martes

NAIS, PAIS AVÓS.... QUE CONTAN MOITO

Unha vez máis puxemos en marcha unha actividade xa máis que consolidada no cole e que é a de convidar aos familiares e /ou amig@s do alumnado a contar un conto na biblioteca.
Na circular que reciben poden indicar os días de preferencia, o alumnado a quen queren dirixirse así como se aportan o conto el@s ou aceptan a suxerencia da biblioteca.

Este ano animáronse a participar dúas nais, un pai e un avó. Houbo tamén dúas nais que finalmente non puideron vir.

Estamos moi agradecidas a todas e todos @s que se apuntaron a esta iniciativa e aquelout@s que lles gustaría ter participado pero que non puideron. Gustaríanos que repetísedes en anos posteriores e que entre tod@s enchamos a biblio de familias que contan.

Estrenou a quenda o avó de Miguel. 

Francisco é xa todo un veterán nesta actividade. Aceptou a suxerencia da biblioteca e, como sabemos o que lle gusta, convidámolo a ler "Fibonacci el soñador de números", de Joseph D´Agnese e ilustrado por Jonh O´Brien, da Editorial Juventud.
Á lectura acudiron os rapaces e rapazas de 4º e marabilloulles a historia deste matemático fundamental e da vixencia da súa famosa serie numérica.
Deixámosvos aquí fotos desta sesión especial de "A Hora do Conto"



AVÓS QUE CONTAN by Slidely Slideshow


Logo visitounos o pai de Sarela.

Ttamén un veterano desta actividade. A petición da súa filla leu a 3º e 4º de Primaria e convidaron aos nenos e nenas de E. Infantil.
Tamén aceptou a suxerencia da biblioteca e Sarela pediunos unha historia graciosa. Así que lle propuximos contar "En la unión está la fuerza. Una historia de gallinas", de laurent Cardon da Editorial Tramuntana, historia que ademáis de estar contada con moito humor (alimentado polas marabillosas ilustracións) e cun xenial desenlace, tamén incide sobre a importancia de escoitarse uns a outros e buscar unha solución de consenso.
E así foi como disfrutamos desta visita:



PAI QUE CONTA MOITO by Slidely Slideshow


Despois tocoulle o turna á nai de Juan e Manuel.

Veteranísima nesta actividade. Apuntouse dende a primaira convoctoria e sempre conta para todos os nenos e nenas do cole.
Normalmente ela mesma selecciona o que nos quere ler. Este ano escolle "O pai de Migueliño", do libro "Cousas" de Castelao, porque di ela que é o seu autor favorito.
E como a obra de Castelao é de dominio público, deixámosvos aquí o texto íntegro por se queredes volvelo a disfrutar. (E tamén o fermoso dibuxo co que o propio autor completou esta historia).


"O PAI DE MIGUELIÑO CHEGABA DAS AMÉRICAS e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botóulle unha ollada ao retrato.

Os americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.

De súpeto avistóuno de lonxe. Era o mesmo do retrato, ou aínda mellor portado, e Migueliño sintéu por il un grande amor e canto máis se achegaba o americano, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o americano pasóu de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixóu de querelo.

Agora sí, agora sí que o era. Migueliño avistóu outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz debecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o americano pasóu de largo e nin tan siquera reparóu que o seguían os ollos angurentos dun neno.

Migueliño escolléu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente.

E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai. Era un home que non se parecía ao retrato; un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fora do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...

Aquel sí que era o pai de Migueliño."

Castelao, Cousas, 1926





E agora deixámosvos as fotos deste especial encontro.




NAIS QUE CONTAN MOITO by Slidely Slideshow


E por último veu a ler a nai de Rocío.

A petición de Rocío leu para as nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria e tamén convidaron ás nenas e nenos de E. Infantil.
Rocío escolleu a historia que quería contar, e de acordo con ela trouxo un pequeno agasallo para todos.
Ao igual que o resto de participantes recolleu o seu Diploma especila expedido pola biblioteca e deixou a súa firma e a súa mensaxe no Libro de Visitas da Biblioteca.

E foi así como vedes nestas fotos.




NAIS QUE CONTAN MOITO by Slidely Slideshow


E UNHA VEZ MÁIS...........GRAZAS A TODAS E TODOS!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario