mércores

TEATRO NO NADAL

Unha vez máis a profe Begoña agasallounos cunha representación teatral.
Nesta ocasión as rapazas e rapaces de 5º interpretaron "Na consulta do doutor", unha pequena comedia teatral coa que todos disfrutamos moitísimo.
Para que podades vela unha e outra vez aquí vola deixamos.

MOITAS GRAZAS Á PROFE E AOS ACTORES!!!


luns

PANXOLIÑAS DOS MÁIS PEQUENOS

Estas nenas e nenos están feitos uns artistas.
Aquí podedes escoitar as súas panxoliñas neste Nadal.

DANZA DE NADAL

A danza dáselles ben a estas nenas e nenos de 1º de Primaria. 


PETIT PAPA NOËL.

En segundo de Primaria, ademís de Galego, Castelán e Inglés, tamén lles gusta moito o francés e atrevéronse con esta panxoliña francesa.
Fixéronno moi, pero que moi ben.

LOS COLORES VAN AL PORTAL

Actuación conxunta do alumnado de 1º e 2º, con esta divertida panxoliña que prepararon coa profe Marga.

A RUN RUN

Esta preciosa panxoliña galega é interpretada polos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria.
Amosaron unha vez máis o seu "bo facer" musical.
Parabéns!!!

AS PINGAS

Canción de inverno a cargo das nenas e nenos de 5º e 6º.
Fixeron o "máis difícil aínda", cantar a tres voces totalmente diferentes en letra e melodía.
Este foi o resultado.

domingo

OBRADOIROS DE POLVORÓNS ARTESÁNS

Este curso, grazas á profe Lydia e ao seu home, cociñeiro de profesión, fixemos un obradoiro de polvoróns.
Na clase construimos  unhas caixiñas con cartolina que decoramos ben bonitiñas (cos nosos debuxos e cunha pegatina do noso Pulpi cociñeiro) para levar á nosa casa os polvoróns feitos por nós.
Tamén levamos a receita escrita para podelos facer na casa.
Traballamos moito e pasámolo moi ben. O cole recendía de marabilla...
E aínda que a Lydia e ao seu home lles fixemos un agasallo ( co noso Pulpi) sabemos que non é dabondo para agradecerlles a súa desinteresada colaboración.
Vaia dende aquí esta peque na homenaxe para eles.
MOITAS GRAZAS!!!!!


OBRADOIRO DE POLVORÓNS by Slidely Slideshow

xoves

MÁIS KAMISHIBAI. MÁIS INTERCAMBIOS DE LECTURAS

Seguimos a traballar no intercambio de lecturas entre os diferentes cursos do cole.
Hoxe foron os de 6º (outra vez) os que presentaron o Kamishibai aos de 3º e 4º de Primaria.
Como xa son todos uns expertos neste marabilloso teatriño lector fixéronno moi, pero que moi ben.
En 3º e 4º quedaron sorprendidos e encantados, e xa están desexando utilizalo eles.
Aquí tedes unhas fotos deste máxico momento.


Kamishibai do 5 de decembro by Slidely Slideshow

martes

A HORA DE LER DE 1º E 2º CONTADA EN CÓMIC

No primeiro Ciclo de primaria reúnense a diario na "Hora de ler".
Esta actividade está a resultar moi divertida e motivadora para todos, e non falo só dos alumnos e alumnas.
Se queredes saber máis podedes facer 3 cousas:

1º: Ler o Cómic que fixemos para contalo, e que está no expositor de novidades da biblioteca.
2º: Ler o Cómic na presentación Issu que atoparedes máis abaixo.
3º Mirar o vídeo que fixemos a partir do cómic.



luns

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINICIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER





                                                 (Da Biblioteca Xoán Farias, C.E.I.P. Pazos)


Se buscades a palabra violencia no dicionario, entre outros significados atoparedes:


VIOLENCIA: 

Maneira de actuar na que se fai uso da forza física ou da intimidación moral (asustar ou  facer que alguén sinta temor) contra algo ou alguén.



Cando pegamos, empurramos, golpeamos...as persoas, animais ou cousas estamos empregando a violencia.
pero tamén cando insultamos, ridiculizamos, ameazamos, dicimos a outros que valen pouco ou nada...,


Hoxe falamos da Violencia contra a muller, porque en moitas ocasión a muller é victima de violencia tan só polo feito de ser muller. Paréceche xusto? 


Aínda hai quen pensa que a muller é inferior ao home. 
Aínda hai quen pensa que os homes deben decidir polas mulleres. 
Aínda hai quen pensa que as mulleres son propiedade dos homes.
Aínda hai quen pensa que unha muller non ten os mesmos dereitos que os homes, ou non debería telos....

TODOS E TODAS SOMOS DIFERENTES

PERO IGUAIS EN DEREITOS E OPORTUNI-

DADES!! 





CELEBRANDO O 25 DE NOVEMBRO

Hoxe, para conmemorar este día tan especial reunímonos todos e todas na biblioteca, e a profe Begoña contounos "A historia dos bonobos con lentes".
(Se clicas na imaxe podes ver un anaco do libro)


"Os bonobos comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas cecolectaban comida e criaban a prole. Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar..."












Aquí vos deixo unhas imaxes do momento:




mércores

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS


O Día Universal do Neno e da Nena  celébrase dende 1990, despois de que o texto que o recoñece fora aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989.
 O texto plantexado na Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) era o primeiro instrumento internacional que recoñecía plenamente os dereitos dos nenos e nenas.

Premendo no texto terás acceso a un montón de recursos sobre este día, recopilados polo C.E.I.P. Víctor Sáenz: documentos, xogos, vídeos, cancións...


Pulpi, para vos, escolleu este vídeo, e outro dunha canción moi especial. Agarda que vos gusten tanto como a el.

FELIZ DÍA, NENOS E NENAS DO MUNDO





EL NIÑO DE BEIRUT

LLuis llach, o cantante e compositor desta fermosa canción, conta que a escribiu cando viu no xornal unha foto dun neno cun fusil no medio dunha cidade destruída pola guerra (campamentos palestinos en Beirut, bombardeados durante dous meses, que la ONU calificou de xenocidio).
LLuis canta en catalán, pero vos deixamos a traducción, para que non vos perdades nada do que di na canción. É un canto á paz e aos dereitos dos nenos e nenas, sobre todos daqueles e daquelas que viven en guerra.



 INFANT DE BEIRUT                                                   UN NIÑO DE BEIRUT


No sé prou bé si era tristesa                                                          No sé muy bien si era tristeza
o el dolor antic d’uns ulls d’infant.                                              
o el antiguo dolor de unos ojos de niño.
Però, per un moment, del món va ser el retrat                            
Pero, por un momento, el retrato del mundo fue                   aquella imatge d’un infant de Beirut.                                          aquella imagen de un niño de Beirut.

El fràgil braç, tendra tragèdia,                                                   
El frágil brazo, tierna tragedia,
brandant fusell; mort i bandera.                                              
blandiendo fusil; muerte y bandera.
El cos menut i bru perdent-se en la ciutat,                             
El cuerpo menudo y oscuro perdiéndose en la ciudad,
un nínxol anònim per l’infant de Beirut.                                
un nicho anónimo para el niño de Beirut.

Al cel hi té els Deus del "napalm"                                            
Tiene en su cielo a los dioses del "napalm"
i el tro infernal d’ocells de plata,                                                
y el trueno infernal de pájaros de plata,
en l’horitzó, només, l’exili sempre amarg,                                
en el horizonte sólo el exilio siempre amargo,                        bressol i tomba per un infant de Beirut.                                   cuna y tumba para un niño de Beirut.

Morir a Beirut, morir a Mauthausen,                                    
Morir en Beirut, morir en Mathausen,
el mateix foc en temps distants,                                             
el mismo fuego en tiempos distantes,
mirall glaçat d’un món on ja ningú no respon                     
espejo helado de un mundo en el que ya nadie responde
als ulls immòbils d’un infant de Beirut.                                 
a los ojos inmóviles de un niño de Beirut






domingo

MÁIS SOBRE A HORA DO CONTO

Esta actividade non fai máis que traernos sorpresas moi, pero que moi agradables.

Os nenos e nenas de 5º de Primaria leron  a obra de teatro "Boas Noites" de Paula Carballeira. Pero ademáis de ler moi ben, puxéronlle música ás cancións que aparecían no texto, porque unha canción sen música é menos canción.
Escoitádeos e xa me diredes se non é certo que estas nenas e estes nenos non teñen un grande sentido musical..... Parabéns a tod@s e seguide así.






E os nenos e nenas de 4º agasalláronnos cuns poemiñas recitados con moita profesionalidade, e a lectura duns pequenos contos moi simpáticos.

Fixéronnos pasar un moi bo rato.
Grazas a todos e todas !!!!!



mércores

A VOSA EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Mirade que bonita estaba a exposición de cabazas que trouxestes.
Agardamos que teñades pasado un rato moi agradable preparándoas nas vosas casas.
A Pulpi encantáronlle, e está sorprendido das moitas habilidades, ideas e recursos que amosastes.
Moitas grazas a todos e todas!

Presentación con música de Chill Carrier.


Exposición de cabazas by Slidely - Slideshow maker