venres

XINCANA FIN DO PROXECTO "ISTO PINTA BEN"

 No último día de clase organizamos unha xincana na que poñer a proba parte do aprendido durante o curso no noso proxecto de pintura galega "Isto pinta ben".

Para iso xuntámonos na biblio tod@s co obxecto de explicala e facer os equipos que incluían alumnado de cada clase.


Así sería a Xincana.

Cada equipo tiña que superar 6 probas. Cada proba superada debería ser comprobada e cuñada na plantilla do equipo polo xurado.

A primeira proba sería unha sopa de letras e realizaríamola tod@s a un tempo no patio. Despois cada equipo podía dirixirse á proba que quixese no lugar que se indicaba co obxecto de completalas todas antes que o resto de equipos.




INSTALACIÓNS













PRIMEIRA PROBA 








A partir desta proba cada grupo nunha proba diferente!



3ª PROBA

licade na imaxe se queredes volver a pasar a proba














Así foi a proba musical!







Cando un equipo rematou todas as probas deuse por finalizada a xincana e reunímonos tod@s de novo para a enmtrega de premios.













PARABÉNS AO EQUIPO GAÑADOR!!








TRABALLANDO CO CÓMIC

 En 5º, na área de plástica traballaron sobre o cómic e sobretodo coas onomatopeas, co resultado elaboraron esta exposición no corredor do centro.






XOGOS EN BEIRAMAR

 Como "excursión de fin de curso" optamos por organizar xogos para tod@s en Beiramar, a onde podiamos chegar a pé e pasar unha mañá estupenda.

Para os xogos contamos con "La Guagua" empresa de animación e servizos que organizaron xogos diferentes para cada unha das dúas sesións que celebramos.

O alumnado de E. Infantil e 1º e 2º de E. Primaria baixamos directamente a Beiramar, pero o de 3º, 4º, 5º e 6º fixeron unha andaina pola contorna antes de chegar pois os xogos para eles celebraríanse cando rematasen os do primeiro grupo.

Ao chegar os máis pequenos aínda non estaban montados os xogos, pois chegamos antes da hora acordada, así que estiveron xogando un ratiño no campo. Despois dos xogos merendaron, mentras os maiores participaban nos xogos.

Despois houbo tempo para que tod@s puidesen xogar xuntos antes de volver a péao cole.

Para non aburrirnos escollimos outro camiño diferente.

Pasámolo xenial!


xoves

MERCADILLO SOLIDARIO CON UCRAÍNA

 A empresa solidaria que montou o alumnado de 6º e da que vos informamos unhas entradas atrás rematou a producción e puxo en marcha o proceso de venda do produto para enviar os beneficios recadados a Ucraína a través da ONG Save The Childrens".

O día sinalado, dende primeira hora empezaron os preparativos e como o tempo non acompañou houbo que celebralo na entrada do cole.

Había un tempo para que fose o alumnado do centro o primeiro en facer as súas compras e logo abriuse o mercadillo á comunidade que quixo contribuír.

Foi un éxito de vendas e como na produción colaboraron 3º, 4º, 5º e 6º a alegría foi contaxiosa.

Parabéns a tod@s por este magnífico traballo!


martes

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA, MÚSICA E XOGOS PARA O VERÁN E O RESTO DO ANO

 Deixámosvos aquí as nosas recomendacións de lectura, música e xogos para o tempo de lecer.

Cada unha das suxestións foi minuciosamente escollida pensasndo en vós e buscando unha calidade fóra de toda dúbida nos textos, nas ilustracións, nas músicas, nos xogos...

Mirádeas e escollede ben. De seguro vos farán pasar ratos inesquecibles e ademais seredes propietari@s dun verdadeiro tesouro.


domingo

O PROMETIDO É DÉBEDA

 Pois aquí tedes o noso vídeo dos obradoiros STEAM realizados e dos que xa vos informamos dúas entradas máis abaixo.


xoves

PARA PRACTICAR A CANCIÓN DE FREDERICK

 Esta entrada é só para as nenas e nenos de 5º de Primaria, para que poidan practicar esta canción que forma parte da súa actuación de fin de curso.

Clicade na imaxe e accederedes ao audio.

Podédelo descargar e así non tedes que entrar sempre a INTERNET




martes

OBRADOIROS BIBLIOTECA CREATIVA

 Como sabedes a nosa biblioteca forma parte do Programa Bibliotecas Creativas que ten por obxecto apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos no seo das bibliotecas escolares. 

Para levar a cabo as actividades do Proxecto recibimos dotación orzamentaria que neste curso escolar debería empregarse en obradoiros creativos para o alumnado.

Foron as monitoras e monitores de  e-makers Lab quen organizaron dúas xornadas de obradoiros simultáneos para todo o alumnado, con 4 estacións ben diferenciadas polas que ían rotando en pequenos grupos.

Carpinteiría, electrónica, robótica, realidade virtual, drones e coches teledirixidos con gafas especiais que fan que o piloto sinta coma se fose no coche que dirixe cos mandos... fixeron as ledicias de tod@s.

