Todas a plantilla do noso cole está constituída unicamente por mulleres.
O comedor, a limpeza, as profeosras, a conserxa... Só mulleres.
O único home que dalgunha forma traballa no cole é o repartidor do cátering do comedor.
E como non queriamos pasar desapercibidas nesta data tan sinalada propuxemos este xogo ao noso alumnado.
Na primeira páxina tedes o resumo do xogo e nas outras fotografías dos momentos tan especiais que se viviron neste reto.
Non sei se logramos salientar a todas as mulleres que facemos posible que a escola funcione, pero estamos seguras que os lazos entre o alumnado estreitáronse aínda máis. Tamén os lazos afectivos co centro educativo. Percorrer libremente os espazos buscando as pistas e os retos foi moi divertido!
A foto que aparecía nas fichas correspondíase cunha foto da infancia de todas nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario