martes

XOSÉ TOMÁS. ILUSTRADOR NA BIBLIOTECA.

O pasado 15 de xuño disfrutamos da presencia de Xosé Tomás  (ilustrador galego) na nosa biblioteca.
En primeiro lugar recibiu aos alumnos de 1º e 2º de Primaria. Explicoulles en que consiste o seu traballo e debuxaron as "historias imposibles" que fabricaban extraendo papeliños de tres caixas diferentes.
Na primeira caixa QUEN, na segunda QUE FAI e na terceira ONDE.
Despois recibiu ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º .  A sesión foi similar á anterior, pero os debuxos do ilustrador eran significativamente diferentes de acordo á idade dos alumnos. Tamén aprendemos a importancia que teñen as liñas básicas na creación de personaxes, comprobando a diferencia que se produce nun rostro con tan só variar a situación destas liñas.
Por último tivo a xenerosidade de atender as peticións do alumnado na creación dun personaxe especial para nós.
Ademáis firmou pacientemente autógrafos a quen llo pediu, pero como pensa que un autógrafo "non vale nada" todos e cada un dos autógrafos foron acompañados dun fermoso debuxo.
Foi todo un pracer recibilo e contar coa súa presencia entre nós porque puidemos apreciar non só a súa indiscutible e recoñecida arte senon tamén a súa enorme calidade humana.
Vaia dende aquí, unha vez máis, o noso agradecemento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario