xoves

MÁIS SOBRE O NOSO DÍA DA PAZ

Na Biblioteca reunímonos todos para coñecer a historia de "Cuerdas"un cortometraxe dirigxdo por Pedro Solís García. Gañador do Goya á Mellor Curtametraxe de Animación 2013.

"A película, repleta de matices, narra unha tenra historia de amizade entre dous nenos moi especiais pero tamén é unha obra que fala de valores e ilusións e que é capaz de cautivar ao espectador dende que aparece na pantalla o primeiro fotograma e se escoita a primeira nota musical ata os agradecementos finais." (Extraído do facebookc do corto).



(Imaxe obtida no faceboock de Cuerdas)

Pero antes o alumnado de Primeiro recitounos unha preciosa poesía.
"Cantarela dos nenos" foi o poema que escolleron coa súa profesora Cristina,  e recitaron moi, moi ben. (Clicando no enlace podedes ler o poema e escoitar a canción que o grupo "A Virada" fixo con este poema orixinal de Xosé Neira Vilas e Xico de Cariño)






Noutra sesión o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria coñeceron "A historia de Erika" porque é unha historia sobrecolledora sobre as consecuencias da guerra e sobre o amor...
Ademais propiciou o debate entre o alumnado e a posibilidade de coñecer moitas cousas que descoñecían sobre a Segunda Guerra Mundial. Historias que convén no olvidar.




Imaxe obtida en: Editorial Kalandraka 


Ademáis fixemos adornos varios nas distintas aulas e algúns decoraron a entrada do Cole.












Ningún comentario:

Publicar un comentario