venres

LIBRO CON BOLSILLOS EN TERCEIRO

En Ciencias Naturais aprendimos a facer un "Libro con bolsillos" o que algúns deron en chamarlle "Lapbook" que traducido literalmente é Libro con solapas.

Para iso primeiro vimos moitos exemplos en internet, para ver as posibilidades que nos ofrecía e decidir como sería o noso.

Logo "estructuramos o tema", decidimos que partes eran importantes, que apartados íamos amosar, cómo iamos distribuír o espazo, que elementos (despregabres, figuras xeométricas, mecanismos,,) iamos a utilizar.

Repartimos o traballo por parellas que se encargaban de cada un dos apartdos.
Para a parte de atrás a profe imprimiu fotografías de animais vertebrados e invertebrados que cada un de nós trouxera escritos nunha lista. Entre tod@s separámolos en vertebrados e invertebrados e fomos cubrindo as súas principais características pola parte de atras.

Logo montámolo todo e este foi o resultado.





A que está chulo!

Pasará a formar parte dos fondos da biblioteca!!

mércores

EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN 2019

Como sabedes, o tema común de traballo deste ano é "A horta" xa que Pulpi agasallounos con unha ben bonita a principio de curso.
De esta forma a exposición anual de cabazas que facedes nas casas tamén debería estar relacionada co tema anual.
E este foi o resultado das vosas aportacións sempre tan creativas e fermosas.

Moitas grazas a tod@s!!


martes

MERENDA DO MAGOSTO

Un ano máis a ANPA agasallounos cunha merenda de Magosto estupenda.
No menú: boliños preñados, leite e castañas asadas. E repartindo a merenda representantes de ANPA que desinteresadamente ofrecen o seu tempo e o seu esforzo para que isot sexa posible. Moitas grazas unha vez máis.

Pola nosa parte, nas aulas elaboraron cestiños con material de refugallo para transportar as castañas ata a mesa da merenda.





E despois de merendar tivemos tempo libre de xogo amenizado por música seleccionada para a ocasión. Cancións galegas do Magosto e do Samaín encheron de acordes o patio.
E todo tempo houbo un grupiño de "bailonas" e "bailóns" que procurou un deses momentos máxicos do cole. Momentos nos que grandes e pequenos compaarten actividade e onde ninguén é anónimo. Unha especialidade do noso cole!!


luns

XXXV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN. E. INFANTIL

Por fin tocoulles o turno ás nenas e nenos de Infantil de asistir a esta Mostra.
Disfrutaron da represertación de "Acuario" da compañía "Os Ghazafelhos", baseada no libro de poesía do mesmo título escrito por María Canosa en Edicións Embora (que por certo, tedes na biblioteca).

Unha posta en escea dinámica, divertida e colorista. Onde había un pulpo precioso que poería facerse amigo do noso "Pulpi". Se non me credes mirade estas fotos!!



Gustoulles moito, moito, moito!

COMO ERA O SAMAÍN NOS TEMPOS DA MIÑA NAI

Alonso, alumno de 4º, entrevistou á súa nai para saber cómo celebraba ela cando era nena estas festas.
Compartiu con nós este precioso momento e agora compárteo con tod@s @s que aquí se asomen. E para que o poidamos recordar sempre.

Un boísimo traballo de investigación!

GRAZAS AOS DOUS!!





PERSONAXES DE MEDO DE GALICIA

Para traballar nas aulas o equipo de Normalización Lingüística eleborou un Power Point e un documento con información.
O equipo de biblioteca fundiu ambos arquivos nun novo, ao que lle puxemos música.
O resultado quedou así:






E esta foi a interpretación que cada aula de primaria fixo do personaxe que lle tocou compartir co resto o 30 de outubro, na celebración do Magosto e do Samaín.


martes

BIBLIOTECA CREATIVA CURSO 2019-2020







Xa sabedes que a nosa é unha Biblioteca Creativa.
O curso pasado entramos a formar parte deste programa que pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos que matriculan alumnado de infantil e primaria e que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.
No curso pasado recibimos materiais e formación para a construcción de 4 Escornabots para a biblioteca escolar. E para traballar con eles elaboramos diferntes materiais e levámolos polas aulas para que a información do seu manexo chegara a todo o alumnado.

Nesta ocasión, ao ser o segundo curso dentro do programa, recibimos dotación económica para a compra dunha impresora 3D así como formación básica para poder crear os noso propios deseños.

A responsable da Bilioteca acudiu a unha xornada de formación celebrada o pasado 25 de outubro na EGAP  (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago da que veu cargada de ideas e ilusións.





Aquí tedes unha presentación de fotos da xornada






luns

LIMPANDO A HORTA

Así foi como entre todos, axudándonos uns aos outros e colaborando conseguimos limpar ben a nosa horta para poder empezar a plantar.


domingo

BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA

Con este lema iniciamos un novo curso nas bibliotecas escolares de Galicia integradas no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).
Acompaña sempre ao lema do ano un cartel representativo creado por un/unha ilustrador/ilustradora salientable.
O deste curso é obra de Óscar Villán (ilustrador) e reflicte moi ben cal é a concepción dunha biblioteca escolar do século XXI. Fixádevos ben en cada unha das esceas do cartel e veredes moitas situacións que a cotío se dan na nosa biblio.


Se premedes na imaxe accederedes á entrada do blog da Asesoría de Bibliotecas onde se poden ler frases tan fermosas coma esta:


Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

sábado

XXXV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN. 1º, 2º, 3º E 4º

Esta vez tocoulles ás nenas e nenos de 1º, 2º, 3º e 4º de E. Primaria de disfrutar do teatro nesta edición da Mostra.
Asistiron á representación da obra "Patapatum" da compañía "Elegante elefante".

De que vai?
Pois lede isto extraído da páxina da compañía.



"SORPRESA! ¡Y una más! ¡Y muchas más! ¡Una montaña de regalos! 
Grandes, pequeños, pesados, ligeros, azules, verdes, naranjas, cuadrados y redondos. Regalos de todas formas y tamaños, siempre divertidos y asombrosos.
El niño, emocionado, no tiene manos para abrir tanto juguete. Los adultos, obligados por la espiral del tiempo, los compromisos y las obligaciones, no son capaces de encontrar un momento en su apretada agenda para compartir la fantasía con los más pequeños."



E tamén podedes ver o vídeo promocional da obra.





Un luxo poder disfrutar deste tipo de espectáculos dun xeito económicamente asequible.

mércores

COMO REMATA A GALIÑA AZUL?

A galiña azul de Lorenzo é condenada polas autoridades porque nin "fala" nin é da mesma cor cás demais, pero o pobo non está disposto a que o algalde se saia coa súa e apoia ao seu veciño e á galiña.
@s nen@s de 6º, na área de "Valores sociais e cívicos" escoitaron o conto de CArlos Casares mentres vían as ilustracións en Kamishibai.
Despois idearon distintos finais para esta historia inconclusa.

Cal escolledes vós?


luns

LIMPEZA DA HORTA ESCOLAR

Na porta da biblio, xunto a Pulpi, apareceu este cartel:





As nenas e nenos de 6º encargáronse da súa elaboración. Por fin empezaremos os traballos na horta. Estamos superconten@s. Como Pulpi:







I FESTIVAL ESCOLAR SOBRE O CAMIÑO INGLÉS E O XACOBEO 2021

O 18 de outubro todo o alumnado do cole participou neste I Festival Escolar sobre o camiño inglés e o Xacobeo 2021 organizado pola Federación de Anpas de Ferrolterra Concepción Arenal.

 En lancha dende Mugardos ao Porto de Ferrol e actividades varias nas instalacións habilitadas así como un percorrido a pe polo Camiño Inglés.


domingo

DÁNDOLLE Á LINGUA NA HORTA

A frase que construímos na proba final do primeiro día de curso, cando atopamos a Pulpi e o seu agasallo (unha horta escolar) é o lema de moitos dos traballos que faremos este curso.

Porque con este lema xuntamos tres dos pilares básicos cos que queremos traballar e propoñer actividades:

  • A HORTA ESCOLAR
  • A LINGUA GALEGA
  • A BIBLIOTECA ESCOLAR
Así que a entrada do cole está preparada para ser en certa maneira o escaparate de moitas actividades.

  • Unha exposición permanente dos fondos da biblioteca relacionados co tema e onde figurarán tamén outros que vaiamos adquirindo.

  • Un taboleiro enorme que ira variando co tempo onde aportaremos diferentes imaxes, propostas, ... Como un diario en forma de taboleiro.

O primeiro en aparecer no taboleiro doi este traballo de investigación que as rapazas e rapaces de3º e de  4º fixeron pola contorna coas súas titoras.


Leer más publicaciones en Calaméo

E así apareceu no taboleiro da entrada xunto coa exposición dos fondos da biblioteca:









Irémosvos informando dos cambios!!!!

sábado

XXXV MOSTRA DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL DE NARÓN. 5º E 6º

O pasado día 16  o alumnado de 5º e 6º disfrutou da obra  "Lázaro de Tormes" da compañía Pedra de Cartón na XXXV Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil que organiza o Concello de Narón.

Nela contan a historia clásica de Lazarillo de Tormes sen utilizar a voz e levando máscaras.
Podedes ver aquí un "Trailer" da obra.





Unha marabillosa obra e unha marabillosa experiencia para o noso alumnado.
Vivir o Teatro, sentilo e disfrutalo.