luns

HORA DO CONTO NAS LETRAS GALEGAS 2019

Para esta edición da "Hora do Conto", despois de ver o vídeo que nos gravaron recitando a Rosalía de Castro no Seixo,  traballamos coa biografía do homenaxeado dun xeito moi especial.

O mes pasado, con motivo do Día do Autismo, visonamos un precioso vídeo de María Fumaça, (Faceboock), do álbum "As Que Máis Molan" titulado "Nun mar azul", no que a letra da canción aparece na pantalla con pictogramas.

Como queriamos que o noso alumnado se afixera a este tipo de escritura e atopamos na rede dúas biografías de Antón Fraguas así redactadas (sentimos non poder poñer aquí a autoría dos traballos, pois non a atopamos), montamos un Power Point con elas, pero tapando algún dos significados. Proxectámolo na pantalla da biblio e a fomos lendo.
Nas primeiras diapositivas tapábamos unhas poucas, pero nas seguintes, e sobre todo daquelas palabras que xa víramos nas anteriores, o texto tapado era cada vez maior.

A verdade é que foi unha actividade que gustou moito, pois era como un xogo de adiviñas no que ademais pensamos que o básico da biografía de Fraguas quedou gravado no alumnado en maior medida que de utilizar outros métodos para traballala. Tamén nos pareceu moi interesante (e por iso o fixemos así) que o alumnado coñeza máis sobre a diversidade e as diferentes discapacidades e aprenda a ser máis respectuoso cos demais.

Aquí vola deixamos en pdf por se queredes volver a "xogar" a ler en pictogramas.

Se alguén se recoñece como autor/autora destas biografías que por favor nolo faga saber e as retiraremos se así o desexa ou mencionaremos aquí o seu nome. (bibliofranza@gmail.com)










Ningún comentario:

Publicar un comentario