Cando chegamos ao cole o dia 8, despois das vacacións de Nadal, descubrimos que os Reis Magos deixaran uns agasallos na entrada do cole, xunto a Pulpi.
Había dúas caixas de regalos cunha nota, onde dicía que os agasallos eran para os nenos e nenas do cole e tamén para Pulpi.
Polo que se viu, Pulpi esperou por nós para abrilos, así que no recreo reunímonos todos e todas na biblioteca para ver qué agasallo nos deixaran.
Ademáis descubrimos que a biblio estreaba un novo chan, moito máis bonito e quentiño que o anterior.
Tamén había unha butaca nova, que será o Trono dos Contos. Un asiento especial para quen conte un conto. Está chulísimo.
Aquí tedes unhas cantas fotos para que o poidades observar todo polo miúdo.
GRACIAS REIS MAGOS!
biblioteca's Slidely from biblioteca franza on Slide.ly.
Música: JML GAROU-BLUES Jamendo.com
venres
FESTIVAL DE NADAL 2012
En 4º de Primaria atrevéronse cunha versión especial do "ADESTE FIDELES". E que xa o dixeron os presentadores: "estes nenos saben latín"
"Os tres Reis Magos" é a panxoliña que interpretaron, e moi ben interpretada, os máis pequenos do cole.
Pero primeiro as nenas e as nenos de 4º, dirixidos pola súa profe Begoña, agasalláronos coa representación teatral da obra "Ai mamasiña, que medo! de Chus Pereiro.
Aquí vos deixo un vídeo resumo da súa extraordinaria actuación.
mércores
O NADAL E A RECICLAXE
Como nos últimos anos o noso cole participou na campaña do comercio de Mugardos de elaboración de adornos de Nadal con materiais de reciclaxe.
E cada ano sorpréndenos a capacidade creadora, a orixinalidade e a beleza das diferentes propostas.
Aquí tedes unha mostra dos traballos realizados.
Xulgade vós mesmos.
NADAL EN PLASTILINA
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria están feitos uns verdadeiros artistas da escultura.
Pouquiño a pouco e entre todos foron construíndo estes nacementos e adornos de Nadal tan suxerentes.
Non podiamos deixar de amosárvolos.
A que están estupendos?
luns
O NOSO CADERNIÑO DE CELSO EMILIO FERREIRO
E aquí tedes o caderniño sobre a vida de Celso Emilio Ferreiro así como a selección de poemas que se escolleron no cole .
sábado
RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO
O pasado día 12 do 12 de 2012, seguindo unha proposta da Coordinadora Galega de ENL, á que se sumaron moitos centros educativos galegos, limos poemas de Celso Emilio Ferreiro.
Esta ano celébrase o centenario do seu nacemento, e esta sinxela e especial homenaxe era unha moi boa maneira de rematar esta celebración.
Na lectura dos poemas participaron todos os alumnos e alumnas do Centro. O alumnado de E. Infantil, coa axuda das profes Sonia e Sofía e coa inestimable colaboración de Alberto, o conserxe, musicou un poemiña que interpretou maxistralmente.
Neste vídeo podedes ver un resumo do resultado.

martes
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL
Pulpi desexa que pasedes unhas moi boas festas, acompañados e acompañadas polas vosas familias, amizades e por suposto unhas boas lecturas.
Aquí vos deixa unhas recomendacións moi suxerentes.
Aquí vos deixa unhas recomendacións moi suxerentes.
luns
10 DE DECEMBRO. CONMEMORACIÓN DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
A promoción e protección dos dereitos humanos foi unha das maiores preocupacións para as Nacións Unidas dende 1945, data na que os países fundadores da Organización, acordaron impedir que los horrores da Segunda Guerra Mundial se reproducisen.
Tres años despois, na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Asamblea Xeral concluíu que o respecto aos dereitos humanos e á dignidade da persona humana "son os fundamentos para a liberdade, xusticia e paz no mundo".
En 1950 a Asamblea Xeral invitou a todos os Estados membros ás organizacións interesadas a que conmemorasen o 10 de decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos.
Nesta presentación atoparedes os 30 artigos cunha linguaxe sinxela, para que os poidades comprender ben e para que non se vos esquezan.

xoves
6 DE DECEMBRO. DÍA DA CONSTITUCIÓN
Para que poidades comprender un pouco mellor o que celebramos hoxe 6 de decembro vos deixo aquí este vídeo que a profe Paula atopou no blogue Aula TIC do C.E.E. TERRA DE FERROL.
Gracias ao C.E.E. Terra de Ferrol pola súa aportación e grazas a Paula por atopala.
Ademais tamén podedes ver, pinchando nesta imaxe, a Constitución explicada para nenos elaborada polo Parlamento de Canarias.
Disfrutádeo.

Pulpi.
mércores
3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE
O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade para fomentar o apoio á dignidade, ós dereitos e ó benestar das persoas discapacitadas e promover a súa integración plena na sociedade e en condicións de igualdade.
Porque todos e cada un de nós temos un espazo propio, porque todos e cada un de nós ten moito para dar e moito que recibir.
Aquí deixamos estes marabillosos contos que poden axudar a comprender mellor o que queremos dicir:
Construamos nós tamén pontes que nos axuden a estar máis preto.
A Biblioteca pode ser unha grande ponte ¿non vos parece?
Agradecemos a bibliocabe.blogspot este marabilloso cartel. Se clicas na imaxe accederás ao seu blog.
E a música tamén é unha gran ponte.Non si?
Sigamos a buscar pontes

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Neste día tan especial e tan importante, Teresa, de 6º de Primaria, contounos o conto de "Rosa caramelo".
arturo y clementina
Aquí poderedes ver unhas fotos dese momento, un vídeo do conto narrado así como outros que tamén se traballaromn en outros cursos.
arturo y clementina
xoves
MAGOSTO E SAMAÍN 2012
Este ano, como nos anteriores, celebramos o Magosto e o Samaín polas mesmas datas.
Con motivo do Samaín houbo unha exposición de libros de medo na biblioteca.
Ademáis houbo sesións especiais de "A hora do conto".
Os rapaces e rapazas de 4º fixeron unha lectura colectiva do conto "A bruxa Regañadentes" e o fixeron moi, pero que moi ben.
Aquí tedes unhas fotos do momento.
Gustounos moito e estivemos moi atentos.
E aquí tedes un vídeo moi chulo sobre este conto que tanto nos gustou.

E ADEMÁIS TEATRO
Tamén, e con motivo do Samaín, o alumnado de 5º de Primaria preparou unha adaptación teatral do conto "O home do saco".
Gustounos moito porque aínda que iamos con medo, a verdade é que daba bastante risa.
Parabéns a estes marabillosos actores e actrices.
Volvede pronto a agasallarnos con outra destas obriñas.
EXPOSICIÓN DE LIBROS DE MEDO
EXPOSICIÓN DAS NOSAS CABAZAS
</b>
EXPOSICIÓN DE LIBROS DE MEDO
EXPOSICIÓN DAS NOSAS CABAZAS
</b>
martes
XOGOS NO MAGOSTO
E durante o Magosto, ademáis de comer castañas asadas e boliños preñados, facemos unha sesión de xogos populares e celebramos O Día do Peón.
Este ano os xogos escollidos foron: Carreira de sacos por relevos, Tiro da corda e o Pano para os de Primaria.Os de Infantil xogaron ao Tragacastañas e a "Dispáralle ao Samaín".
Pasámolo moi ben e a participación de tod@s foi moi entusiasta.
Aquí tedes algunhas imaxes dese día.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)