Non podiamos negarnos a este obradoiro proposto polo concello de Mugardos con TARABELA CREATIVA chamado "As mulleres que nos constrúen".
Xa polo Nadal levamos a casa uns cuestionarios (adaptados ás diferentes idades do alumnado) que debiamos entregar á volta das vacacións xunto cunha foto da muller das nosas vidas que escolleramos.
No obradoiro démoslle forma de producto final individual e con todas as aportacions elaboramos un mural ben fermoso que completamos e decoramos para lucir no corredor da planta baixa.
Tarabela creativa, na súa conta de Twitter, recolleu a actividade, que tamén desenvolveron co CEIP. Unión Mugardesa e con mulleres da vila.
Se clicades na imaxe accederedes ao vídeo
E nas seguintes imaxes podedes ver todo o proceso no cole.
Dándolle forma ao noso traballo:
Noutra sesión dándolle forma ao mural:
Así quedou nun primeiro momento, pero aínda o perfeccionamos máis!
E así luce no corredor:
Ningún comentario:
Publicar un comentario