domingo

FACEMOS UNS MAIOS PRECIOSOS


Chegou a festa dos maios. E un ano máis a Asociación cultural Apelón, sempre moi activa, ofreceunos colaboración para celebrar esta festa tradiconal.
Eles aportarían os armazóns dos maios así como unha pequena merenda (froita e auga). Tamén, e grazas ao concello, contariamos co Grupo de Gaitas Trouleada que nos acompañaría durante a celebración.
E tivemos a grande sorte de que facía bo tempo, así que por primeira vez puidemos celebras a festa na exterior.
Escollimos o Parque da Regueira, así que saímos do cole, cargados coas nosas flores e cos instrumentos que utilizariamos, baixando polos camiños que nos achegan máis ao mar animados pola música e polo bo tempo que facía.
Ao chegar comenzamos a colocar as flores nos maios. Un máis pequeno e con forma de hórreo para os máis novos do cole e outro máis grande para os maiores.

 Aquí podedes ver que ben o pasamos:


Ningún comentario:

Publicar un comentario