mércores

REPRESENTACIÓN TEATRAL EN INGLÉS

E a profe Lola, axudada pola profe Cristina, prepararon cos nenos e nenas de 1º e 2º esta representación teatral en inglés, coa que pechamos o festival de Nadal deste ano.
 Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración.


martes

NADAL EN FRANZA. 3º DE E. PRIMARIA

E esta panxoliña foi agasallo de Roberto, o profe de 5º.
Tamén é profe de música, toca moi ben o teclado (como neste video queda demostrado) e fai unhas composicións ben fermosas.
Moitas grazas a el e tamén a Alberto que acompañou co baixo.

SONS DO AR. 6º DE E. PRIMARIA

Esta é a versión instrumental do alumnado de 6º de esta coñecida peza musical.
Frautas, instrumentos de percusión determinada e guitarra compoñen este grupo de instrumentistas.

PIRIMPIMPÍN DO NADAL. 2º DE E. PRIMARIA

Unha letra de Nadal para unha cantiga de sempre.



TAN TAN. 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Mirade que ben cantaron os nenos e nenas de 1º. Dá xenio escoitalos!!!

FAIS DODO. 4º DE PRIMARIA

Para este fermoso canto de berce francés os rapaces e rapazas de 4º inventaron unha sinxela, pero preciosa, estrofa cantada.
Escoitádeos canto queirades.


CANTADE MOCIÑOS E MOCIÑAS. ESCOLA DE O SEIXO.

E fixeron caso ao que dicía a súa panxoliña, e cantaron así de ben.
Sempre é un pracer recibilos e velos participar con nós desta festa.
Un ano máis moitas grazas a todos e todas... e tamén á súa profe.

EDUCACIÓN INFANTIL NO FESTIVAL DE NADAL 2014

Este Papá Noel anda buscando unha árbore axeitada para o Nadal pero como en todas elas habitaban diferentes animais os nomos daqueles bosques tiveron que axudalo.
A Canción orixinal é do grupo "Mamá cabra" do seu disco "Xa me tardan estes Magos" e así de ben a interpretaron os "peques" do cole.

PRESENTADORAS E PRESENTADORES NO FESTIVAL DE NADAL 2014.

Porque o fixeron espectacularmente ben aquí vos deixamos un vídeo coas súas intervencións no Festival de Nadal 2014.
GRAZAS CHIC@S!!

MERENDA, XOGOS E OBRADOIROS DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

Mirade que ben o pasamos!!!!



biblioteca franza de Slidely by Slidely Slideshow

luns

EXPOSICIÓN DE CABAZAS POLO SAMAÍN

Un ano máis fixemos unha exposición de cabazas polo Samaín. A colaboración do alumnado e das súas familias foi marabillosa, coma sempre.
Como novidade, este ano, tamén vos animamos a facer colares de zonchos, modalidade na que tamén amosastes unha gran orixinalidade.
MOITAS GRAZAS

Pulpi.

EXPOSICIÓN DE CABAZAS E COLARES by Slidely Slideshow

xoves

CHEGA O SAMAÍN

Para empezar a entrar en materia, aquí tedes este estupendo conto.
A BRUXA REGAÑADENTES.


luns

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro reunímonos na biblioteca para disfrutar da lectura do conto "Unha feliz catástrofe" de Adela Turín e Nelia Bosnia, editado por Kalandraka.
para isto partimos dun vídeo que atopamos en You Tube que proxectamos sen son na pantalla. CArla, Denisa e Sara de 6º foron as encargadas de ler o conto, acompasado ás imaxes.
Gustounos moito moito.
Aquí vos deixamos unha montaxe do vídeo proxectado e as voces das nosas marabillosas contacontos.
MOITAS GRAZAS CHICAS!!!


venres

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS

Para celebrar este día, e desexando que todos os nenos e nenas do mundo disfruten de ler e de escoitar contos, xuntámonos na Biblio, para facer precisamente iso.
As nenas e nenos de 3º prepararon unha lectura en Kamishibai para todo o cole. Escolleron "El gato con botas" e demostraron que o tiñan moi ben preparado.

DÍA DA BIBLIOTECA

O pasado 24 de outubro celebramos o Dïa da Biblioteca.
Para iso, xuntámonos na biblio onde os máis pequenos CONTARON CANTANDO o conto "O coelliño branco", do que viamos as imaxes na pantalla.
E como nas imaxes estaba a letra do conto-canción todos puidemos cantar con eles.
Foi un momento moi especial, no que o conto e os nenos e nenas máis pequenos foron os protagonistas. E todo iso unido coa música.

PERFECTO!!!

Aquí tedes a presentación utilizada para cantala sempre que queirades.
A gravación do son é caseira e de baixa calidade, pero para disfrutala cantando ben pode servir.





Despois falamos desta celebración e sobre o motivo que levou a escoller esta data.
Repartimos un tríptico coa información.
Aquí tedes unha réplica do mesmo: