Unha vez rematados os maios, as nenas e nenos de 4º cantaron xunto coa profe de música a copla que eles mesmos compuxeron para a ocasión utilizando unha coñecida melodía tradicional galega.
Os da Asociación Apelón traía tamén megafonía por se era necesario, pero a paz do lugar e o bo facer d@s cantantes era tal, que non fixo falta.
Así de bonito soaban.
Tamén se apuntaron á festa algunhas familias e representantes do Concello aos que agradecemos a sua presencia.
Pensamos que tamén disfrutaron moito da nosa celebración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario