Como xa anunciamos alá por xaneiro, esta semana tivemos no cole o obradoiro sobre economía circular e reciclaxe, especialmente das pilas e baterías.
A primeira parte do obradoiro consisitiu nunha charla informativa sobre o tema, acompañada dunha presentación, na que o alumnado amosou moito interese.
O broche final da actividade foi a realización dun Kahoot sobre o tema realizado polo alumnado organizado en pequenos equipos.
A biblioteca "fervía" de actividade!
Se queredes recordar parte da charla que recibimos clicade na foto
Mirade que ben o pasamos!
OBRADOIRO PILABOT de biblioteca franza
Ningún comentario:
Publicar un comentario