mércores

EN EDUCACIÓN INFANTIL HAI UNHA MOSCA

 Para o noso Festival Virtual de Fin de Curso en E. Infantil preparamos a canción de "Ramona, a mosca lambona" de Musicreques, a quen agradecemos a súa xenerosidade ao permitirnos usar a súa canción e compartila con todas e todos.

Musicreques está formado por dúas profesoras superiores de piano, Alma e Loreto que no ano 2012 formaron o grupo Musicreques, un dúo de piano a catro mans e teatro de monicreques, co fin de achegar a música clásica aos rapaces dun xeito ameno e divertido. 

Musicreques realiza contos musicais para público infantil e familiar nos que a música de piano, interpretada en directo, mestúrase cos contos e o teatro de monicreques para divertir aos nenos e engaiolalos coa beleza das artes escénicas.

Este é un dos seus logos e se clicades nel accederedes ao seu Facebook

Desta canción editaron un conto en papel que podedes atopar nas librerías. Se clicades na portada do libro accederedes á información no seu blog sobre este conto:

 


E agora vos deixamos o noso vídeo coa nosa propia Ramona que con tanto cariño coidaron na clase de Infantil.



Ningún comentario:

Publicar un comentario