Aquí tedes as fotos da visita que o alumnado de 4º, 5º e 6º fixo á
Fundación Barrié este curso.
Ademais de visitar unha exposición moi interesante sobre a importancia dos rótulos nas nosas vidas, participaron nun obradoiro onde crearon o seu propio rótulo en movemento. Amosaron en todo momento unha grande capacidade creativa e un estupendo traballo en grupo.
Noraboa artistas!
Se clicades nas palabras baixo as imaxes poderedes ver as suas creacións en movemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario