Primeiro en cada clase crearon un "Banco de palabras de Paz", seleccionando as máis fermosas e procurando que non se repetisen as mesmas nos diferentes cursos.
Despois o alumnado rotulou, coas palabras escollidas, unhas pulseiras de fita de seda que se lles proporcionaron.
Para iso en 3º de Primaria mediron, calcularon a cantidade total necesaria se queriamos que cada neno e nena do cole fixese tres pulsiras e cortaron as pulseiras.
Todas as pulseiras colgáronse no expositor que para tal fin instalamos na entrada do cole.
E logo seguimos as instruccións da actividade: para poder coller unha pulseira habería que deixar no seu lugar un desexo de paz escrita nos papeis que se lle proporcionaron. E din que se a deixas posta ata qaue caia por si mesma os desexos se cumprirán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario