luns

NOVA COMPAÑEIRA DE BALBINA

 Coa morte de Quino Luís Davila,  O Bichero  dibuxou a Mafalda ao xeito das mulleres das súas viñetas.

Imaxe extraída do Facebook do artista


Como a nosa Balbina (que xa apareceu no noso taboleiro o curso pasado) é unha versión de unha das "Merseditas" ou "Lurditas" de Luís Davila,  non puidemos resistirnos a que Mafalda compartira espazo coa nosa Balbina (por aquilo da horta).

A profe Marina fixo posible esta amizade e tod@s estamos encantad@s!!


GRAZAS!!

domingo

DESPEDIMOS A QUINO

 O 30 de setembro morreu Joaquín Salvador Lavado Tejón, dibuxante Arxentino coñecido como QUINO.




Con 17 anos tomou a determinación de ser un dibuxante de historietas de humor, abandoou os seus estudos de Belas Artes e marchou a "Bos Aires" para perseguir o seu soño.

Costoulle moito e pasaron tres anos moi difíciles ata que por fin logrou publicar os seus debuxos.E dende aquela xa non parou. 

En 1963 aparece o seu primeiro libro de humor "Mundo Quino"e en 1964 apareceu por primeira vez o personaxe que lle daría fama internacional: MAFALDA. Primeiro con tiras en xornais e semanarios e por fin en libros cun tremendo éxito en todo o mundo. 







Esta é a foto do Facebook oficial de MAFALDA.
Clica na imaxe para acceder 


                           E esta é da súa conta de Twitter. Se clicas nela accederás.




Se clicas na sinatura de Quino accederás á páxina web oficial del, onde atoparás moita información sobre todos os libros que escribiu e os países onde se editaron e están a venda.


MAFALDA é unha nena que odia a sopa, está sempre preocupada pola situación do mundo, pola paz e polos dereitos humanos.
A súa imaxe foi utilizada en moitas ocasións para a defensa de diversas ideas utilizando os dibuxos de Quino e escribindo textos que o autor non escribira. Quino só impedía utilizar os seus debuxos cando as ideas que se transmitían neles non eran os propios de Mafalda.
Somos moitas as xeracións que medarmos lendo a Mafalda unha e outra vez e seguro que non seremos as últimas porque Mafalda nunca "pasa de moda".




Temos os seus libros na biblio, así que se queredes disfrutar deste marabilloso personaxe e os seus amigos tan xeniais non tedes máis que pedilos en préstamo.




mércores

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

Na web do cole, a principio de mes apareceu esta proposta.





E por fin, o día 21.....


Chegou o día e este atípico curso remata sen festas nas aulas, sen despedidas polos pasillos, sen apertas e bicos...mais non podiamos deixar de celebrar o noso tradicional festival de fin de curso.
Si, si,ante a convocatoria proposta para que cada nen@ enviase un vídeo no que saíra facendo aquilo co que podía sorprendernos, xurdiu este estupendo traballo levado a cabo polo alumnado, profesorado,e algún que outro familiar, e perfectamente montado polo pai de Leo e Manu.
Moitas grazas Manuel por este excelente resultado final co que queremos desexarvos a tod@s un moi feliz verán!!!!!!
Vémonos en setembro.

                                                       Clicade na imaxe




CAIXA SORPRESA DE IRIA E XOANA

Mirade esta preciosa caixa sorpresa chea de animais sobre os que vos van falar Iria e Xoana.
Un marabilloso traballo feito durante o confinamento 2020.


AGASALLO SORPRESA

Este vídeo é algo que compaartiu con nós unha familia do cole. Pero non responde a ningún traballo proposto senón a unha iniciativa persoal.
Encantounos recibilo, encantounos o vídeo e sobre todo a mensaxe que transmiten.
Parabéns pola súa iniciativa!!


CAIXA SORPRESA DOS ANIMAIS

Outro dos traballos interdisciplinares do confinamento 2020. Unha caixa sorpresa de onde saen diferentes animais dos que contades tanto as características físicas como as súas posibilidades ou imposibilidades no que se refire a actividades motoras.
E todo isto con moitísima arte!!


TRABALLOS CONFINAMENTO

Ás veces as profes propoñemos tarefas e o resultado que nos chega sorpréndenos moito.
Así pasou con este traballo de Manu, de 3º que sen que ninguún llo pedira fixo este vídeo sobre un guión que primeiro escribiu.
Comentou que fora o traballo que máis lle gustara facer na súa vida.

