martes

UN MAGO NO COLE

Aquí vos deixo un vídeo coas fotos da actuación do mago Crystyan Magic no cole.

GRAZAS Á ANPA, POR ESTE AGASALLO TAN FERMOSO!!!!!!

Pasámolo de marabilla!


sábado

EXPOSICIÓN O HUMOR E OS DEREITOS DA INFANCIA

Cedida polo Museo do Humor, do Concello de Fene, tivemos no cole unha exposición moi especial.
Trátase dunha exposición colectiva, na que unha serie de autores trata o tema dos dereitos dos nenos dende o humor, aínda que moitas veces dende un humor ácedo, negro e sempre co obxectivo de denuncia de como eses dereitos non son respectados.

No cole traballamos con ela a través de diferentes actividades.
A visita por grupos comentando o que se veía e o que entendiamos sobre todos e cada un dos cadros da exposición xa foi de por sí unha actividade moi productiva, na que comprobamos unha vez máis a facilidade dos nenos e nenas para conectar con este tripo de linguaxe.

Ademáis o Equipo de Actividades Extraescolares do Centro elaborou un dosier de traballo sobre a exposición para cada un dos ciclos de Primaria, no que afondaba no coñecemento dos autores, do tipo de linguaxe utilizado e sobre os artigos da Declaración dos Dereitos dos nenos e nenas.

Ao alumnado resultoulle especialmente divertido e motivador saír das aulas para traballar nos corredores.

Aquí podedes ver unha proba deses momentos.



biblioteca franza's Slidely by Slidely - Slideshow videos

LETRAS GALEGAS 2013

Resolver adiviñas para atopar o nome dun escritor ou escritora das nosas letras, descifrar mensaxes cun descifrador especial, facer cálculos mentais para, aplicando un código numérico, atopar un nome, buscar eses nomes e a súa caricatura para pegalos, xogar cuns cubos para, buscando a información precisa, completar 6 datos diferentes.... foron algunhas das divertidas actividades que realizou o noso alumnado na biblioteca con motivo do Día das Letras Galegas.

A actividade foi todo un éxito, xa que traballaron moito, pero en equipo, e dunha maneira moi divertida. ademáis aprenderon algo máis sobre algúns dos homenaxeados das nosas letras.


mércores

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO NA BIBLIO

A editorial Anaya agasallounos coa visita do escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano.
Este curso o alumnado de 1º e 2º de Primaria leu o seu libro " A pedra e as formigas". En 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria leron  "O nacamento de Nunavut", publicación na que Jacobo é o ilustrador.
Estabamos moi impacientes por recibilo porque xa hai tempo que sabemos que nos visitaría e a verdade é que as nosas espectativas quedaron amplamente satisfeitas.
Foi unha visita moi, moi,moi entrañable e interesante. Jacobo amosou unha grande profesionalidade e un trato escepcional cos rapaces e rapazas.

Se clicades nas imaxes podedes acceder aos seus blogues.









Para recordar esta visita deixamos aquí esta presentación . Disfrutádea!


Visita Jacobo Fdez.


More PowerPoint presentations from bibliofranza
Música David Löhstana. Jamendo.com.

CONTANDO CONTOS EN ABRIL

Durante o mes de abril, mes dos libros, contamos coa colaboración de pais e nais que aceptaron a nosa oferta de vir contar un conto ao cole.
Aquí tedes un resumo do resultado.

María Pérez, nai de Carla, ofreceuse para contar un conto aos máis pequenos.
Escolleu "A eiruga glotona", e foi todo un acerto.
Gustou moito ao público de Educación Infantil, que ademais andaban a traballar co tema na aula.





Tamén quixo contar un conto ao 2º e 3º Ciclo de Primaria. Nesta ocasión escolleu "Babaiaga", que tamén fixo al ledicias de todos.

By Slide.ly - SlideShow Maker


Xurxo Gago, pai de Blanca, ofreceuse a contar un relato escrito por el : "O Carballo Máxico". Preparou a exposición xunto á súa filla e acompañouna con fotos reais do carballo do relato e outras relacionadas coa trama ademais de música axeitada de fondo.
Se clicas nas imaxes poderás acceder aos seus blogues, onde ten subidos outros moitos escritos da sua autoría.


Aquí tedes o vídeo deste momento.
Agardamos que vos guste moito.

