xoves

CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ

Un ano máis, e da man de Pili, a profe de Educación Física, participamos na carreira solidaria que propón a ONG Save the Children.
E coma en anos anteriores participou todo o alumnado do Centro, e tamén Alberto, o conserxe.
Por cada volta percorrida os amigos e familiares de cada neno e nena aportarían unha cantidade previamente acordada. A totalidade dos cartos recollidos envíanse a esta ONG, para a actividade que denominan KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE, Trátase da XI edición adicada nesta ocasión aos dereitos dos nenos e nenas de Mali.
Foi coma sempre, unha actividade moi divertida e gratificante da que sempre quedamos moi satisfeit@s.
Aquí tedes uns retallos da xornada.

CARREIRA SOLIDARIA by Slidely Slideshow

Ningún comentario:

Publicar un comentario