martes

11 DE FEBREIRO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

Non podiamos deixar pasar esta data sen organizar unha festa da ciencia ao grande.
Cada clase escolleu varios experimentos, ás veces de acordo cos temas traballados na materia de Ciencias Naturais, e outras escollidos pola súa temática e/ou espectacularidade. Tamén se procurou que non fosen repetidos.
En moitos casos buscouse información utilizando os fondos da biblioteca, así como recabando información da rede.
Elaboraron traballos que recollían detalladamente os materiais precisos, o procedemento do experimento e a súa explicación científica, así como outros onde traballaban coas posibles aplicacións do fenómeno científico traballado.
Por fin, con todo o traballo feito e unha vez realizados os ensaios pertinentes, organizamos unha xornada de exposición, onde por turnos o alumnado rotaba polas mesas do resto dos cursos.
Foi unha xornada marabillosa onde todos e todas disfrutamos.

Ademáis dos experimentos en 2º de E. Primaria colorearon fotos e dibuxos de mulleres científicas salientables e engadiron un código QR a cada unha, que dirixía directamente á entrada da wikipedia sobre cada unha delas. Este traballo tamén formou parte da exposición como unha actividade máis.

Neste primer vídeo tedes unha presentación da xornada.
No seguinte tedes a grabación de cada un dos experimentos, realizados nunha sesión especial (sen apenas público) para recoller axeitadamente o proceso enteiro e cun mellor son.
Unha xenial xornada e un traballo magnífico!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario