mércores

O MAGOSTO

 O 30 de outubro celebramos no cole a festa do Magosto. 

Para levar a cabo todo o acontecido neste día contamos coa colaboración da ANPA, que nos trouxo unha merenda de magosto riquísima: castañas asadas e bolos preñados. 

Despois desta espectacular merenda tivemos unha xornada de xogos populares e rematamos o día co baile de tradición popular:13 Lúas. 

Unha mostra do ben que o pasamos este día o reflectimos no seguinte presentación. 

O magosto de Thais Amenedo

SAMAÍN

 O 29 de outubro celebramos no cole a Festa de Samaín. 

Ao longo de toda a mañá tivemos unha morea de actividades moi terroríficas. Unha mostra de este día ensinámola no seguinte vídeo. 



venres

DÍA DAS BIBLIOTECAS


 O 24 de outubro celebramos no cole "O día das Bibliotecas Escolares". Para dita celebración fixemos unha lectura na nosa biblio do conto "O incrible neno devorador de libros" escrito por Oliver Jeffers e como recordo dese día fixemos un marcapáxinas. 

E ti.... eres un devora libros?




luns

PRIMEIRAS TAREFAS SOBRE O PROXECTO PARA OS DIFERENTES CURSOS

 Xa apareceron no taboleiro as primeiras terefas que o alumnado dos diferentes cursos terá que resolver sobre o proxecto anual.

Para ser quen de facelo con corrección deberán ler a información que se aporta sobre o tema.

Mirade qué chulas!



venres

XOGOS SOBRE A AUGA

 Para iniciar o Proxecto anual idamos uns pasatempos sobre a temática da auga.

Qué mellor forma de comenzar!

Aquí vos dixamos unha copia dos mesmos por se queredes volver xogar.



luns

XIMCANA DE INICIO DO PROXECTO ANUAL

 Un ano máis empezamos o curso cunha ximcana de probas por equipos que nos indican o tema a traballar durante este curso escolar.

Aquí vos deixamos información sobre a actividade.





Pasámolo bomba. Todas as probas foron divertidas e moi interesantes e o tema escollido gústanos moito!

Así que seguro que nos agarda un moi bo curso, cheo de experiencias e aprendizaxes!

sábado

PARA BEN LAVAR AS MANS

 O prometido é débeda!

Aquí tedes a peli tan cacareada ao longo de todo este curso e para a que tanto traballamos.

Grazas a todos e a todas (alumnado, profesorado, familias...) pola vosa implicación.

Agardo que vos guste tanto como a nós!



ESPAZO MAKER CON "ESPACIO VIVO"

 Un ano máis, grazas ao Proxecto Biblioteca Creativas, ao cal pertencemos, puidemos disfrutar destes obradoiros, diferenciados por idades e rotando entre todas as propostas. Tróuxonolas a empresa "Espacio Vivo", con moita experiencia na organización deste tipo de eventos (e doutros) e que sempre está á última nas novidades tecnolóxicas.

Torno, carpinteiría en cartón, construccións, robótica, mecanismos, drones, coches, gafas virtuais...

Pasámolo xenial e aprendimos un montón.

Foi un día xenial!


venres

ENTREGA DE AGASALLOS POR PARTICIPAR NA ACTIVIDADE "UN CONTO NUN FRASCO"

 Dende o Día do Libro Infantil e Xuvenil andan os frascos polo cole. Nunha exposición permanente, debidamente numerados para poder realizar axeitadamente a actividade "Cantos contos acertarás?".

Ademais deu pé a que o alumnado que non coñecía determinados contos clásicos os ceñecese contados polo profesorado nas súas aulas.

Chegou a hora de que cadaquén levase o seu frasco para casa e pensamos que llelo debiamos agradecer cun pequeno agasallo.

Para isto deseñamos unha "chapiña" de Pulpi, imprimimos na impresora 3D as necesarias e entregámosllela dentro dunha bolsiña ben bonita e da cor de Pulpi.


xoves

TENIS

 O pasado mércores participamos nunha actividade deportiva no Club de Tenis de Redes á que asistiu o alumnado dende 1º ata 6º de Primaria.

Foi unha mágoa que o tempo non acompañase porque senón tamén iría o alumnado de E. Infantil.

Grazas que alí contan con dúas pistas cubertas e así poidemos disfrutar do xogo e o deporte.

Esperábannos varios monitores que se fixeron cargo de organizar quendas, prestar raquetas e pelotas e poñer a xogar a todas e todos.

TEnis e brilé, cunha paradiña para tomar a merenda.

Foi un día xenial e estamos moi agradecid@s desta invitación.

Clicade na foto para acceder a todas



AS NOSAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS, XOGUETONAS, CANTARINAS E BAILONAS PARA O VERÁN

 Aínda que todos os días son bos para disfrutar dun libro, dun xogo ou da música, fixemos esta selección para que as vacacións de verán sexan aínda mellores e porque seguro que tedes moito máis tempo para disfrutar deles.

Trátase dunha selección pensada especialmente para vós, as nenas e os nenos do cole. Porque vos coñecemos e porque coñecemos o que recomendamos.

De seguro que non vos ides arrepentir de ter na casa os materiais que vos suxerimos, estamos segur@s de que os utilizaredes unha e outra vez durante moito, moito tempo.



mércores

FACEMOS CINE DE ANIMACIÓN

 En 3º e 4º, que foron @s cámaras da nosa peli "Para ben lavar as mans", traballaron tamén co cine de animación utilizando a tablet cunha app de "Stop Motion".

Para a primeira experiencia deseñamos un decorado de fondo con cartolinas, un caracol como personaxe principal e recortamos unhas nubes que tamén se moverían na escena.

Colocamos o set de gravación poñendo a tablet sobre un andel entre dúas mesas e a escena no chan e empezamos a traballar.

Pouco a pouco fomos observando os diferentes resultados segundo o movemento dos obxectos e buscando as opcións máis correctas.

Despois dunha breve gravación puxémonos a deseñar novos proxectos, pero esta vez para gravar en vertical e con volume.

Daba gusto ver traballar a estas rapazas e rapaces.


martes

LUÍS, SAMIRA E AINHOA FIXERON UN CONTO

 Igual que fixeron Luna, Chloe e Emma o outro día, Luís, Samira e Ainhoa escribiron un conto.

Pero eles non o fixeron na escola e, como tampouco podían xuntarse nas súas casas, fixérono por teléfono. 

Así Luís comezou o conto e envioulle o principio a Samira, que seguiu o relato e por último recibiuno Ainhoa que o rematou.

E como fixeran un bo traballo, e de xeito totalmente voluntario, léronolo na biblio.

PARABÉNS !


domingo

CANTOS CONTOS ACERTAMOS

 En 3º e 4º tamén xogamos a acertar os contos dos frascos.

En parellas puxéronse a mirar, pensar e anotar. Cando todas e todos remataron intercambiaron as súas listaxes e comprobaron cantas respostas tiñan correctas.

As gañadoras indiscutibles foron Ángela e Noa que con 19 puntos sobre 28 sacáronlle 5 puntos de vantaxe aos segundos clasificados.

Pero o máis importante non foi gañar, senón pasalo ben, traballar en equipo e pensar nos contos que tod@s coñecemos como unha riqueza cultural que nos é propia.



sábado

MÁQUINAS SIMPLES E ELECTRICIDADE

 En 3º e 4º dedicamos dúas sesións a xogar e aprender (traballar sen darnos conta) sobre as máquinas simples (que está no temario de Ciencias de 3º) e a electricidade utilizando materiaias da biblioteca.

Trátase de dous xogos moi ben deseñados, cunhas instruccións moi clariñas, coas que aprender conceptos básicos sobre os circuitos eléctricos (que se van complicando a medida que avanzamos no caderniño do xogo) e sobre as pancas, os planos inclinados, as poleas...

Así de ben o pasamos aprendendo e xogando en grupo.