luns

CARMEN GARCÍA MATEO: MULLER E CIENCIA.

 Hoxe tivemos a sorte de que nos visitase Carmen García Mateo para impartir unha charla ao alumnado de 5º e 6º .

Ela é Catedrática en Telecomunicacións na Universidade de Vigo gañadora no 2014 do Premio María Josefa Wonenburger Planells, no que o goberno galego, a través da Unidade de Muller e Ciencia, premia a mulleres  galegas salientables  no ámbito da ciencia. (Se clicades na imaxe  poderedes saber máis sobre a muller  galega e científica da que tomaron o nome para este galardón tan importante e necesario).


Carmen García Mateo recibiu o galardón non só con ilusión, se non que asegura telo gañado para poder influir nas mulleres xoves deste país, para que se dirixan ás tecnoloxías sen pensar que son incapaces.


Se clicades na súa foto poderedes acceder á páxina web Wisibilízalas onde lle fixeron unha entrevista que non vos podedes perder.

Tiñamos esta charla pensada para conmemorar o Día da muller e a nena na ciencia, pero non puidemos celebrala ata agora por problemas de axenda. 

Para esta charla o alumnado de 5º e 6º preparou unha batería de preguntas para facerlle a modo de entrevista e así facilitar a comunicación. Así os temas a tratar eran escollidos polo alumnado.

Carmen contestaba as síúas preguntas amosando unha grande capacidade comunicadora e unha cercanía que mantivo a atención en todo momento. Apoiou a súa charla con audivisuais e por se todo isto fose pouco traeu agasallos para tod@s.









Tamén nós lle tiñamos un presente









MOITAS GRAZAS!!!!!


domingo

MATERIA E ENERXÍA EN 5º DE E. PRIMARIA

  Para completar o estudo deste tema propoñíanse ao alumnado de 5º os seguintes retos ou porbas na aula virtual.


Se clicades na imaxe poderedes acceder á actividade










Se clicades na imaxe poderedes acceder á actividade






Como vedes actividades variadas, lúdicas e coas que aprender. 
XENIAL!!


PALABRAS PINTUREADAS. RETOS

 Unha actividade colectiva máis do noso proxecto anual "Isto pinta ben". Nesta ocasión traballando o léxico correspondente a esta arte plástica.

Nun taboleiro da entrada propóñese o reto e unha urna para introducir os resultados (nun papel con nome e curos) para así obteñer ás gañadoras e gañadores do reto.

De momento xa van dous retos, un za rematado e outro a piques de rematar.








E así vai a cousa!



Animádevos a participar!!!


sábado

EN 6º SON EMPRESARIAS E EMPRESARIOS. PERO ISO SI... SOLIDARI@S

 En Ciencias Sociais de 6º aprenden os contidos da materia realizando traballos ben individuais ou ben colectivos, sendo estes últimos os máis utilizados.

Para traballar o tema de economía decidiron crear unha empresa.

Pouco a pouco foron perfilando a idea e elaboraron un proxecto interdisciplinar, xa que decidiron poñer á venda unha macetas que con material de refugallo estaban facendo na área de Plástica baseandose nos deseños da cerámica de Sargadelos, que á súa vez estaban a traballar con motivo do Proxecto de centro "Isto pinta ben".


Como boas empresarias e bos empresarios, ademais de aprender unha nocións básicas de economía e organizar a súa empresa e os seus diferentes departamentos,  decidiron aumentar a súa oferta de produtos á venda para así obter máis rendementos económicos e mandar os beneficios, a través da ONG Save The Children, a Ucraína.

Escolleron fabricar imáns cun deseño propio, onde misturan unha pomba de Sargadelos, a bandera Ucraína e o lema "A PAZ É O CAMIÑO" en galego e ucraíno e encargar chapas co mesmo logo.


Solicitaron financiación ao alcalde de Mugardos, quen se achegou ao centro para coñecer de primeira man o proxecto e aceptou correr cos gastos do material necesario para a fabricación dos imáns e o custe das chapas.

Escribiron a Sargadelos para solicitar o seu permiso para utilizar a imaxe da súa pomba de cerámica easí como os seus deseños nas macetas que elaboraban, explicando o obxectivo da súa empresa. Sargadelos autorizou gustosamente o solicitado e mesmo amosando gratitude por pensar neles para esta actividade.

Tamén avisaron a diferentes medios de comunicación para darlle publicidade  á súa idea e convocar á comunidade para a compra dos seus produtos. Así saíorn no xornal "La Voz de Galicia" e fixéronlles unha entrevista en "Radio Voz"

Clicade na imaxe para acceder á noticia de "La Voz de Galicia"


E nesta para escoitar a entrevista. Non vola podedes perder!!




BRAVO!!!!!

xoves

ALGÚNS TRABALLOS DE 6º

 Queriamos deixar constancia do diferente tipo de traballos realizados polo alumnado de 6º en diferentes áreas e temas porque implican un esforzo e creatividade pola súa parte e unha necesidade de documentarse axeitadamente para ser quen de facelos.

Mirade que bonitos:

MOMENTOS RECOLLIDOS DOS RECREOS NA BIBLIO

 

mércores

RECREOS NA BIBLIOTECA II

 Ao longo do curso nos recreos na biblio o alumnado accede a diferentes actividades segundo a oferta e o seu gusto. Así danse momentos que de vez en cando gardamos en fotos.

Os materiais creativos, inclusivos de lecura e información sempre están á súa disposición.


martes

PULPI POLA IGUALDADE

 Isto que ides ver é un proxecto que xa está moi avanzado e que ten só é necesario poñerse mans á obra.

Sabedes que na fachada do cole o curso pasado Leando Lamas (pintor, ilustrador, actor e director teatral da nosa contorna) deseñou un mural pola igualdade que encheron de cor as nenas e nenos do cole.


Pensamos que a parede que queda baixo as ventás da biblioteca podía acoller a Pulpi, seguindo a esas mozas tan estupendas do mural de Leandro.

Así que puxémonos mans á obra, e despois de fotos diversas e varios ensaios fomos obtendo o desexado.

Pero como ademais Pulpi é o "Rei dos libros" pensamos que estes non podían faltar no deseño. Así que Pulpi aparece con libros máxicos coma os da nosa biblio, que se van convertendo nas mariposas que acompañan ás nosas rapazas.

A idea é esta, máis ou menos.








O que vedes é unha montaxe fotográfica. Agora só resta pintar a Pulpi na parede e enchelo de cor!


Qué vos parece?