luns

LETRAS GALEGAS E A ASOCIACIÓN CULTURAL APELÓN

Non nos cansamos de agradecer todas e cada unha das propostas que a Asociación Cultural Apelón nos trae ao centro.

É unha inmensa sorte a de contar con eles nun montón de actividades educativas e merecen toda a nosa admiración. Non só polo que aportan ao colexio (e a outros do concello) senón por todas as iniciativas que levan a cabo durante todo o ano en Mugardos. Non tedes máis que mirar o seu Twitter para comprobalo, ou ler o número 0 da súa revista dispoñible en ISSU aquí.

Pois nesta data dixéronnos que ían traer uns globos de agasallo para o alumnado, e así foi.
Pero ... Vaia globos!!!! Non o podiamos crer!!! O noso Pulpi en azul e branco!!!
Unha pasada!!!

Metímolos todos nun aula (a biblio aínda estaba ocupada polo alumnado (Hora do Conto) e cada nena e cada neno foi recollendo o seu. Na aula deberían escribir no globo unha palabra galega que lles gustase, Logo gravariamos un vídeo no que cada nena e cada neno diría a súa palabra á cámara levando ao seu Pulpi inchable consigo.
Así foi:



Ademais de os globos, A asociación Cultural Apelón deixou dous exemplares do novo número da súa revista Albela, e unha vez mais espertan a nosa admiración polo traballo tan ben feito que están a realizar.






Ningún comentario:

Publicar un comentario