As monitoras e monitores fixeron gala dun moi bo "saber facer" e conquistaron a todo o alumnado. Unha marabillosa experiencia que agardamos tivese servido para espertar a curiosidade e/ou afición polo mundo maker.

OBRADOIRO DE DRONES

Aprenderon a pilotar un dron aéreo e outro terrestre. A través das gafas FPV puideron pilotar ambos drones en primeira persoa xa que levan unha cámara incorporada e @s compañeir@s visualizaron na pantalla o que estaba a ver @ piloto.

SECCIÓN INVENTOS

Facendo combinacións entre unha grande cantidade de sensores (luz, son, cor, presencia, distancia, tacto...) e actuadores (motores, luces, pantallas, altavoces...) construíron aparatos diferentes: timbre sen contacto, medidor de humidade, lámpara regulable...

EXPOSICIÓN DE OBXECTOS 3D

Variedade de obxectos impresos en 3D para coñecer a posibilidades que este recurso pode ofertar.

OBRADOIRO DE CARPINTEIRÍA

Traballaron coa máquina Playmake, obradoiro 4 en 1. Unha máquina que permite ter unha serra de calar totalmente segura para @s nen@s, un torno, taladro ou unha amoladora.

Traballaron co torno e coa serra de calar, facendo puzzles e pezas artísticas lixando e decorando o resultado.

XOGOS DE PROGRAMACIÓN E ROBÓTICA

De chan e con pequenos robots e actividades diferentes segundo a idade do alumnado.

EXPERIENCIA CON GAFAS DE REALIDADE VIRTUAL

Experiencia sorprendente de Grafiti en 3D.

Aquí tedes un resumo da xornada

En breve outro vídeo con todas as imaxes que tomamos durante os obradoiros para que disfrutedes de novo. De momento está na cociña e a cociñeira moi ocupada.

venres

SAÍDA A FERROL DE TODA PRIMARIA

Por fin fomos de excursión!!!

Toda a Primaria (E. Infantil vai outro día  e a outro sitio) fomos a Ferrol. O alumnado de 4º, 5º e 6º baixou do autobús en Canido para visitar as súas famosas Meninas, coas que xa traballaran na clase. Mentres 1º,2º e 3º visitaba a exposición "Indómitas. Historias que abren camiños" na sede de A Fundación Abanca,. Unha visita guiada na que traballaron a igualdade de xénero presentando mulleres galegas que foron pioneiras nos seus ámbitos. Reunímonos tod@s outra vez no Antón de Molins para merendar e xogar no seu parque.

Seguidamente, mentres o grupo de maiores visitaba a exposición (cunha dinámica activa axeitada á súa idade) @s máis pequen@s visitaron Exponav, o museo naval de Ferrol.

Así foi e así volo contamos:


DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS

 O 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos que ten como propósito informar sobre o impacto dos humanos neles, desenvolver un movemento mundial de apoio e unir á población nun proxecto para a xestión sosotible dos nosos mares. 

"El océano cubre más del 70% del planeta. Es nuestra fuente de vida y sustento de la humanidad y de todos los demás organismos de la tierra.

Prueba de ello es que el océano produce al menos el 50% del oxígeno del planeta, alberga la mayor parte de la biodiversidad de la tierra y es la principal fuente de proteínas para más de mil millones de personas en todo el mundo. Además resulta clave para nuestra economía, ya que se estima que, para 2030, habrá en torno a 40 millones de trabajadores en todo el sector relacionado con los oceános.

Sin embargo, a pesar de todos sus beneficios, necesita más apoyo que nunca.

Con el 90% de las grandes especies marítimas de peces mermadas y el 50% de los arrecifes de coral destruidos, estamos extrayendo más del océano de lo que se puede reponer. Debemos trabajar juntos para crear un nuevo equilibrio en el que no agotemos todo lo que este nos ofrece, sino que restauremos su vitalidad y le devolvamos una nueva vida."

Fuente: Naciones Unidas


Se queres saber máis clica na imaxe para acceder á páxina web do Día dos Océanos 2022

No cole non quixemos deixar pasar este día xa que, en todo caso, vivimos á beira do mar.
Para iso, ademais de traballar o significado desta data que debe ter proxección constante elaboramos este marabilloso mar no taboleiro do corredor.




mércores

SEGUIMOS A TRABALLAR COA PINTURA GALEGA

Este é o traballo que se están a facer o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.

Fixeron unha escolma de pintoras e pintores galegos e cadaquén escolleu o cadro que máis lle gustaba para versionar.

Co cadro na pantalla do ordenador foron facendo a súa réplica. Posteriormente póñenlle un marco de cartón ondulado á súa creación desenvolvendo así outras habilidades plásticas e xeométricas (esquinas).  Aínda non están todos acabados porque isto leva o seu tempo pero xa vos podemos ofrecer unha pequena mostra.

EXPLORANDO O MUNDO QUE NOS RODEA

 Coas novas Lupas-Microscopio para móviles e tablets podemos facer fotos tan misteriosas, atractivas e artísticas coma estas que fixeron en 6º.