Agora que xa abriu a biblio e que aínda estamos a facer melloras de mobiliario e de equipamento, celebramos este día coa lectura dun conto moi especial.
"Murciélagos en la biblioteca", da Editorial Juventud, unha historia divertida duns morcegos adictos á lectura, que acoden á biblioteca cando o bibliotecario se deixa unha ventá aberta, entón eles poden ler ata o mencer. Un fermoso conto, unhas fermosas ilustracións e ademais en verso!!
O seu autor, Brian Leis, proponnos unhas ilustracións divertidísimas que contan unha historia en sí mesmas, por iso nesta lectura proxectamos as imaxes na pantalla, para disfrutar mellor desta lectura.
Mira algunhas das ilustracións!!
Xeniais, non si?
E así de atentos estabamos tod@s durante a lectura:
E aquí deixamos o fermoso pregón de Gemma pasqual:
A SEN CONTO
Non quería ser
princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun
Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non
quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un
príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun
mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas
condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha
fada boa.
E puxo os seus
zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata
converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían
en ningures.
Nunha casca de
noz navegou polo Mar das Letras, e naufragou. Nadaba contra a corrente, fortes
ondas de frases afogábana, e cando se deu por vencida e se abandonou á súa
sorte, de súpeto salvouna a capitá Pippi Långstrump, unha nena libre, xenerosa,
que nunca se aburría, que se atrevía a cuestionar o razoamento dos adultos.
Acompañada por Matilda, navegaban polo mar das letras para rescatar todos
aqueles personaxes que se aventuraban a cruzar o mar buscando un conto mellor.
Heroínas con forte sentido da xustiza e do deber de protexer os máis débiles.
Finalmente,
despois de moitos atrancos, chegaron a porto seguro, o Porto da Biblioteca, o
Paraíso do que lle falara Borges: un lugar cheo de tesouros afundidos, como lle
dixera Virginia Woolf; unha nave espacial que a levaría aos recunchos máis
afastados do universo; unha máquina do tempo que a transportaría ao pasado máis
remoto e ao futuro más afastado; unha saída a unha vida mellor, máis feliz e
máis útil, como lle explicara Isaac Asimov. Un lugar onde non necesitaba ser
princesa para ser a protagonista de todos os contos.
Longa vida ás
bibliotecas, refuxio de todas, tamén das sen conto, das sen libro, das sen
papeis, das nenas que non queren ser princesas e dos nenos que non queren ser
heroes. Longa vida aos bibliotecarios e bibliotecarias, gardiáns do Paraíso, de
máquinas do tempo e de grandes tesouros como son os libros.
Nas Bibliotecas Escolares de Galicia, tamén temos un cartel moi, moi especial, baixo o lema "Biblioteca Escolar: Viveiro de Cidadanía", elaborado por Óscar Vilán.
Moitas destas esceas do cartel son habituais na nosa biblioteca e así queremos que siga a ser. Un lugar de encontro, de comunicación, de aprendizaxe, de intercambio, de respecto polos outros, para compartir, crear, aprender, xogar, descubrir..... Aprender a ser cidadán do século XXI.
Se queres engade tí nos comentarios do blog qué outras cousas fas na nosa biblio!!
Este novo xogo de Escornabot, que estará a vosa disposición na biblioteca, elaborouse para o primer día de cole, como unha das probas que os grupos debían superar para atopar a Pulpi.
Trátase dun taboleiro doble, cunha cara m´çais sinxela (onde están as imaxes dos apeiros cos seus nomes) e a outra cara muda e na que as imaxes foron cambiadas de sitio para que teñades que fixaros ben.
Tamén conta con dous xogos diferentes de tarxetas. Unhas donde só aparece o nome de cada un dos apeiros do taboleiro e outras para niveis expertos onde non aparece o nome pero sí a sua definición e descripción.
Na biblio o atoparedes coas tarxetas gardadas no estoxo que o taboleiro ten pegadiño.
A profe Susana, con paciencia e horas de dedicación, fixo estes fermosos paneis onde estamos tod@s (nen@s e profes). Para vernos, para recoñecernos, para disfrutar...
Como teñen rodas, ás veces están na entrada do cole e as veces no corredor da planta de abaixo onde tod@s os vemos cando saímos e entramos do patio.
Na entrada do cole expuxemos os fondos que sobre o tema do ano, "Dándolle á lingua na horta", temos na biblioteca e ahí expoñeranse tamén todas as novas adquisicións que vaiamos facendo, para que alumnado e profesorado poida ler e consultar cando sexa necesario ou apeteza.
Así de chula quedou a exposición.
Como cada comenzo de curso o alumnado de 6º aprende a xestionar os empréstitos e as devolucións de fondos co programa Meiga de xestión da biblioteca escolar.
Durante os recreos encargaranse desta tarefa ademáis de colaborar en manter a orde e xestionar os recursos.
E o farán de marabilla!!
Grazas chc@s!
Música do vídeo de https://www.bensound.com/
Onde andará? O curso pasado secuestrárono uns alieníxenas e tivemos que liberalo.
Pasaría outra vez?
No seu sitio hai un cartel e nun cubiño vermello unha carta enroscada.
Xuntámonos tod@s na entrada para ver o que pasa. A profe Pili le a carta.
Dividímonos en 7 grupos. Cada grupo tiña o nome dunha hortaliza. (leitugas, repolos, cebolas, cenorias...). En cada grupo estabamos mixturados maiores e pequen@s e unha nena ou un neno de 6º era capitana ou capitán.
Tiñamos que pasar 7 probas de xeito colectivo e a última pasaríamola os capitáns e capitanas.
Cada proba tiña un tempo. Si a superábamos conseguiamos na nosa ficha un cuño dunha hortaliza diferente. Cada grupo empezaba nunha proba e pasado o tempo iríamos á seguinte. Así todos os grupos pasariamos as 7 probas ao mesmo tempo.
As probas foron as seguintes:
CIRCUITO DO VENTO
Por turnos e soprando a través de palliñas tiñamos que levar a faba ata a meta.
ESCORNABOTS E APEIROS DE LABRANZA
Un novo taboleiro de Escornabot agardábanos. Tratábase de ir aprendendo os nomes de diferntes apeiros de labranza. Por un lado traballábamos cos nomes a vista, e despois dunha voltas traballamos sen nomes.
E aínda había unha versión máis difícil cando en lugar do nome a tarxeta escollida daba a definición da ferramenta.
PASAPALABRA DE ADIVIÑAS
Seguindo un rosco coma o de Pasapalabra en cada letra había unha adiviña sobre unha froita, unha árbore, un froito, unha hortaliza....
REALIDADE AUMENTADA CON QUIVER
Coloreamos en equipo unhas láminas que despois vemos a través da app Quiver. Tamén facémonos fotos e vídeos con ela.
SALTAR, MEDIR, SUMAR E ESTIMAR.
Entre todo o equipo temos que conseguir saltar unha medida exacta. Así que saltamos por turnos, medimos e imos sumando os diferentes saltos. Cando nos achegamos á medida desexada estimamos e facemos o salto que nos levará a aproximarnos a esa medida o máis posible.
Mentres agardamos o turno xogamos un pouquiño.
Así era a ficha coa que traballaban para superar a proba.
XOGO DE MEMORIA
Típico xogo de memoria onde as cartas foron editadas especialmente para a ocasión.
Flores, froitas, froitos, hortalizas....
Se queredes imprimir e ter o voso propio xogo na casa, non tedes máis que descargar este documento:
Realizado pola profe Marina.
APRENDEMOS UNHA CANCIÓN UTILIZANDO PICTOS
Aprendemos a canción "A horta de Balbina" de María Fumaça utilizando os pictos que crearon no CEIP. Raquel Camacho, a quen agradecemos dende aquí a súa xenerosidade ao compartir.
A letra dí así:
E aquí compartimos o vídeo por se te animas a cantar:
ÚLTIMA PROBA
Xuntámonos tod@s na cancela que está ao fondo da zona dos columpios.
A cancela estaba pequeda e para poder abrila necesitariamos formar unha frase cun grupiño de palabras recortadas en papel e pegalas no seu sitio correspondente.
Isto estaba acabando e estabamos moi nervios@s por atopar a Pulpi e ver que agasallo tiña para nós.
E unha vez máis logramos o reto!!!
E temos un fermoso horto para traballar todo o ano e aprender unha chea de cousas!!
As profes, que sempre o saben todo, xa sabían onde estaba Pulpi e fixéronlle estas fermosas fotos.
Pulpi de hortelán!!!
Cada vez o queremos máis!!
Aquí vos deixamos as diferentes actuacións do Festival deste ano, para que as poidades disfrutar cantas veces queirades.
Non podemos negar que temos un alumnado que disfruta coa arte e do escenario. Fixéronno xenial!!!
Presentación do Festival.
Como xa é habitual, a cargo das nenas e nenos de 6º de E. Primaria. Moitas grazas, chic@s!!!
Teatro de 4º de E. Primaria
Actuación de E. Infantil:
Percusións variadas en 5º de E. Primaria:
Teatro cantado en 1º e 2º de E. Primaria.
Texto de María del Carmen Gómez Álvarez, do Seminario Galán, polo Día das Letras Galegas 2019.
Teatro 6º de E. Primaria.
Traballo realizado no Obradoiro de Teatro impartido neste curso.
3º de E. Primaria canta un poema de Rosalía de Castro.
4º de E. Primaria, recita e canta o conto de Frederick, de Leo Lionni.
Na clase escribimos o conto en verso, musicamos o poema, elaboramos os decorados e os personaxes e traballamos na posta en escena.
Pedimos disculpas polos erros cometidos (cousas do directo) e prometemos grabalo sen público no vindeiro curso.
5º de E. Primaria baila a coreografía de Grease, como agasallo á súa titora Andrea. Preparáronna con Pablo, profe de E. Física.
RAP de 6º .
Escribiron a letra e acopláronna a unha base libre de RAP.
Despedida emotiva e divertida.
O "rincón do galiñeiro" é un recuncho do patio onde soen xuntarse, sentad@s no chan e subid@s aos repechos das ventás (de aí o de galiñeiro).
Nas lecturas colectivas na biblio, 6º ten preferencia no uso dos sofás, aínda que sempre hai quen intenta coller un sitiño.
Sorpresa dos profes.
Pequena coreografía para agasallar a toda a comunidade educativa.
E así rematamos o Festival e o curso. Feliz Verán!!!
No último día de clase, ademáis do noso marabilloso Festival de Fin de Curso, o alumnado disfrutou dunha xenial ximcana matemática.
Unha vez feitos os grupos con alumnado de difertentes cursos, había que ir superando as diferentes probas instaladas no patio do cole, onde entre tod@s deberían atopar as solución ás diferentes probas plantexadas.
Un grande traballo por parte do profesorado que ideou, preparou e/ou supervisou cada proba e do alumnado que tiveron que poñer en marcha os seus "miolos" para saír exitosos de cada proba.
Pablo, o profe de E. Física, leva todo o curso prooñendo novos xogos tanto nas sesións dos diferentes cursoso como durante os recreos, buscando sempre educar no xogo (na victoria e na derrota), na igualdade e dando opcións diferentes ao fútbol, que sempre tenta monopolizar a pista deixando fóra a unha maioría de alumn@s que non disfrutan deste xogo.
A fin de curso, despois de iniciar ao alumnado no xogo Colpbol (clica na palabra se queres saber máis deste xogo), organizou un campionato en toda regra.
Aquí vos deixamos toda a información.