xoves

TEATRO TAMÉN EN INGLÉS

O pasado 27 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de primaria acudiu ao salón de actos de Afundación de Ferrol para asistir á representación teatral  "What Monster?" a cargo da compañía On Stage.

Trátase dun espectáculo interactivo no que se contaba coa colaboración voluntaria das nenas e nenos do público que pasaban a participar na obra e interpretar os seus papeis, unha das ferramentas máis potentes para a aprendizaxe do inglés.

Esta peza teatral narra o que podería sudecer se un monstro nos axudase a enfrentarnos a aquelo que nos asusta, pero existe un problema: a lei dos monstros é clara, ¡toda axuda ten un prezo! ¿Quereriamos pagalo? 









Ningún comentario:

Publicar un comentario