mércores

8M: DÍA DA MULLER

O pasado 8 de marzo celebramos no noso centro o Día Internacional da Muller cunha xornada chea de significado, participación e compromiso pola igualdade.

Unha das actividades máis especiais tivo lugar no patio, onde todo o alumnado se organizou para formar as figuras do número 8 e a letra M, creando unha imaxe conxunta moi simbólica. Cada neno e nena sostiña un abanico de cor morada, representando así a cor que conmemora esta data e mostrando, entre todos e todas, unha mensaxe de unión e respecto.

Ademais, levamos a cabo a elaboración dun mural colaborativo que quedou exposto no corredor do centro. Baixo o lema “Este 8M deixamos pegada”, todo o alumnado participou deixando a pegada das súas mans en cor morada e escribindo o seu nome, simbolizando que cada pequeno xesto conta e que xunt@s podemos deixar unha marca importante na construción dunha sociedade máis igualitaria.


Nas aulas tamén se traballou con diferentes textos que abordan a discriminación das mulleres que aínda existe hoxe en día en distintos ámbitos, facendo especial fincapé na situación de moitas mulleres en países non democráticos. Estas actividades permitiron reflexionar, dialogar e tomar conciencia da importancia de seguir loitando polos dereitos e a igualdade real.

Foi, sen dúbida, unha xornada moi enriquecedora na que reflexionamos, compartimos e aprendemos a importancia de seguir avanzando cara a igualdade pois temos que seguir dando pasos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario