondencia e agochaba baixo unhas tellas do teito, de que quería ser periodista e que ao fina o foi, da emigración a Arxentina e logo a Cuba, da súa muller Anisia Miranda, coa que traballou na revista infantil "Zun zun" en Cuba, do seu amor polos libros, dos libros que regalaba cando non lle cabían no cuarto onde vivía, da biblioteca que actualmente funciona na que fora a casa da súa infancia...Foi todo un privilexio poder velo e escoitalo, emocionarse e rir co seu relato.
Marchamos cun moi bo sabor de boca, e pensando nos encontros do próximo ano.
martes
MÚSICA NA BIBLIOTECA
O xoves 14 de abril disfrutamos dun CONCERTO DIDÁCTICO a cargo do QUINTETO PONTICELLO( en realidade quedaron en cuarteto xa que un dos violíns non puido asistir por ter unha lesión)
Sabela Hughes (violín), Saúl García (viola), Andrea Trillo (violoncello) e Laura Garrido (contrabaixo) interpretaron "A música nocturna de Madrid. Quintetino" de Boccherini.
Aprendimos que Boccherini compuxo esta música cando viviu en España para tocar cunha familia coa que tiña amizade. Trátase dunha peza que describe o ambiente da época en Madrid: campás, tambores, música relixiosa (rosario) e tamén festiva.

Amosáronnos as diferencias de forma, tamaño e son dos instrumentos do cuarteto, e aprendimos curiosidades como que as pezas que os compoñen son pegadas cunha cola especial fabricada coa cocedura de ósos dos xeonllos de cordeiros; que as cerdas dos arcos son de cola de cabalo macho ( xa que as femias mollan a súa cola con ouriños o que as fai inservibles) e que nun principio as cordas dos instrumentos fabricábanse con tripa de animais...
Sorprendeunos a grande profesionalidade que os compoñentes do grupo amosaron tanto na interpretación musical como na transmisión de coñecementos, adaptándose extraordinariamente á idade do alumnado, e máis se temos en conta que as súas idades están entre os 15 e os 19 anos e que estudan 1º, 2º e 4º de grao profesional no conservatorio Xan Viaño de Ferrol.
Teñen ademais un enorme mérito xa que a constitución do cuarteto, a elección da obra, os ensaios da mesma así como a preparación do concerto didáctico correu a cargo dos compoñentes do grupo, adicando horas fóra do horario de clases.
Disfrutamos co seu concerto, e "os Ponticello" tamén disfrutaron achegándose aos nenos e nenas do Centro.
Seguro que nos volveremos ver.
Nestes vídeos podedes ver que ben o fixeron.
Nestes vídeos podedes ver que ben o fixeron.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)