domingo

HORA DE LER. EDICIÓN ESPECIAL DOS XOVES

“É fermoso ver a alguén que le para varios, ou a dous que len xuntos, tal vez do mesmo libro ou libros diferentes" (Darse a la lectura Ángel Gabilondo).

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º, e de xeito voluntario preparan lecturas que eles escollen ou lles son suxeridas para compartir a súa lectura cos alumnos de E. Infantil.
E se sobra tempo pois comparten outros momentos de lectura, dando lugar a vivencias moi, moi, moi especiais para tod@s.

Aquí tedes a proba...
Pero como había moitas imaxes e non queríamos que perdérades ningunha vai en dúas tandas.

Disfrutade!!!









E aquí vai a segunda!!



LECTURAS COMPARTIDAS by Slidely Slideshow
HORA DE LER EDICIÓN ESPECIAL DOS XOVES by Slidely Slideshow

SOÑARIO: UNHA "HORA DE LER" ESPECIAL.

Un bo día, 5º e 6º xuntáronse para ter unha sesión da "Hora de ler", e como a biblio estaba ocupada e nunha aula estabamos moi apretad@s... pois escollimos o patio cuberto....
O libro escollido para esta ocasión foi "Soñario" de Javier Sáez Castán, da Editorial Océano Travesía.

Trátase dun libro verdadeiramente especial, que permite facer innumerables lecturas diferentes, pois podemos combinar unhas páxinas con outras (para iso están partidas á metade) e crear novas palabras, a definición e o dibuxo desta nova palabra aparece coma por arte de maxia.

É un dicionario e á vez un "manual dos soños"..... Soñas cun "Dragón"?, soñas cunha "Ballena"? ou soñas cunha "Drallena"?... Pois neste libro poderás coñecer a definición de "Drallena" e a interpretación de soñar con este ser fantástico...





Fomos lendo por turnos cada un dos seres novos que aparecían ao azar ou por escollelo así cada quen.







Pasamos un moi bo rato e tamén pensamos que podiamos facer o noso propio "Soñario".... Xa vos contaremos se é que un día nos poñemos mans á obra!!!



E buscando en internet para escribir esta entrada descubrín que hai unha aplicación para Apple que ten unha moi boa pinta.

Aquí vos deixo o vídeo da aplicación!!







Mágoa dunha app para Android!!!!

TEATRIÑO IMPROVISADO

Que fai un cando ten unha marioneta?
Pois claro!... inventar unha historia e representala!.
E se pode ser cun teatriño, pois mellor!
E isto foi o que lle pasou a Miguel.
El quería o teatriño grande..., pero como estaba gardado.... pois aproveitamos o kamishibai.
Mirade que ben o pasou!!

TEATRIÑO NUN INSTANTE by Slidely Slideshow

RECREOS NA BIBLIO

Algunha vez durante o recreo tomamos fotos do que se "coce" na biblio.
E mirando as imaxes que estaban gardadas no ordenador pensamos que tiñamos que compartilas, porque son unha fermosa mostra do que os nenos e nenas fan na biblioteca. Dos seus gustos, afeccións e dos momentos especiais que este espazo do Centro proporciona.
Unha Biblioteca para VIVIR!!!


RECREOS NA BIBLIOTECA by Slidely Slideshow

sábado

RECITADO POÉTICO

Xuntámonos na biblioteca, na "Hora do conto", para escoitar a tod@s os que así o quixeron, recitar o poema escollido para o Libro da Poesía.

Levamos de agasallo un marcapáxinas e un tríptico con poemas de Manuel María.

Tod@s recitaron moi, moi, pero que moi ben.

Grazas!!!



Recitado poético by Slidely Slideshow


E así é o marcapáxinas:

venres

LIBRO COLECTIVO DE POEMAS

Con motivo do Día da Poesía pedimos ao alumnado que escribise un poema da súa elección nunha planilla deseñada especialmente. Podían ser poemas doutros autores ou ben inventados por eles mesmos.
Coma sempre, a nosa petición foi ben atendida polo alumnado e xuntámonos cunha bonita selección de poesía.
Quen voluntariamente así o desexe recitará o seu poema nunha sesión especial de a "Hora do conto" e agasalleromos ao alumnado cun tríptico de poemas de Manuel María.

Aquí tedes algunhas imaxes do libro:
 



luns

COPLAS POLAS LETRAS GALEGAS

Para que practiquedes as cancións dos poemas de Manuel María que compartiremos cos nenos e nenas do Eladia Mariño de Cabanas.
Perdoade as deficiencias das gravacións, xa que foron feitas de maneira moi caseira.
A disfrutar!!!!


CARACOL COL COL, CARACOL CARACOLEIRO
EDUCACIÓN INFANTIL

Poema de Manuel María musicado por Suso Vaamonde. Na clase traballamos coa versión cantada por María Manuela.







O ARCO DA VELLA.
1º E 2º DE PRIMARIA

Poema de Manuel María musicado pola profe Carmen para que o practiquedes con alegría.





O CARRO
3º E 4º DE PRIMARIA (1 voz)

Poema de Manuel María musicaado pola profe Carmen para que o practiquedes con alegría.


E se vos atrevedes intentádeo a dúas voces.

(2 voces)





ORACIÓN GALEGA A ROSALÍA
5º E 6º DE PRIMARIA

Poema de Manuel María musicado pola profe Carmen para que o practiquedes con fondo sentimento. Recordade que falamos de ROSALÍA!!!!!







domingo

¡AY! NO DÍA DO LIBRO

A edición especial da "Hora do Conto" deste día separouse en dúas sesións diferente.
Os maiores do cole, nenas e nenos de 3º a 6º de Primaria estiveron na biblioteca escoitando o relato de Xurxo Gago, pai de Blanca, "O carballo máxico IV".
Os tres primeiros xa foron publicados neste blog por cortesía do autor:. Vos deixamos o enlace á entradas correspondente por se quereden recordalo.

"O carballo máxico I, II e III"

Na entrada deste ano podedes ver a reportaxe fotográfica que fixemos do momento:

Fotos


E o resto do alumnado escoitaron a fantástica lectura que fixo a profe Antía do conto ¡AY!

 CLICA NA IMAXE PARA VER UNHA RESEÑA DO LIBRO NA REVISTA BABAR


Ademais despois do conto pintaron na pista con xiz de cores conmemorando unha data tan especial.Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica desta outra sesión.





¡Ay! No Día do libro 2016 by Slidely Slideshow

PAIS E NAIS QUE CONTAN

Abril. Mes dos libros.
E un ano máis convidamos ás familias a que se acheguen á biblioteca para contarnos un conto.
Poden escoller o conto que queiran e contalo como queiran. Tamén poden pedir á biblioteca que lles preste ou suxira algún....
E sempre, sempre somos afortunados da xenerosidade de moitos pais e nais que queren e poden achegarse á escola para agasallarnos con momentos máxicos e especiais.
É un momento especial para o alumnado e o profesorado e sobre todo para os fillos e fillas destes pais e nais que comparten con nós un conto.
MOITAS GRAZAS A TOD@S!

Aquí vos deixamos un álbum de cada visita, un pequeno vídeo e unha homenaxe en forma de "collage" fotográfico . Agardamos que vos gusten!



E AQUÍ VAI A HOMENAXE!


PAIS E NAIS QUE CONTAN by Slidely Slideshow

sábado

DÍA DA POESÍA

Este ano editaremos un libro colectivo de poemas.
Para iso editamos unha plantilla, que xunto cunha circular enviamos ás casas.
Pediamos nesta ocasión que se escribira un poema, ou fragmento. Aquel que cada quen preferise e que o trouxese de volta ao cole.
Cando as teñamos todas realizaremos un acto de recitado e agasallaremos a tod@s cun tríptico de poemas de Manuel María, autor que será homenaxeado este ano con motivo das Letras Galegas.
Xa vos contaremos



Esta foi a nosa planilla, aínda que a repartimos en branco e negro, para que así ademais puidera ser decorada ao gusto.






