luns

NOVO MOBILIARIO . RINCÓN CREATIVO NA BIBLIO

Estamos a completar a creación do novo rincón creativo e inclusivo da nosa biblio.

Para iso estamos a mercar diverso mobiliario e materiais específicos grazas á dotación recibida por pertencer  ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) , por entrar a formar parte este curso do Proxecto Bibliotecas Creativas no seo do PLAMBE (no que recibimos formación específica e catro Escornabots) e pola dotación económica percibida dende a Consellería de Educación para camiñar cara a unha Biblioteca 100% inclusiva.

Aínda non temos mercado todos os materiais necesarios pero isto xa vai collendo forma e as posibilidades que oferta o novo espazo son magníficas. Ademais conseguimos que esta zona tamén poida ser despexada facilmente cando a nosa biblio convértese en Salón de Actos, pola disposición do mobiliario e pola facilidade da súa retirada (rodas nalgúns mobles, mobiliario resistente pero lixeiro...)





Esta foi a nosa primeira adquisición de mobiliario. É o único que non se moverá do seu lugar nas festas e conmemoracións. Dalgunha maneira delimita o espazo, permite a vixiancia da zona dende a mesa de xestión e non interrumpe a vivibilidade dos futuros espectadores que ahí se sitúen nos festivais do cole.
Ademais ofrece un amplo espazo de almacenamiento tanto aberto para a súa rápida accesibilidade como pechado para aqueles materiais que así o precisen.
Nun futuro colocarémoslle un mesado un pouco máis ancho para convertilo máis axeitadamente nunha zona de traballo con diferentes materiais, que de feito xa o é coa adquisición de taburetes altos que permiten utilizalo de superficie de traballo.
Quitamos as cortiñas que había e estamos a confeccionar estores brancos para non restarlle luminosidade á zona.





Logo adquirimos os taburetes altos, as sillas e as mesas para traballar nesta zona.
O moble de cartolinas que se ve á dereita non quedará aquí. Haberá no seu lugar un carriño para achegar os materiais ás diferentes mesas que se utilicen nun momento dado.



Aquí, á esquerda das mesas podedes ver un moble expositor de chucherías que mercamos de segunda man e que colocaremos no lugar onde se ven agora as mesas máis baixas que xa tiñamos.
Os contenedores de metacrilato con tapa permitirán gardar materiais pequenos, facilitar o seu acceso e organización e sobre todo visibilidade. As portas corredeiras inferiores pechan un amplo espacio de almacenaxe que tamén resultará de utilidade. Ademais estamos a poñerlle rodas para podelo desprazar facilmente cando así se precise e instalaremos na súa traseira planchas de Lego para permitir traballar con este material en vertical, axudándonos duns taburetes baixos que mercamos para este fin e caixas plásticas con rodas para achegar o material Lego á esta zona.
A nova colocación "pechará" esta zona, pero ao tempo a deixa aberta a expandirse polo resto da biblioteca se é necesario.

Tamén mercamos unha pizarra branca magnética para convertila nun taboleiro para os escornabot. Colocarémoslle cintas negras remobibles para adaptar o taboleiro a novas posibilidades (xiros diferentes, avances diferentes...). Permitirá asimesmo que o propio alumnado deseñe os seus propios taboleiros e traballar contidos tales como a Educación Vial, cálculo matemático, xeometría...... por medio deste robot educativo (e outros)
(Aínda non temos fotos).


Ningún comentario:

Publicar un comentario