Parabéns Manu!!

Clica na imaxe.


martes

CONTO MOTOR EN INGLÉS

Outra proposta das profes Pili e Natalia.
Nesta ocasión o traballo consistía en elaborar un conto motor en inglés.
Aquí vos deixamos algúns exemplos do traballo das nenas e nenos do cole.


MENÚS SAUDABLES QUE SAEN DE CAIXAS.

Outra tarefa interdisciplinar de Natalia e Pili.
Nesta ocasión dunha caixa debería saír un menú saudable para un día completo. E en inglés, claro.
Aquí tedes unhas mostras do que entregaron as alumnas e alumnos do centro.


OCAS QUE FALAN INGLÉS E LLES GUSTA ESTAR EN FORMA

A profe Natalia e a profe Pili propuxeron esta actividade multidisciplinar no tempo de confinamento.
O alumnado debería crear un xogo da Oca coas instruccións en inglés e que caer en determinada casilla implicase unha acción de actividade física.
Aquí tedes unha mostra dalgúns dos traballos que recibiron.






E estoutro en vídeo. Clica na imaxe.


domingo

PROPOSTA CIENTÍFICA DURANTE O CONFINAMENTO

Na web do cole insertamos esta proposta de actividade para varios cursos e agora queda aquí para que non a perdades de vista.
Trátase dunha actividade cientídica que implica unha pequenísima manualidade e que o resultado é cando menos espectacular.




E tamén vos deixamos algúns dos resultados que nos chegaron vía vídeo. (tamén recibimos moitos audios e todos coincidían en que fóra unha actividade marabillosa).


venres

HAI UN SITIO PARA TI. VERSIÓN FAMILIAR


Como proposta de traballo de música durante o periodo de confinamento estaba aprender a letra da canción do cole así como uns ritmos de percusión (que variaban según a idade e as preferencias do alumnado).
Como mostra da tarefa se debería enviar un vídeo coa execución dos ritmos.
Todos os vídeos recibidos gustáronme moito, porque  proba o voso esforzo e traballo. Pero entre as achegas chegou un día esta marabilla na que toda unha familia se implicou no vídeo e non puiden máis que pedir permiso para compartilo con vós.
Grazas!! É un fermoso agasallo para tod@s.
Parabéns polo voso traballo.
A Pulpi encantoulle este fermoso dibuxo!!




 

mércores

AS VOSAS MARIONETAS








Aquí tedes o resultado da proposta plástica con material de refugallo que fixemos durante o confinamento.
Non están todas as que son, pero sí son todas a sque están.

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO. SODES MAGNÍFIC@S!!!!
A PULPI ENCANTOULLE!! TAMÉN SAE EL POR AÍ!!
E ÁS PROFES TAMÉN!!!




SIMPLEMENTE XENIAL!!!

martes

REALIDADE AUMENTADA CON BLIPPAR

As profes sempre andamos a aprender cousas novas e moitas veces participamos en cursos de formación que para o profesorado se organizan dende diversas institucións.
Neste caso eu, a profe Carmen,  asistín a un curso de Realidade Aumentada organizado polo CFR de Ferrol este ano no que, entre outras cousas moi interesantes, aprendín a traballar con Bippar da man de Tino Fernández Cueto e ademais as últimas sesións do curso foron a través de videoconferencia xa que tiveron lugar durante o confinamento.
Na páxina web de Blippar podes crear contidos con realidade aumentada que poden ser vistos a través de dispositivos móviles e que ademais presentan compoñentes interactivos..
Como para velo en directo teríades que descargar a aplicación e coñecer o código do traballo, grabei en vídeo o que se ve a través da pantalla.
Para este traballo emplei unhas imaxes e un vídeo que tiña gardado doutro curso de hai uns anos, tamén no CFR de Ferrol, sobre Stop Motion  impartido por Virginia Curiá y Tomás Conde 
Os decorados do vídeo foran feitos por min, pero as preciosísimas figuras (Pippi, o cabalo e o mono) son creación de Raquel Sánchez Mata, tamén profe, que xenerosamente deume o seu permiso para que hoxe poidades ver isto.

Grazas Raquel!!
Agardo que vos guste.