Si a vernos, Marica, nantronte viñeras
á festa do Seixo na beira do mar,
ti riras, Marica, cal nunca te riches
debaixo dos pinos do verde pinar.
.....
Cantos "Seixos" hai en Galicia?
Cantos deles están na beira do mar?
E cal deles tiña unha festa de sona?
Pode ser que Rosalía de Castro escribira este poema despois de asistir á Festa de Beiramar no Seixo do Concello de Mugardos?
Henrique Sanfiz, Jorge Gómez, Miguel Rodríguez e Xan Carneiro fixéronse estas preguntas e concluíron que podía ser O Seixo de Mugardos. O "noso Seixo".
Puxéronse a investigar para comprobalo e atoparon estreitas relacións de Rosalía de Castro coa familia propietaria de Fábrica de luz que por aquel entonces funcionaba en O Seixo,así como parentesco con outras familias da zona.
(Un artigo de Anxos García e Henrique Sanfiz publicado no nº 3 da revista Follas Novas sobre o tema pode descargarse aquí)
Clica na imaxe
A súa romería (que aínda hoxe se celebra) tiña moita sona e atraía a moita xente de fóra.
A esta iniciativa arredor da figura de Rosalía de Castro a chaman "Rosalía de Castro e a fábrica das mulleres", e o libro froito desta investigación ("A festa do Seixo na beira do mar: Rosalía e a fábrica") está a piques de ser publicado.
Pero ademais, e para espallar esta boa nova, os autores desta iniciativa propuxéronlle a Eugenia Sanmartín, actriz, cantante e directora nestes últimos anos do "Grupo de Teatro Afeccionado Teruca Bouza" de O Seixo (entre outros), escribir para este grupo unha obra que contase esta parte da nosa historia.
Así naceu "Rosalía: poeta na beira do mar", onde o presente e o pasado da man nos achegan á festa de O Seixo descrita pola poeta, á evolución do rol tradicional das mulleres e como fondo a paixón pola literatura.
Clica tamén nesta!!
Aquí tedes o Trailer da representación:
Dende a Biblioteca do cole, puxémonos en contacto con Henrique Sanfiz e propuxémoslle que o noso cole, xunto coa EEI. de O Seixo, participase dalgún xeito nesta iniciativa, toda vez que os nenos e nenas de O Seixo escolarízanse nos nosos centros escolares. A el pareceulle boa idea e puxémonos de acordo para realizar as actividades arredor de Rosalía.
E así foi como o fixemos:
Nunha primeira sesión fixemos un pequeno roteiro polo Seixo, guiado por Henrique Sanfiz,visitando os lugares nos que estivo Rosalía de Castro e rematando no "Casino de O Seixo", Sé da Asociación de Amigos da Paisaxe Galega". Neste roteiro e nos casino todo o alumnado recitou poemas de Rosalía que un cámara profesional proporcionado polo propio henrique Sanfiz gravou e editouse un vídeo do que vos deixamos un anaquiño e que está a piques de ser empregado nun documental que recolle esta iniciativa.
Tamén fomos convidados pola Asociación a un estupendo chocolate con churros.
Rematamos cun tempo de xogo no patio de a escola de O Seixo.
Aquí tedes as fotos da xornada, acompañadas da canción que Luís Emilio Batallán compuxo co poema de Rosalía:
ROSALÍA NO SEIXO by Slidely Slideshow
E aquí un fragmento do vídeo que se gravou. (Cando se publique oficialmente publicarémolo para que o poidades disfrutar enteiro).
E clicando na imaxe verás a entrada que en Radio Fene fixeron da nosa visita:
Ningún comentario:
Publicar un comentario