CADEA HUMANA NO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano o Concello de Mugardos organizou unha cadea humana con todos os nenos e nenas dos Centros educativos do concello.
E nós participamos desta iniciativa.
Fomos ata Mugardos nun autobús e cunha gafas especiais para a ocasión. Colocámonos no lugar que se nos sinalou e dende o que observábamos o longa que era a cadea que formamos.
Un dron se encargou de filmarnos a todos e todas.
Aquí tedes unhas fotos do momento e máis abaixo o vídeo editado.


Cadea humana Mugardos (Día Internacional da Muller) from Vagalume Audiovisual on Vimeo.

Video da cadea humana levada a cabo en Mugardos con motivo do Día Internacional da Muller, organizada polo Concello de Mugardos.

Video realizado por Vagalume Audiovisual.

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2016

Nesta data tivemos unha sesión especial de "A Hora do Conto".
Coma de costume reunímonos todas e todos na biblioteca, proxectamos as imaxes do conto na pantalla e a profe Carmen leu este conto escollido especialmente para a ocasión:
CENICIENTO, de Yanitzia Canetti e ilustrado por Teresa Herrero Rived, da Editorial Everest da colección "Había otra vez..."conto rimado, como todos os da colección que nos gustou moito e que reivindica unha verdadeira igualdade entre mulleres e homes.



SINOPSE
(A partir do conto orixinal "La Cenicienta") Había unha vez un mozo ao que todo o mundo chamaba Ceniciento porque sempre estaba sucio e polvorento. Pero é que limpaba chimeneas, cociñaba, lavaba a roupa, barría, fregaba toda a louza, cosía, pasaba o ferro á roupa, sabía de pintura , arreglaba tuberías e sacaba o lixo, pero, ademais, axudaba á xente…




venres

EDUCACIÓN VIAL COA ASOCIACIÓN PREDIF.

O pasado 20 de abril visitáronnos no cole membros da Asociación PREDIF.
Primeiro na biblioteca déronnos unha charla sobre educación vial. Sobre todo de que precaucións debemos tomar cando transitamos polas rúas e estradas, para evitar accidentes que nos poidan ocasionar consecuencias nefastas.
Tamén aprendimos como é o día a día de persoas con lesións medulares, e puidemos facer preguntas sobre o tema.
Apoiaron a súa charla nunha presetación na pantalla que á vez que informaba tamén servía para "examinarnos" sobre o aprendido.
Aprobamos todos e todas con moi boa nota. Por suposto.
Logo puidemos comprobar como se sente un cando vai en silla de rodas e tamén a axudar a alguén que vai nunha.
E aínda que o pasamos ben e parecía divertido (porque era coma un xogo e so un momentiño) a verdade é que pensabamos que non era tan divertido cando non podías baixar da silla e camiñar....
Tamén puidemos comprobar como se sube a un coche alguén en silla de rodas e que aparellos necesita, así como tamén como son os vehículos para transportar a persoas en sillas de rodas.

Gustounos moito a súa visita e despedímonos deles con bicos e abrazos.

ATA OUTRA!!!!


sábado

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2016

Este ano con motivo do Día da Muller o alumnado de 6º preparou un teatrillo do conto "Arturo y Clementina".
Elaboraron os títeres de pau e prepararon o Teatriño de guiñol do cole para a ocasión e narraron este conto aos compañeiros e compañeiras do cole.
MOITAS GRAZAS!!!!


SUPERDETECTIVES

Mariña e Xabier foron quen de atopar "Unha romana desequilibrada" nas fotos do entroido. Por iso foron nomeados DETECTIVES DO ANO e por iso lles facemos esta hamenaxe e levaron unha lupa de agasallo, para que continuen a ler e mirar o noso blog con máis atención aínda.
Moitas grazas chicos!
Os nosos parabéns!