domingo

4º LE A E. INFANTIL

Esta actividade naceu de xeito espontáneo pola iniciativa dun grupo de nenas de 4º de Primaria.
Pediron se podían, durante a "Hora de ler" baixar á aula de E. Infantil para contarlle contos aos pequenos e pequenas.
E por suposto que lles dimos permiso. Só lles pedimos responsabilidade e preparación previa.
E así o fixeron. Primeiro seleccionaron contos na biblioteca. Algúns escolléronnos elas mesmas porque xa os coñecían e outros aceptaron as suxerencias da responsable de biblioteca.
Para a primeira sesión, ademais de preparar a lectura elaboraron elas mesmas uns pequenos agasallos para cada pequen@.
Fixéronno moi ben, sabendo captar a atención en todo momento (case a de todo o alumnado de Infantil) e cunha lectura ben articulada e clara. Repartiron os seus agasallos, pero a aquel@s que non atenderon ao conto deixáron o agasallo para a vindeira sesión, na que deberán amosar que saben cumprir as normas.
Dado o éxito da iniciativa algún compañeiro da clase uniuse a elas na súa iniciativa.


Preciosa iniciativa chic@s!!!
Moitas grazas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario