En 2º de E. Primaria realizamos este fantástico experimento na clase.
Despois escribimos e dibuxamos un caderniño onde contamos como o fixemos.
martes
luns
IAGO CONTACONTOS
O 26 de marzo recibimos a visita de Iago,por cortesía da Editorial Anaya, que nos contou o conto "Augusta e os seus medos".
Augusta, unha nena chea de sonos, pero tan medrosa que non consigue que ningún se lle cumpra.
Foi unha actuación estupenda, e pasámolo de medo.

IAGO CONTOUNOS UN CONTO by Slidely Slideshow
martes
DÍA DA POESÍA
Para conmemorar esta data, o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria prepararon o recitado dalgúns poemiñas, xunto coas súas profes Cristina e Paula.
Preparáronse moi a fondo, como podedes ver no vídeo que recolle esta marabilloso momento.
Unha vez máis darlles os nosos parabéns.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Un ano máis, este 8 de marzo quixemos homenaxear ás mulleres traballadoras e seguir a denunciar as desigualdades que aínda están vixentes.
Foi a través do teatro, do cómic e da elaboración de carteis e debuxos como o celebramos.
Carla e Eli, de 6º de Primaria (xunto co apoio de todos os seus compañeir@s e do esforzo da súa profe Begoña) prepararon esta pequena representación teatral, que fixo as ledicias de tod@s.
O cartel que conmemoraba o día foi unha historieta de "Vida de nai" , cómic de Gemma Sesar, Ramón Marcos e Jorge Castelli, editado en El Patito Editorial, do que temos un exemplar na bilioteca.
Clicando na imaxe accederedes á reseña que deste cómic fixeron no blog "Trafegando Ronseis", blogue de referencia de moitas bibliotecas escolares de Galicia (e doutras partes do mundo).
Estes son os carteis que en 6º elaboraron.

MÁIS SOBRE O DÍA DE ROSALÍA 2015
Ás Rosalías de cen follas, poliédricas e complexas. Intimistas e sociais, populares e cultas, melancólicas e valentes, sensibles, feras, costeiras e do interior, nais e fillas, mulleres, homes, nenas, presentes e emigrantes... Todas pespuntadas á mesma alma poeta. Rosalía sempre!
Texto extraído da páxina da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) do seu manifesto 2015.
Esta é a nosa homenaxe e unha das nosas contribucións para este día.
Eu tamén son Rosalía. Parte I
EU TAMÉN SON ROSALÍA by Slidely Slideshow
Eu tamén son Rosalía. Parte II
EU TAMÉN SON ROSALÍA by Slidely Slideshow
luns
ENTREGA DE PREMIOS DO 3º CONCURSO DE CARTAS DE AMOR
biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O 24 de febreiro, celebramos un ano máis o día de Rosalía de Castro.
Entre outras actividades que se fixeron nas diferentes aulas, xuntámonos tod@s na biblio para celebralo en xuntanza.
Primeiro visionamos este precioso vídeo
Despois os nenos e nenas de 4º de Primaria recitaron algúns dos seus poemas.. e fixérono así de ben:
biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow
Entre outras actividades que se fixeron nas diferentes aulas, xuntámonos tod@s na biblio para celebralo en xuntanza.
Primeiro visionamos este precioso vídeo
Despois os nenos e nenas de 4º de Primaria recitaron algúns dos seus poemas.. e fixérono así de ben:
biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow
UNHA HISTORIA DE AMOR
Esta "curtametraxe" foi nominada aos Oscar na categoría de “Mellor Curtametraxe Animada” no ano 2009 aínda que non levou o premio.
Foi dirixida por Konstantin Eduardovich Bronzit , un dos máis afamados directores e animadores rusos.
Esperamos que pasedes un gran rato con esta bonita e tenra historia de amor... Porque o amor pode chegar e xurdir onde e cando menos o esperas...

3º CONCURSO DE CARTAS DE AMOR
Un ano máis puxemos en marcha o "Concurso de cartas de amor".
Como en anos anteriores enviamos unha circular ás casa animando a pparticipar a toda a comunidade educativa, puxemos carteis anunciando a actividade e colocamos na entrada os "buzóns" onde deixar as cartas elaboradas.
Aquí tedes as fotos das cartas presentadas. MOITAS GRAZAS A TOD@S OS PARTICIPANTES.
En datas próximas faremos a entrega de premios, trala deliberación do xurado.
Non vos preocupedes, deixaremos aquí constancia dos premiados e dos premios.

3ºCONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2015 by Slidely Slideshow
DÍA DOS NAMORADOS 2015
Este ano, ademais de celebrar o "3º Concurso de cartas de amor", reunimonos todos e todas na biblio para escoitar unha pequena escolma de poemas de amor.
LECTURA DE ÒEMAS POLO DÍA DOS NAMORADOS by Slidely Slideshow
E aquí tedes os poemas desta escolma, con enlaces para poder escoitar aqueles que teñen versións musicais.
Todos os poemas escollidos estaban pegados no taboleiro da entrada, ademáis cada quen podía coller aqueles que máis lle gustaron para levar para casa ou para agasallar a quen quixeramos.
Participaron na lectura compañeiros e compañeiras de todos os cursos de Primaria que o fixeron moi, pero que moi ben.
De despedida Pulpi agasallounos cunha gominola en forma de corazón.
A quí tedes as fotos:
LECTURA DE ÒEMAS POLO DÍA DOS NAMORADOS by Slidely Slideshow
E aquí tedes os poemas desta escolma, con enlaces para poder escoitar aqueles que teñen versións musicais.
domingo
ENTROIDO 2015
Un ano máis festexamos estas datas cos "Mandados de Pulpi".
Para o Luns tratábase de levar unha bata de casa.
E o Mércores a cara pintada.
E unha barriga ben gorda HABÍA QUE LUCIR O XOVES. Porque como sabedes, o xoves é o día no que degustamos todos eses postres de Entroido que traedes os que participades nesta actividade que se propón dende Normalización Lingüística, e así podiamos disimular mellor todo o que merendamos!.
Por certo se alguén quere a receita non ten máis que pedila, xa que antes de traer os postres traedes as receitas por escrito e témolas a bo recaudo!
E o venres disfrazámonos de PROFESIÓNS, pero cun disfraz argallado na casa. Tratábase de recuperar as nosas tradicións e ademáis educar no bo consumo.
E así de guapos e guapas lucimos:
Para o Luns tratábase de levar unha bata de casa.
Para o Martes "algo na cabeza".
E o Mércores a cara pintada.
E unha barriga ben gorda HABÍA QUE LUCIR O XOVES. Porque como sabedes, o xoves é o día no que degustamos todos eses postres de Entroido que traedes os que participades nesta actividade que se propón dende Normalización Lingüística, e así podiamos disimular mellor todo o que merendamos!.
Por certo se alguén quere a receita non ten máis que pedila, xa que antes de traer os postres traedes as receitas por escrito e témolas a bo recaudo!
E así de guapos e guapas lucimos:
xoves
CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ
Un ano máis, e da man de Pili, a profe de Educación Física, participamos na carreira solidaria que propón a ONG Save the Children.
E coma en anos anteriores participou todo o alumnado do Centro, e tamén Alberto, o conserxe.
Por cada volta percorrida os amigos e familiares de cada neno e nena aportarían unha cantidade previamente acordada. A totalidade dos cartos recollidos envíanse a esta ONG, para a actividade que denominan KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE, Trátase da XI edición adicada nesta ocasión aos dereitos dos nenos e nenas de Mali.
Foi coma sempre, unha actividade moi divertida e gratificante da que sempre quedamos moi satisfeit@s.
Aquí tedes uns retallos da xornada.

CARREIRA SOLIDARIA by Slidely Slideshow
OLLA O BO QUE HAI EN MIN
O profe Roberto tróuxonos a idea desta actividade. Cada persoa do Centro levou dúas planillas. Unha para que a nosa familia escribise 3 cualidades boas sobre nós mesmos, e outra onde nós deberiamos escribir tres boas calidades dalgún outro ao azar.
Logo colgáreonse os papeis polos corredores, onde tod@s os podemos lere comprobar que todas as persoas sempre teñen algo positivo para compartir cos demáis.
Aquí tedes unha presentación que recolle algúns exemplos.

OLLA O BO QUE HAI EN MIN (CON SON)
More presentations from bibliofranza
MÁIS SOBRE O NOSO DÍA DA PAZ
Na Biblioteca reunímonos todos para coñecer a historia de "Cuerdas"un cortometraxe dirigxdo por Pedro Solís García. Gañador do Goya á Mellor Curtametraxe de Animación 2013.
"A película, repleta de matices, narra unha tenra historia de amizade entre dous nenos moi especiais pero tamén é unha obra que fala de valores e ilusións e que é capaz de cautivar ao espectador dende que aparece na pantalla o primeiro fotograma e se escoita a primeira nota musical ata os agradecementos finais." (Extraído do facebookc do corto).

(Imaxe obtida no faceboock de Cuerdas)
Pero antes o alumnado de Primeiro recitounos unha preciosa poesía.
"Cantarela dos nenos" foi o poema que escolleron coa súa profesora Cristina, e recitaron moi, moi ben. (Clicando no enlace podedes ler o poema e escoitar a canción que o grupo "A Virada" fixo con este poema orixinal de Xosé Neira Vilas e Xico de Cariño)
Noutra sesión o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria coñeceron "A historia de Erika" porque é unha historia sobrecolledora sobre as consecuencias da guerra e sobre o amor...
Ademais propiciou o debate entre o alumnado e a posibilidade de coñecer moitas cousas que descoñecían sobre a Segunda Guerra Mundial. Historias que convén no olvidar.

Imaxe obtida en: Editorial Kalandraka
Ademáis fixemos adornos varios nas distintas aulas e algúns decoraron a entrada do Cole.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)