E para rematar a festa non podía faltar a Danza.
5º e 6º preparou na clase de música unha preciosa danza de paus (por certo, de elaboración propia).
Este ano ademais tivemos a sorte de contar co tempo suficiente para poñernos de acordo co grupo de gaitas sobre a música que utilizariamos e puidemos bailar coa música en directo.
A influencia casi máxica que a música, a danza, a paraxe e o bo día causou en todas e todos pode verse claramente nas caras de todos os participantes, que volveron ao cole felices pola xornada estupenda da que disfrutamos e tamén sempre acompañados por Trouleada.
MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS OS/AS QUE
FIXERON POSIBLE ESTES MOMENTOS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario