E durante o Magosto, ademáis de comer castañas asadas e boliños preñados, facemos unha sesión de xogos populares e celebramos O Día do Peón.
Este ano os xogos escollidos foron: Carreira de sacos por relevos, Tiro da corda e o Pano para os de Primaria.Os de Infantil xogaron ao Tragacastañas e a "Dispáralle ao Samaín".
Pasámolo moi ben e a participación de tod@s foi moi entusiasta.
Aquí tedes algunhas imaxes dese día.
martes
xoves
A VOSA OPINIÓN É IMPORTANTE
martes
24 DE OUTUBRO. DÍA DA BIBLIOTECA
A nosa biblio, e todas as Biblios, están de festa.
Hoxe é o seu día e non queremos que se nos esqueza felicitala.
Esta entrada é para facelo e de paso aprender algo máis.
FELICIDADES!
Desde 2008, a Consellería de Educación vén editando, a comezos de cada curso escolar, un cartel para difundir o modelo de biblioteca escolar polo que se está a traballar, uníndose desta forma á celebración do Día da biblioteca (24 de outubro), no convencemento de que, aínda sendo unha biblioteca específica (cunha misión clara dentro do centro educativo, e uns servizos e actividades acordes á súa definición como "centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe"), non deixa de ser unha BIBLIOTECA; máis aínda, é a ÚNICA biblioteca pola que pasa toda a poboación en idade escolar dun país: todos os nenose nenas e todos os mozos e mozas teñen no seu centro (ou deberían ter) unha biblioteca escolar.
domingo
FUNDACIÓN BARRIÉ
Aquí tedes as fotos da visita que o alumnado de 4º, 5º e 6º fixo á Fundación Barrié este curso.
Ademais de visitar unha exposición moi interesante sobre a importancia dos rótulos nas nosas vidas, participaron nun obradoiro onde crearon o seu propio rótulo en movemento. Amosaron en todo momento unha grande capacidade creativa e un estupendo traballo en grupo.
Noraboa artistas!
Se clicades nas palabras baixo as imaxes poderedes ver as suas creacións en movemento.
![]() |
| Río |
![]() |
| Parque |
![]() |
| Pez |
mércores
FESTIVAL DE FIN DE CURSO. XUÑO 2012
AQUÍ TEDES O PROGRAMA DE ACTUACIÓNS DO ÚLTIMO FESTIVAL.
TODO UN LUXO
TODO UN LUXO
FESTIVAL DE FIN DE CURSO
Queremos felicitar a todos os alumnos e alumnas do cole de Franza e aos da Escola de O Seixo polas súas extraordinarias actuacións no Festival de Fin de Curso deste ano.
Foi un festival ameno, divertido e con moitas sorpresas.
En todo momento amosáchedes unha grande profesionalidade e moita, moita arte.
Grazas e noraboa a todos e todas.
Aquí vos deixamos algúns deses momentos marabillosos con que agasalláchedes ao público.
4º DE EDUCACIÓN INFANTIL E O XOGO DA CARRASQUIÑA
3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E O ROMANCE DE SABELA E BERNALDINHO
2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E A PERCUSIÓN DE SILLA ESCOLAR

luns
ESTE CONTO É DE CINE!
O noso cole participa na campaña Nós tamén creamos!, iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.
Trátase de pasar de ver curtas en galego... a crealas!
Podedes ver moitas curtas marabillosas creadas polos centros participantes e todas baseadas nun
conto na sección infantil da web da CRTVG.(preme no enlace)
Aínda que haberá un premio para a mellor curta elaborada en educación infantil e mais no primeiro e no segundo ciclo de primaria, pola nosa parte xa temos acadado o mellor premio de todos, ese que non se pode mercar: ter vivido esta experiencia tan especial e sentirnos tan orgullosos do traballo realizado.
Aquí deixamos a nosa curta. Esperamos que vos guste.

sábado
DÍA DA MULLER TRABALLADORA. 8 DE MARZO
Nesta data sinalada un grupo de alumnos e alumnas do 2º Ciclo coa colaboración de dous profesores e do Equipo de Normalización Lingüística realizaron unha magnífica montaxe teatral para todos na biblioteca.
Contaban coa axuda inestimable dun narrador que leía a histora "A casa dos Porcos" mentres se representaba na escea. Tamén contaban coa colaboración entusiasta do conserxe como técnico de son.
Como podedes ver no vídeo non lles faltou de nada.
Todo o público disfrutou moito, valorou o feito de que as tarefas da casa sempre recaian nas mulleres como unha inxusticia e apreciou a necesidade de compartilas.

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Con motivo do 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro o pasado 24 de febreiro editamos este pequeno caderno para agasallar ao noso alumnado e así achegarlo un pouco máis á figura desta nosa poeta.
Traballouse de distintas maneiras en cada titoría e nas clases de música.
Para que nunca se nos perda gardámolo aquí, no blog.
Para todos e todas con moito amor.
Pulpi.
Traballouse de distintas maneiras en cada titoría e nas clases de música.
Para que nunca se nos perda gardámolo aquí, no blog.
Para todos e todas con moito amor.
Pulpi.
xoves
luns
sábado
venres
MAXIA NA BIBLIOTECA
Se queredes saber o que fan os libros pola noite, cando ninguén os visita, nos vos perdades estes vídeos que fixo o matrimonio formado por Sean Ohlenkamp y Lisa Blonder Ohlenkam para a promoción dunha librería de Toronto e que atopamos hai pouco na rede.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)