By Slide.ly - SlideShow Maker



Tamén colaborou con nós Mónica, a nai de Nico. Esta non era a súa primeira vez ( xa o fixo hai dous cursos) e o alumnado o recordaba.
Escolleu un conto en INTERNET, que gustou moito ao noso alumnado.
Tamém falou da "maxia" dos contos, que ofrecen a posibilidade de vivir vidas e emocións sen saír da casa.
Dámoslle tamén as Grazas.


By Slide.ly - SlideShow Maker


Seína, a nai de Icía, temén respondeu ao noso chamamento e contounos a todos o conto que escolleu Icía. "Rodribico vai ao circo".
Aquí vos deixo unha presentación dese momento como agradecemento pola súa colaboración.



By Slide.ly - SlideShow Maker


Temén quixo participar Zaida Guerrero, nai de Lorena e Fátima, que ademáis de escoller e preparar os contos que lería fixo un precioso cartel dunha das ilustracións, para acompañar o seu relato.
Dende logo ten moita arte.Mirade a presentación e xa nos diredes!
Moitas grazas!

By Slide.ly - SlideShow Maker

xoves

OS PADRIÑOS CONTAN CONTOS

Con motivo do día do libro, un ano máis, os alumnos e alumnas de 2º ata 6º de Primaria fixeron de "padriño ou madriña contacontos" , sendo os seus afillados e afilladas os nenos e nenas das aulas de educación Infantil e de 1º de Primaria.
Para ese día cadaquén elaborou un marcapáxinas moi orixinal para agasallarse mutuamente.
A sorpresa era total para os afillados e afilladas xa que non sabían quen era o seu padriño ou madriña, nin que conto lles ían contar.
Chegado o día agardaban impacientes nas súas aulas. Impacientes e algo nerviosos.
Por fin os padriños e madriñas os foron buscar e os acompañaron ata o lugar do colexio que escolleran para a ocasión.
Durante o tempo marcado para a actividade os padriños e madriñas leron o conto escollido por elles ao seu afillado/a, ensináronlles as ilustracións, falaron do conto e da historia, contestaron ás preguntas que lles fixeron e tamén propuxeron intercambiar os papeis, e que os pequenos e pequenas lles contasen o conto a eles.
Foi, coma en anos anteriores, unha actividade moi satisfactoria e que sembrou a escola de rincóns de lectura e de momentos especiais de convivencia.
Calquera sitio serve para contar e escoitar un conto se o conto así o merece.
Aquí tedes imaxes deste día tan especial.
Grazas a todos e todas!

By Slide.ly - SlideShow Maker

mércores

REUNIÓN NA BIBLIOTECA

O pasado 3 de abril recibimos na biblioteca a visita de compañeiros e compañeiras que traballan nas bibliotecas escolares da zona de Ferrolterra.
Foi unha visita moi aproveitada e agradecemos a todos e todas a súa presenza, tamén aos que non puideron estar pero que seguro compartirían de boa gaña estes momentos.
Pulpì estaba moi contento de recibir tantas visitas aínda que se puxo un pouco pedante cando recibiu tantos piropos.
Aquí vos deixo un resumo do día.

domingo

QUEN FAI QUE NA MIÑA CASA?

Aquí tedes o resultado da enquisa que con motivo do Día da Muller Traballadora contestaron os nenos e nenas do cole.

Os datos recollidos non son totalmente fiables xa que en moitas ocasións  ao comparar os datos de irmáns non coincidían. Pero aínda así son orientativos sobre a realidade do reparto de tarefas nos fogares.

Que cada un extraia as súas propias conclusións e vaia dende aquí a nosa máis sentida HOMENAXE A TODAS AS NAIS que sen lugar a dúbida son MULLERES MOI, MOI, TRABALLADORAS.



mércores

ADEUS A JOSÉ LUIS SAMPEDRO

Finou o domingo en Madrid José Luís Sampedro. Escritor, profesor, economista, ensaísta... 
Humanista símbolo do compromiso intelectual e cidadan. Reclamaba unha economía máis solidaria e xusta  que contribuíse ó desenvolvemento dos pobos: 
"Hay dos clases de economistas; los que quieren hacer más ricos a los ricos y los que queremos hacer menos pobres a los pobres".
Preocupado pola situación actual do noso país:
"...La crisis pasará, por supuesto, lo hará a costa del sufrimiento de todos nosotros, porque, con la mitad del dinero que se pretende inyectar para que un banco está lleno, se podría evitar el recorte en la educación y la sanidad".
Home de placeres sinxelos:
"... la lectura ha sido(un placer) extraordinario. Con la música he disfrutado muchísimo, he tocado un poco el piano y el violín, pero sobre todo he escuchado.... La contemplación ha xsido importante. Hablo muchísimo conmigo, me trato mucho"

Finou aos 96 anos e como quería, de maneira sinxela e sen publicidade.





PARABÉNS, SARA!








Este ano o alumnado de 4º e 5º de Primaria participou no "VI Certame de poesía" que organizou o Concello de Mugados.Todos os participamtes esforzáronse moito na redacción do seu poema e disfrutaron moito escollendo un pseudónimo para firmar o seu traballo, como así o establecían as bases.
A pasada semana recibíronse invitacións para acudir ao acto de entrega de premios, e ao día siguiente fíxose público o resultado: Sara foi a gañadora!
Este sábado no Concello recibiu o seu premio.
PARABÉNS!


Custom Glitter Text

luns

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2013

Parabéns a tod@s @s premiad@s e a tod@s @s participantes.

Grazas de todo corazón pola vosa colaboración.

Aquí vos deixo unha presentación desta actividade.

domingo

SEMANA DA PRENSA

Do 11 ao 15 de marzo, como en moitos outros coles, traballamos coa prensa nas diferentes aulas.
Pero a Pulpi gustáronlle especialmente os traballos da aula de E.Infantil de 3 e 4 anos e de 4º de E.Primaria .


Se clicades na imaxe podedes ver nos blogs correspondentes a presentación do seu traballo.









venres

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Nesta data tan sinalada pasamos unha enquisa a todo o alumnado a fin de recoller información sobre o reparto das tarefas do fogar nas diferentes familias.

A idea é tratar posteriormente os datos recollidos e expoñelos por medio de tablas ou gráficos.

De momento aquí vos deixamos un modelo da enquisa.


En 1º de Primaria fixeron un interesante traballo sobre o tema que podedes ver no seu blog.(Clica na imaxe)


mércores

ROSALÍA DE CASTRO: 150 ANOS DE CANTARES GALEGOS


  (Para saber máis de Rosalía Clica na imaxe tan preciosa que nos proporcionou Rosana Rodiles, da biblioteca Xan Farias, do C.E.I.P. de Pazos- Ferrol))


O día 24 de febreiro é o día de Rosalía de Castro, porque nesa data naceu no ano 1837.
Pero  ademais este ano,  o 17 de maio,( Día das Letras Galegas), cumpriranse 150 anos que Rosalía publicou "Cantares galegos".


Moitos centros educativos de toda Galicia sumáronse a renderlle homenaxe, e o noso cole non podía ser menos.

En cada clase de Primaria prepararon a lectura dalgún poema de Cantares Galegos, e ademáis nas clases de música e nas titorías aprendimos a canción que Amancio Prada fixo co poema "Adiós ríos, adiós fontes...".

Así, cando chegou o día da celebración cada curso leu maxistralmente o seu poema e como final de festa cantamos todos xuntos.

Foi verdadeiramente emocionante, porque cantar xuntos a coro fainos sentir máis unidos, fainos sentir parte na creación de algo fermoso e prodúcese un momento máxico, no que ata a Pulpi se lle salta algunha bágoa.

Os máis pequenos do cole sabían de memoria as tres primeiras estrofas da canción, así que foron eles os que comenzaron a canción e despois sumámonos todos os demais. Aínda que se vos fixades no vídeo veredes que algunhas sabíana toda.

Disfrutade deste momento todas as veces que queirades, porque merece a pena ver o vídeo unha e outra vez.



E aquí vos deixo outro dos moitos vídeos que se fixeron nos coles galegos.
Este correspóndese á Biblioteca Chimpalibros, do colexio de Fornelo de Montes e pareceunos especialmente bonito.
Parabéns a estas nenas e nenos e ao seu profesorado.



sábado

REPARTO DAS CARTAS DO DÍA DOS NAMORADOS

Un ano máis as mensaxes de amizade e de "amor verdadeiro" nos chegaron a tod@s.
Unha vez mais o momento do reparto foi un momento especial, ilusión, alegría, espectación...(aínda que Pulpi xa sabe que a algúns de vos non vos gusta moito).

Aquí tedes un vídeo que recolle este momento.
Saúdos namorados a tod@s.